Esta mañá voltaba ao encoro das Forcadas pola rota que atravesa Santa Mariña do Monte (San Sadurniño), que é por onde vou sempre agora (cousas do GPS).
Mentras conducía pola estrada vin unha curuxa común, que non puiden fotografar porque outro veículo viña moi rápido en dirección contraria e asustona. Volvín para atrás, meténdome por outra pista onde a relocalicei. Mentras barallaba cómo podía fotografala nesas condicións (era noite pecha) apareceu unha segunda "curuxa". Só que non era tal senón un bufo pequeno. O primeiro que vexo en territorio galego.
Bufo pequeno (Asio otus)
Sony Rx10 III (focal 600 mm equiv) ISO:6400 V:1/60 F:4
Bufo pequeno (Asio otus)
Sony Rx10 III (focal 600 mm equiv) ISO:6400 V:1/60 F:4
Bufo pequeno (Asio otus)
Sony Rx10 III (focal 600 mm equiv) ISO:6400 V:1/60 F:4
Como isto non é algo que se poida fotografar todos os días poño todas as imaxes que lle saquei, a través do parabrisas do carro. Entre a escuridade total, o cristal do parabrisas, o ISO tan alto e a velocidade tan lenta que tiven que utilizar non daba un peso polas fotos pero valen para publicar perfectamente.
Bufo pequeno (Asio otus)
Sony Rx10 III (focal 600 mm equiv) ISO:6400 V:1/50 F:4
Bufo pequeno (Asio otus)
Sony Rx10 III (focal 600 mm equiv) ISO:6400 V:1/50 F:4
Bufo pequeno (Asio otus)
Sony Rx10 III (focal 600 mm equiv) ISO:6400 V:1/50 F:4
Seguramente mañá faga outra visita ao lugar co equipamento grande, porque un bufo pequeno non se ve todos os días nesta zona tan pobre en rapinas coma é a costa galega.
Respeito do encoro, poi o nível hídrico segue a baixar.
Encoro das Forcadas. Corpo central
Cola de Vilaboa
Podedes consultar a lista completa de aves aquí. O máis salientábel quizá as duas aguias pescadoras.
Cercetas eurasiáticas (Anas crecca)
Aguia pescadora (Pandion haliaetus)
E aviso a navegantes. Hoxe observaba esta muller paseando con catro cans soltos na ribeira do encoro. Quizá sexa a propietaria da finca onde pacen as vacas ou quizá simplemente alguén que pasaba por aló, pero falamos de catro cans (tenme máis pinta disto último).
Coñezo de memoria esta película. Aparecen de repente cando estás tomando unha foto, ún dos cans asústase porque non te coñece, comeza a ladrarte o vai correndo cara ti todo agresivo mentras a dona repite o mantra "no hace nada" e sigue atendendo o teléfone móbil. Como sei a película non quero volver a vivila. Un lugar que a partir de agora tamén evitarei éste de A Rañoa.
Cambiando a un tema máis positivo, o peniereiro cincento segue por santa Mariña do Monte.
Peneireiro cincento (Elanus caeruleus)
Sony Rx10 III (focal 600 mm equiv) ISO:400 V:1/400 F:4
Peneireiro cincento (Elanus caeruleus)
Sony Rx10 III (focal 600 mm equiv) ISO:400 V:1/500 F:4
Peneireiro cincento (Elanus caeruleus)
Sony Rx10 III (focal 600 mm equiv) ISO:400 V:1/320 F:4
Cómpre seguir explorando lugares alleos á invasión mascotista, que fan intransitábel xa os sistemas dunares próximos ás grandes cidades. Certo é que contan cun poderoso lobby corporativo que os protexe, xustifica ou defende en diferentes foros. Por veces pregúntome até onde chega ese poder.
















Ningún comentario:
Publicar un comentario
Para comentar es necesario identificarse con nombre y apellidos