O século XXI está a converterse nun pesadelo para todas as persoas que respectamos as normas de convivencia. Nun ataque de tolemia decidín volver a presentarme coma vogal a miña escaleira, nunha populosa comunidade de viciños da que mesmo fun presidente.
Hai uns días colgaba dous cartaces así:
Duraron dous telediarios. Os principais afectados (procedentes de certo país latinoamericano) arrincáronos ao día seguinte. Se nas fabelas de Bogotá non teñen esas obrigacións non as han ter aquí, faltaría máis!
Esta tarde poñía outros cartaces informativos por un problema relativo á pechadura do portal. Desta volta no idioma propio do noso país e cooficial. Ao cabo dunha hora estaban vandalizados:
O feito de que a persoa escrebese "castellano", en vez de "español" deume unha pista de quén pode ser. E pensar que lle fun cambiar a persiana...
En fin. O mundo vaise é merda. E non é culpa nin de Ayuso, nin de Trump, nin de Sánchez, nin de Bildu nin de Abascal. O mundo vaise á merda porque temos o que merecemos. Non hai máis.
.jpg)
Ningún comentario:
Publicar un comentario
Para comentar es necesario identificarse con nombre y apellidos