Seguidores e seguidoras

venres, 2 de outubro de 2026

Mobella ártica (Gavia arctica). Reedición fotos (14/12/2019)

     Tiña moitas ganas de reeditar unhas imaxes que tomara á mobella grande no ano 2022 (preme). Lamentablemente perdín os orixinais e só dispoño dos recurtes publicados para o monitor cativo que tiña daquela. Porén, noutro cartafol do disco duro atopei unhas fotos de mobella ártica tomadas en 2019 que tamén merecían un reeditado co equipamento actual. Neste caso tampouco gardei os RAW pero si os JPEG orixinais (menos é nada). O seu marxe de mellora é moitísimo menor que se fosen RAW, mas sempre se pode facer algo con respeito ás que subín sete anos atrás.

Mobella ártica (Gavia arctica) en Ortigueira
Niko P1000 (focal 2400 mm  equiv.)   ISO:560   V:1/400   F:7,1

Mobella ártica (Gavia arctica) en Ortigueira
Niko P1000 (focal 2400 mm  equiv.)   ISO:500   V:1/320   F:7,1

  Naquela época a miña primeira cámara era a Nikon P1000. Quizá a que tiña un procesado máis doado e resolutivo. A sesión fotográfica estivera marcada polo mal tempo e escasa luz e tiven que fiar fino entre velocidade de obturación e ISO.

Mobella ártica (Gavia arctica) en Ortigueira
Niko P1000 (focal 2400 mm  equiv.)   ISO:800   V:1/500   F:7,1

Mobella ártica (Gavia arctica) en Ortigueira
Niko P1000 (focal 2600 mm  equiv.)   ISO:500   V:1/320   F:7,1

    Aquela mobella achegárase dabondo ao peirao de ortigueira e puiden recoller focal para disparar a "só" 1400/1600 mm equivalentes. Nese rango medio estaba o resultado óptimo da cámara.

Mobella ártica (Gavia arctica) en Ortigueira
Niko P1000 (focal 1600 mm  equiv.)   ISO:640   V:1/400   F:6,3

Mobella ártica (Gavia arctica) en Ortigueira
Niko P1000 (focal 1400 mm  equiv.)   ISO:800   V:1/400   F:5,6

Mobella ártica (Gavia arctica) en Ortigueira
Niko P1000 (focal 1600 mm  equiv.)   ISO:720   V:1/400   F:6,3

   Non canso de dicir que boto moito de menos a P1000 (agora P1100), un cacharro que non ten alternativa no mercado. Deime conta que para un blogue de estas características foi unha perda insustituible. Se alguén dispón dunha P1000/1100 (en bon estado) e quere mellorar o seu equipamento para algo máis "profisional" cámbiolla a pelo pola Panasonic G7 máis o Zuiko 100-400 f:6,3 (sería un cambio para outra focal moi diferente pero tamén outro nivel de calidade). Comentádeo con quen consideredes.

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Para comentar es necesario identificarse con nombre y apellidos