Uno de los términos que el siglo XXI ha incorporado a nuestro vocabulario es el de "ciclogénesis explosiva"; denominación más científica para definir al temporal de toda la vida. Hoy ha entrado la primera del otoño en Galiza, aunque no va a ser especialmente intensa. De hecho sólo está activada alerta amarilla en la mayor parte del territorio.
Seguidores e seguidoras
martes, 29 de setembro de 2026
Primera ciclogénesis del año
domingo, 27 de setembro de 2026
Pájaros comunes
Ayer había echado de menos el equipo grande. Por la buscarla pintoja y por un ruiseñor bastardo que se posó muy cerca al que no pude fotografiar. Así que hoy llevé la OM-1 con el 300 f:4 a Moeche. Debido a esa ley de la física universal que es la "Ley de Murphy", no había presencia de migrantes.
Sí había invernantes recién llegados, como este bisbita pratense:
La curruca capirotada es probablemente uno de los cinco o diez paseriformes omnipresentes en cualquier transecto donde haya superficie forestal. Encontré un ejemplar bastante confiado.
sábado, 26 de setembro de 2026
Paxarada terrestre en migración
Pola miña experiencia, os mellores lugares para observar paseriformes en migración son os próximos ao litoral ou ben os situados en áreas montañosas. O val do Xubia, semioculto entre montes do piso colino, semella un entorno pouco propicio para que sedimenten as aves. Porén, sempre hai oportunidade de avistar algúns paxaros típicos.
- 2 Noiteboas cincentas (Caprimulgus europaeus). Día 19/09/2026
- 2 Picanzos vermellos (Lanius collurio). Día 19/09/2026
- 1 Folosa manchada (Locustella naevia). Observada hoxe
- Cetia das ribeiras (Cettia cetti). Escoitado e observado tanto o día 19/09/2026 coma hoxe
- 1 Papuxa de cabeza negra (Curruca melanocephala). Escoitada 19/09/2026
- Papuxa común (Curruca communis). Semella que hai un pico importante de paso. Observadas en case todas as visitas destes últimos días. Unha especie que sempre gosto de ver porque me lembra aos anos oitenta, cando era reprodutora común na comarca ferrolá. Igual que a folosa manchada, outro paseriforme actualmente extinto coma reprodutor
- 1 Rousinol común (Luscinia megarrhynchos). Escoitado reclamo o día 19/09/2026
- Papamoscas negro (Ficedula hypoleuca). Un "clásico" de setembro, fácil de ver nesta época
- 1 Pica das árbores (Anthus trivialis). Día 19/09/2026. Xa chegaron tamén as primeiras picas dos prados (Anthus pratensis), cun grupiño de 10 ex observado ontes en Santa Mariña do Monte (San Sadurniño).
venres, 25 de setembro de 2026
Desconectando en Forcadas
Sigo bastante indignado por lo sucedido esta semana. Las personas que vivimos activamente en gallego estamos muy acostumbradas a esas faltas de respeto y a esas actitudes protofascistas, pero me duele especialmente que lo hagan cuando cedes parte de tu tiempo para ayudar a los propios vecinos.
Hoy tocaba desconectar y me acerqué al embalse de As Forcadas, para documentar fotográficamente el nivel tan bajo que tiene: un 36% de la capacidad. Me decía Eloi Saavedra que llegó a tener un 17% hace años pero yo desde luego nunca lo había visto así.
- 7 Ánades reales (Anas platyrhynchos)
- 22 Cercetas comunes (Anas crecca)
- 1 Andarríos chico (Actitis hypoleucos)
- 1 Andarríos grande (Tringa ochropus)
- 4 Zampullines chicos (Tachybaptus ruficollis)
- 24 Cormoranes grandes (Phalacrocorax carbo)
- 5 Garzas reales (Ardea cinerea)
- 1 Martín pescador (Alcedo atthis)
Terminamos con unas fotos que tomé la semana pasada con el equipo grande.
xoves, 24 de setembro de 2026
2026, a convivencia imposíbel
O século XXI está a converterse nun pesadelo para todas as persoas que respectamos as normas de convivencia. Nun ataque de tolemia decidín volver a presentarme coma vogal a miña escaleira, nunha populosa comunidade de viciños da que mesmo fun presidente.
Hai uns días colgaba dous cartaces así:
Duraron dous telediarios. Os principais afectados (procedentes de certo país latinoamericano) arrincáronos ao día seguinte. Se nas fabelas de Bogotá non teñen esas obrigacións non as han ter aquí, faltaría máis!
Esta tarde poñía outros cartaces informativos por un problema relativo á pechadura do portal. Desta volta no idioma propio do noso país e cooficial. Ao cabo dunha hora estaban vandalizados:
O feito de que a persoa escrebese "castellano", en vez de "español" deume unha pista de quén pode ser. E pensar que lle fun cambiar a persiana...
En fin. O mundo vaise é merda. E non é culpa nin de Ayuso, nin de Trump, nin de Sánchez, nin de Bildu nin de Abascal. O mundo vaise á merda porque temos o que merecemos. Non hai máis.
venres, 18 de setembro de 2026
Peneireiro cincento (Elanus caeruleus)
Esta mañá quería voltar a Forcadas con Manolo Rei pero estaba pecho de néboa, así que abortamos misión. Nos campos de Santa Mariña do Monte había maior visibilidade así que ficamos por aló.
Para as tomas de paisaxe deixeille a Manolo a OM-1 (a ver se non as escarallei ao revelar).
O peneireiro cincento segue por alí e aproveitei para ensinarllo a Manolo, porque é unha rapina abraiantemente fermosa. Por desgraza tamén moi fuxidía.
Afortunadamente logo volveu pousar noutro sitio próximo e tomamos unhas últimas fotos de despedida para non amolalo máis. Ésta é a única que quedou decente, logo de recurtala un mogollón e probar diferentes revelados.
Gosto máis da que logrou Manolo desde a mesma posición, tamén moi recurtada. Especialmente por esa textura sedosa. Nótase a man de quen é fotógrafo de verdade (o ollo quedou niquelado, macho).
Cando xa voltabamos para Ferrol cruzou a estrada unha femia de corzo perseguida por un macho en celo.Nestes casos vólvense medio tolos e nin te ven.
.jpg)
























.jpg)













.jpg)
.jpg)
.jpg)













