Seguidores e seguidoras

sábado, 12 de outubro de 2013

Bichos de todo tipo

Hoxe é 12 de Outubro. Momento que os máis nacionalistas do lugar aproveitan para deixar ben patente que están aquí, e que nunca se fóron:

 Uns chicos inocentes, sen gana ningunha de provocar, hoxe en Barcelona

 Eu, que paso de política, adícome ao que me interesa. Esta mañá achegábame á costa ferrolá, acompañado por Marcos Alonso, para intentar, por segunda vez, recopilar dados de hérpetos nunha semicuadrícula de interese para Martiño. E, por segunda vez, volvín atoparme co mesmo problema do outro día. Efectivamente eran cazadores adestrando cans. E, logo de iniciar o transecto e levantar as primeiras pedras, canseime de ter que espantar os pesaos dos cans a cada minuto e decidín que estas cousas hai que facelas en Primavera.

  Para relaxarnos un pouco fomos ata as brañas costeiras de Lobadiz, en Doniños. A mañá non deu para moito, pero levantando pedras aquí e acolá, atopamos dous "pequerrechos":


 Esgonzo común (Chalcides striatus), cría

  Tanto o Esgonzo común coma o Lagarto arnal son típicos representantes da fauna reptiliana nos matorrais e sistemas dunares da comarca. O primeiro é habitual en áreas de herba densa con substrato areento. O segundo, pola contra, sobre terreos rochosos de penedos graníticos, e con abondoso mato de toxo.

Lagarto arnal (Timon lepidus), cría

  Desde finais do verán, adóitase ver lacértidos xuvenís, máis que adultos. Ademáis (fixádevos no lagartiño arnal), amosan xa cores de inverno, moito máis apagadas que durante o período de celo.

 A cousa non deu para máis.
 Un saúdo, xente!

6 comentarios:

  1. Vaia tela cos do "aguilucho", en fin sin comentarios, as fotos do escáncer (Chalcides striatus) que é como lle chamamos por aquí abaixo, son realmente bonitas Xabi, parabéns!

    Un saúdo.

    ResponderEliminar
  2. Graciñas, Alberto. Xa sabes que a primeira hora da mañá os bichos soen "colaborar" co fotógrafo. Os que non colaboran moito son os outros bichos....Pero a eses xa os coñecemos.
    Unha aperta

    ResponderEliminar
  3. pois ainda deu de si a saida de herpetos, algo vichedes.

    ResponderEliminar
  4. Home, ..si.. O malo é que Lobadiz está noutra cuadrícula, e daí non facían falta.

    ResponderEliminar
  5. A verdade e que os arnais do ano soen ser mais grises que verdes e os ocelos son case brancos ata que acadan un tamaño maior. Este ano non atopei nin un.

    Cesar Ayres

    ResponderEliminar
    Respostas
    1. Certo, Neste caso, máis que o ton gris, chamaba a atención a cor tan escura. De todas formas, eu estes días teño a "batería baixa" e non estou moi centrado, non...

      Eliminar

Para comentar es necesario identificarse con nombre y apellidos