A finais de agosto xa tivemos algúns días de chuvia. O total acumulado non foi moita cousa, 33 mm na estación de Ferrol e uns 50 mm nas dúas de Narón, mas serviron para humeder o chan tan reseco.
Hoxe foi o primeiro día chuvioso de verdade, logo de tanta seca. A estas horas xa van recollidos 21,6 mm en Ferrol e 28-30 mm en Narón, que son as estacións máis próximas ao encoro das Forcadas, por certo. Esta auga alomenos evitará que o nível siga a baixar. Quizá mesmo suba un chisco, cousa que sería magnífica.
Aproveito para publicar os datos recollidos na web de Meteogalicia sobre a estación meteorolóxica de CIS-A Cabana (Ferrol) este verán. Xa comentei unha matización moi importante: cómpre termos en conta que esa estación comezou a funcionar en xaneiro de 2000, en plena aceleración do cambio climático. Por tanto os valores medios de referencia non son os mesmos que serían de ter datos recollidos desde 1970 ou 1980, por exemplo, un período histórico bastante mais frío. De feito eu vin caer folerpas de neve en Ferrol en varias ocasións na cidade de Ferrol, pero todas antes de 2000.
Con todo, e como vén acontecendo nestes últimos anos, a maioría dos valores destacan por ser máis "mediterráneos", especialmente no caso das temperaturas medias ou máximas, amosando xuño unha desviación de aproximadamente 2,1ºC e xullo 2,4ºC sobre as medias climáticas. Unha barbaridade que cada ano se repite con maior frecuencia (se non a líchedes aínda recoméndovos que leades con atención a parte final desta entrada)...


.jpg)



Ningún comentario:
Publicar un comentario
Para comentar es necesario identificarse con nombre y apellidos