Seguidores e seguidoras

lunes, 25 de noviembre de 2013

Ría de Ferrol, algúns datos de onte

 O Domingo cambiei radicalmente de aires e voltei pola ría. Os censos de acuáticas están á volta da esquina (son en Xaneiro)  e cómpre irmos "afinando o ollo" e controlando como está o patio.
  Nun percorrido polos pontos habituais da ribeira sul (Fene-Mugardos) puiden observar como máis destacado:

- 2 Mergullóns cristados (Podiceps cristatus)
- 26 Mergullóns de pescozo negro (Podiceps nigricollis)

Mergullóns de pescozo negro (Podiceps nigricollis)

- 1 Garza branca (Egretta alba). Penso que se trataba do exemplar do Seixo que, debido aos fortes ventos do nordés que sopraban, decidíu buscar acubillo no peirao de Maniños durante a preamar.


  Estaba sorprendentemente confiada nun lugar pouco habitual. Tomei estas fotos iniciais e, cando me dispoñía a aproximarme un pouco para pillala ben de verdade (fotos tipo pusilla, para entendernos...), veu un túzaro que espantou todas as aves que había alí.
  Non lle dixen nada porque pensei que sería un vello destes que van mirar a embarcación ou algo (eu son moi respetuoso coas xentes do mar) pero se trataba simplemente de fastidiar por fastidiar. Dous colegas que estaban esperando por el para pasear polo paseo indicáronlle: "- ¿Pero non viches que estaba o rapaz tomando fotos?". E o fulano respondeu, textualmente: "- fun mirar se tiña roupa tendida".
  Eu sei que o fixo simplemente pola "gracia", por facer mal, e déronme ganas de matalo alí mesmo. Pero nin abrin a boca. Para qué? Son moitos anos e sei que hai loitas perdidas neste puto país. Os galegos son así (non lle faltaba un punto de razón á unionista de Rosa Díez con aquelas calamitosas declaracións)

Garza branca (Egretta alba)

  En fin, por aló andaba tamén este Corvo mariño real anelado.

Corvo mariño real (Phalacrocorax carbo) xuvenil

 Probablemente se non fose polo noso heroe "Supertúzaro" había poder achegarme o suficiente para poder ler a anela metálica. Pero no momento en que saquei a foto lonxana había mala luz e tampouco puiden usar un ISO baixo dabondo para poder ampliar a imaxe.

 - 48 Alavancos (Anas platyrhynchos, 22 + 26) en Maniños e San Valentín. Non visitei outros lugares máis favorábeis para anátidas da ría
- 7 Píllaras cincentas (Pluvialis squatarola) na praia artifical de San Valentín. Aquí o botarate de turno foi a propietaria dun can solto, nunha praia na que hai un cartaz precioso que o prohíbe expresamente. 
- 11 Píllaras reais (Charadrius hiaticula)
- 118 Pilros comúns (Calidris alpina), no seu pousadoiro habitual das Pías

Pilros comúns (Calidris alpina) no repousadoiro de preamar

  Voltei a casa bastante cabreado, a verdade. É que non hai un día en que a xente se comporte civilizadamente por estas terras, coño... Menos mal que houbo quen me alegrou o día pola tarde.

  Desde Túzarolandia, seguiremos informando.

2 comentarios:

  1. Pues que gracioso el niño de la ropa tendida, para tirarlo a la ría para que tenga algo que tender (y entender)..... Por el tipo de anilla, parece Danés. Ya he leído allí uno con color hace años. A ver si lo intento esta semana.

    ResponderEliminar
    Respuestas
    1. Qué che vou contar a ti que non siabas, Antonio.... Cando ves coma unha persoa te levanta as aves, logo de ver claramente que estás afotando (ou observando) como se non existises, dan ganas non sei de qué...
      Tamén había unha cabecinegra con metal en San Valentín. Non tiña PVC. Coa preamar estaba nunha chalana moi perto do paseo.
      Unha aperta

      Eliminar