Agora en Navantia temos a posibilidade de solicitar a "xornada flexible", un dereito que xa tiñan noutras grandes empresas da Industria (para min supón ún dos mellores artigos de Convenio nos 37 anos que levo aquí). Permite unha certa flexibilidade na hora de entrada (dúas horas), sempre respetando o tempo da xornada diaria.
Por iso cando me apetece bichear ao mediodía entro na factoría o máis cedo posíbel pra poder dar un paseo e publicar algo pola tarde. Hoxe tocaron as libeliñas do Basteiro (Neda).
Lavacú estriado (Sympetrum striolatum)
OM-1 + Zuiko 300 mm f:4 ISO:200 V:1/1000 F:4
Lavacú estriado (Sympetrum striolatum)
OM-1 + Zuiko 300 mm f:4 ISO:200 V:1/1000 F:4
Lavacú estriado (Sympetrum striolatum)
OM-1 + Zuiko 300 mm f:4 ISO:200 V:1/640 F:4
Cos gaiteiros forestais estiven a probar composición en estático. No medio dos felgos, con tanto xogo de luces e sombras, non é doado para un principiante coma min.
Gaiteiro forestal (Chalcolestes viridis)
OM-1 + Zuiko 300 mm f:4 ISO:200 V:1/400 F:4
Esta quedou escura dabondo... Aclareina un pouco dixitalmente.
Parella de gaiteiros forestais copulando
OM-1 + Zuiko 300 mm f:4 ISO:400 V:1/1000 F:4
Parella de gaiteiros forestais copulando
OM-1 + Zuiko 300 mm f:4 ISO:800 V:1/250 F:6,3
Lagartixa galega (Podarcis bocagei)
OM-1 + Zuiko 300 mm f:4 ISO:200 V:1/500 F:4
Lagartixa galega (Podarcis bocagei)
OM-1 + Zuiko 300 mm f:4 ISO:200 V:1/500 F:4
Un campo éste da herpetoloxía que teño moi abandonado últimamente. Coma tantas outras cousas que tamén teño abandonadas, desde tarafeas domésticas a relacións sociais ou actividades diversas. Unha depresión severa non é unha broma e custa saír á superficie a respirar. Especialmente cando a persoa que tes ao carón tamén está afogando e te colle polo brazo pedindo socorro. Cousas de Ferrol.








Ningún comentario:
Publicar un comentario
Para comentar es necesario identificarse con nombre y apellidos