Pola miña experiencia, os mellores lugares para observar paseriformes en migración son os próximos ao litoral ou ben os situados en áreas montañosas. O val do Xubia, semioculto entre montes do piso colino, semella un entorno pouco propicio para que sedimenten as aves. Porén, sempre hai oportunidade de avistar algúns paxaros típicos.
Val do Xubia en Moeche
Sony RX10 III focal (40 mm equiv.) ISO:100 V:1/13 F:3,5
Estou aprendendo composición e revelado en tomas de paisaxe coa Sony RX10 III. Non sei por qué, pero esta cámara semella ter a "curva de aprendizaxe" máis complexa de todas cantas cámaras tiven ou teño. Nas bridge de sensor pequeno o proceso de revelado era moi doado, e nos equipos grandes (Olympus OM-1/Pana G7) case non hai que facer nada. Coa Sony teño moito que aprender.
Val do Xubia en Moeche
Sony RX10 III focal (70 mm equiv.) ISO:100 V:1/13 F:3,5
As Regas (Moeche)
Sony RX10 III focal (75 mm equiv.) ISO:100 V:1/13 F:3,5
Afortunadamente semella que as "noites tropicais" remataron este ano. De madrugada As regas acollíame cunha fresca temperatura de 9ºC (o termómetro do carro marca sempre algo menos).
Termómetro ao mencer
As Regas (Moeche)
Sony RX10 III focal (70 mm equiv.) ISO:100 V:1/25 F:3,5
- 2 Noiteboas cincentas (Caprimulgus europaeus). Día 19/09/2026
- 2 Picanzos vermellos (Lanius collurio). Día 19/09/2026
- 1 Folosa manchada (Locustella naevia). Observada hoxe
- Cetia das ribeiras (Cettia cetti). Escoitado e observado tanto o día 19/09/2026 coma hoxe
- 1 Papuxa de cabeza negra (Curruca melanocephala). Escoitada 19/09/2026
- Papuxa común (Curruca communis). Semella que hai un pico importante de paso. Observadas en case todas as visitas destes últimos días. Unha especie que sempre gosto de ver porque me lembra aos anos oitenta, cando era reprodutora común na comarca ferrolá. Igual que a folosa manchada, outro paseriforme actualmente extinto coma reprodutor
- 1 Rousinol común (Luscinia megarrhynchos). Escoitado reclamo o día 19/09/2026
- Papamoscas negro (Ficedula hypoleuca). Un "clásico" de setembro, fácil de ver nesta época
- 1 Pica das árbores (Anthus trivialis). Día 19/09/2026. Xa chegaron tamén as primeiras picas dos prados (Anthus pratensis), cun grupiño de 10 ex observado ontes en Santa Mariña do Monte (San Sadurniño).
Folosa manchada (Locustella naevia). Imaxe moi recurtada
Sony RX10 III focal (200 mm equiv.) ISO:200 V:1/160 F:4
Folosa manchada (Locustella naevia). Imaxe moi recurtada
Sony RX10 III focal (200 mm equiv.) ISO:200 V:1/160 F:4
Papamoscas negro (Ficedula hypoleuca)
OM-1 + Zuiko 300 mm f:4 ISO:640 V:1/1000 F:4
Papamoscas negro (Ficedula hypoleuca)
OM-1 + Zuiko 300 mm f:4 ISO:640 V:1/1000 F:4
Papuxa común (Curruca communis). Toma moi recurtada
OM-1 + Zuiko 300 mm f:4 ISO:400 V:1/500 F:4
O sábado pasado volvía observar outra parella de corzos.
Parella de corzos (Capreolus capreolus)
Toma documental desde 400 m
Sempre me pregunto como serían As Regas antes da eucaliptización. Coñecín Moeche no ano 1987 pero en décadas anteriores tivo que ser tremenda a riqueza en biodiversidade dese val. Non teño probas pero tampouco dúbidas.
As Regas (Moeche)











.jpg)


Ningún comentario:
Publicar un comentario
Para comentar es necesario identificarse con nombre y apellidos