Seguidores e seguidoras

miércoles, 16 de octubre de 2013

O Xistral, los "Highlands" gallegos

  Manu Arzúa, emigrado temporal en las islas, me acaba de comentar que ha estado esta semana pasándolo pipa por aquellas frias tierras escocesas. Así que hoy no vamos a hablar de bichos. Ni de familia. Sino de lugares. De uno muy especial: la "Serra do Xistral".

  Sí, ya sé que es remar contracorriente. Hoy ya nadie va a "tal sitio", sino a ver "tal ave". Consecuentemente los aficionados visitan nuestros ecosistemas a toda prisa y, una vez avistado el bimbo de turno, arrancan enseguida para otro sitio, donde se ha observado otra rareza. Por eso, y por muchos años de experiencia que tengan algunos, no se han parado nunca lo suficiente para empaparse de nuestros montes, fragas y lagunas; para conocer de verdad, sin prisas, nuestra naturaleza. Lo siento por ellos, de veras.



  Esta pequeña y desgastada sierra lucense, hace de frontera natural entre las planicies de la Terra Chá y la costa de A Mariña. Sus perfiles son suaves y redondeados, rebasando ligeramente los mil metros de altura. Pero, debido a su situación geográfica, tiene unas particulares condiciones ecológicas y paisajísticas, que la hacen única en el contexto gallego.

  Su territorio ocupa varios ayuntamientos ("concellos"), como son Muras, Vilalba, Abadín, Valadouro, Alfoz,... dependiendo un poco de lo que entendamos por "sierra de O Xistral". Porque yo, desde luego, nunca he tenido muy claro dónde acaba y donde empieza.


  Apenas posee áreas boscosas. Unas pequeñas fragas caducifolias con árboles de pequeño porte (dominadas por Quercus robur, Betula celtiberica o  Ilex aquifolium) en algunas laderas y valles de ríos, y repoblaciones de pino (Pinus spp), que tampoco tienen gran desarrollo.
   Pero lo más característico de estos montes son sus prados de montaña, sus brezales infinitos y, sobre todo, sus turberas, de las que existen varios tipos. En ellas sobreviven varios taxones animales y vegetales muy escasos, entre las cuales destaca, por supuesto, la amenazada Lagartija de turbera (Zootoca vivipara), lacértido que Manu y yo hemos "trabajado" a conciencia por allí.

 Turbera típica

  Son desde luego paisajes espectaculares. Que lo serían más si no hubiese existido la peste de los parques eólicos, que arrason estas sierras del norte gallego. He evitado poner fotos de las zonas más afectadas.



   Y volando por estos solitarios montes os dejo. Hasta otra.

14 comentarios:

  1. Sitio bonito se non fora pola merda dos molinillos ...
    Sempre igual. Basta con que un sitio estea pouco poboado, ou con habitantes maiores, para tratar de tangalos e mandarlles a merda que os urbanitas non queren.
    Nunca entenderei como unha enerxía como a eólica, tan doada de instalar preto dos centros de consumo, acabou lonxe destes, e por suposto escarallando esta xoia de biocenose e de paisaxe salvaxe.
    Bueno, so o entendo, pero non é cousa ciscarme na nai de alguén ...

    ResponderEliminar
    Respuestas
    1. Esas nais teñen o ceu gañado, logo de parir esas "criaturas"....

      Eliminar
  2. Por non falar de cando o paisano que vive xusto debaixo ten que decidir se pon a lavadora ou a ordeñadora porque a instalacion non da para as duas cousas..
    Ten un aire ao Suido, pero aqui pica mais o toxo.

    Cesar Ayres

    ResponderEliminar
  3. Casualmente la semana pasada paré en el lugar de A Paleira en la LU-540 y unos diez Escribanos cerillo al borde de la carretera me acompañaron mientras terminaba la llamada, si la climatología acompaña me pasaré algún día de estos con calma a disfrutar de esta sierra.

    ResponderEliminar
  4. Pois debo de ser dun becho raro desos dos que gostan de ir ver lugares. A verdade é que non coñezo o Xistral...haberá que botarlle un ollo..

    Apertas

    ResponderEliminar
  5. Graciñas a todos por comentar. Unha pena o estado actual desta serra por culpa da praga de eólicos. Tamén estragaron O Buio, A Faldoira, O Forgoselo, e o resto de montes da zona.
    Cada ano quédanos menos!
    PD: Inés, a pesar do estado tan lamentable no que está agora, non hai outra serra coma o Xistral en Galiza, podes creerme.

    ResponderEliminar
    Respuestas
    1. COMOOOOOO!!!! Vaia chovinismo norgalego acabas de ter. Non, meu neniño, non, o Xistral non ten nada que facer enfrontándose (sendo os xuíces imparciais e obxectivos) a Trevinca ou mesmo ó Courel (aínda que o mellor do Courel son os vales, non os montes).
      Será posible o que hai que ler!!!
      Moitas apertas,
      Martiño

      Eliminar
  6. Estupenda entrada, Xabi. Moitas veces buscamos a mera "produtividade" de citas pero ás veces sempre é bo descansar diso e visitar lugares por que si. Se aparece algún bicho, pois perfecto, pero senón desfrutamos co lugar, que non é pouca cousa.
    Outro lugar que se parece moito ás Scottish Highlands é o Macizo Central. Recomendo moito a ruta da pista ecolóxica que vai desde a estación invernal de Mabnzaneda ata Camba, xa do outro lado do Macizo Central (e perdón por este intrusismo ourensán, jejeje).
    Apertas,
    Martiño

    ResponderEliminar
  7. Xa tardábades en aparecer os "nacionalistas ourensanistas", ja, ja,...

    Como ben dí Martiño, as serras do sureste de Ourense e do leste de Lugo posúen unha biodiversidade incomparablemente maior ca o Xistral (persoalmente tamén teño unha debilidade polo Macizo Central, como xa víchedes nalgunha entrada de Bichos). Pero eu, cando dicía que "non hai outra serra coma O Xistral", quería dicir exactamente iso: que non hai outra serra galega coas particularidades do Xistral. Por exemplo, en ningún outro lugar do país podes estar enterrado na neve en pleno de mes de Abril, por exemplo, mentras divisas o mar da ría de Viveiro. E moitas especies que noutros lugares peninsulares se comportan coma especialistas de alta montaña, podemos atopalas aquí en cotas moi baixas (Rana temporaria, Zootoca vivipara, Iberolacerta monticola, Carduelis spinus, Serinus citrinella,etc.). Iso é polas condicións que teñen estes montes. A proximidade ao mar (que os expón aos ventos húmidos cantábricos de nordés) e a altura relativamente alta, provocan que O Xistral teña ún dos veráns máis frescos da península, e unha innivación (precipitacións de neve vaia) moi superior a serras de altitudes parecidas (como as do Suido, en Pontevedra).
    Non, non hai outro lugar galego con estas características.

    E un abrazo, Martiño. Sempre é un pracer ler os teus comentarios, non só polo que dís (sempre moi didáctico) senon por como o dís. Algúns deberan tomar boa nota.

    PD: O día que me faltedes os biólogos, herpetólogos, cazadores, fotógrafos e ecoloxistas, van desaparecer os comentarios daquí. Porque mira que fixen "amigos" últimamente entre o colectivo ornitolóxico (a verdade que se o fago a propósito non me sae mellor...., en fin....)

    ResponderEliminar
  8. Pois ahí si que me pillas e che teño que dar a razón. Non hai outra serra en Galicia coas características do Xistral. Realmente ten zonas enormemente curiosas e, xa falando do noroeste do noroeste, hai unha serie de especies eurosiberianas de grande interese e a moi baixa altitude. Iberolacerta, que é un xénero totalmente altimontano e que I. galani aparece por riba do rango dos 1100 e é a especie que temos rexistrada a maior altitude, a uns 2.050 m, aparece nesa zona a nivel do mar e no Xistral é abundantísima en moitas zonas. Tamén a vivipara que ten o seu estremo da súa impresionante distribución, que chega ata o Xapón, no Xistral (sensu lato).
    O Macizo Central é chulo pero recoméndoche o que para min é unha das zonas máis impresionantes de Galicia. Refírome ás Lagoas de Piatorta, situados nas proximidades do Alto do Torno, que é ese "cacho" da Galicia administrativa actual que se "mete" en Seabra (Sanabria en castelán). Éntrase pola pista dos encoros, desde Porto de Sanabria, 24 km de pista por un dos vales máis impresionantes do noroeste. Alí sínteste ben pequeno no medio de toda a serra.
    E o dos ornitólogos (eres bastante xeneroso aplicando o lexema -lóxico) que che vou a contar que non saibamos e teñamos discutido en foros e persoalmente. Quizais o termo ornitolélico (como os filatélicos que coleccionan sellos) sería un termo máis acertado.
    Unha aperta,
    Martiño

    ResponderEliminar
    Respuestas
    1. Perdón, que se me atrancan as letras, quería dicir "o lexama -logo" e tamén "ornitotélico".
      Martiño

      Eliminar
  9. Altos de Torno...eu coñecíaos por "Altos de Tornos" que é como vén no mapa que teño, creo. Sen dúbida que debe ser un lugar excepcional. Eu controleinos cos binoculos desde un monte cercano (a case 1900 m. na Serra Calva) e semellaba unha turbeira brutal inzada de pequenas lagoíñas. Lamentablemente on esforzo e tempo que unha excursión com aesa conleva non mo podo permitir nestes momentos. Pero é unha saída marcada en vermelho no meu calendario, que algún día poderei permitirme.

    Por agora, logo do "transplante de corazón" a que me vin sometido este mes, intento volver á normalidade. E non debo facer esforzos. Aínda que o meu carácter veuse notablemente afectado (síntoo moto polos afectados, pero son demasiadas cousas en moi pouco tempo, e o continente non pode contener tanto contenido)
    Grazas pola visita, Martiño.

    ResponderEliminar
    Respuestas
    1. Sorry for so many mistakes I´ve got in my answer. I´ll must prove on english next time (or maybe catalonian, better)

      Eliminar