Seguidores e seguidoras

mércores, 20 de novembro de 2013

A Xunta abre a canle na Frouxeira

Onte avisábame Antonio da apertura da lagoa ao mar, realizada pola Xunta. Unha actuación que xa tardaba, desde o noso ponto de vista.


  E, de novo, o trazado escollido polos técnicos é o mesmo ca nos dous invernos anteriores. Un trazado que busca evitar o baleirado das augas da lagoa e que algúns consideran o orixinal. Na seguinte foto correspóndese co trazo vermello, en comparación co azul claro, que foi por onde abreu espontáneamente (igual me pasei coas proporcións, non fagades moito caso; o Paint no é o meu)


  O máis probable agora é que ocorra o mesmo que hai un ano. Daquela o propio mar fechou esta canle en cuestión de días. E, mentras os operarios de Tragsa intentaban restaurala, ela soa abreu polo outro sitio e baleirou completamente, deisxando o operativo da Xunta á altura do betún por segundo ano consecutivo. Pero din que non hai dous sen tres.

 A semana que vén, polo visto, vaise apresentar o famoso (e esperado) plano de actuacións para a conservación da lagoa, deseñado polos expertos da Xunta. Non sei se lle teño máis medo a este plano ou ao plano de viabilidade que nos vai presentar Navantia aos traballadores o día 4. Case que ao da Frouxeira, tendo en conta quen anda polo medio...

 Pero, a pesar do meu carácter rebelde e contestatario, gardo aínda un chisco de esperanza neste asunto... Logo de ver algunhas restauracións de humidais por aí fóra (como a estupenda de La Nava, en Palencia) digo eu que algún día seremos capaces de facer algo ben en Galiza. Quero pensalo.

6 comentarios:

  1. Rapaces, non é ser pesimista pero parece que non sabedes con quen estamos a tratar. Non sexades tan optimistas que logo levades batacazos, facédeme caso. Son máis novo ca vos (no caso de Damián uns días e no caso de Xabi un pouquiño máis, jejeje) pero parece que non vos dades conta en que país vivimos e que administración temos.
    Unha aperta (unha para cada un quero dicir, que teño dabondo para os dous),
    Martiño

    ResponderEliminar
    Respostas
    1. Mecoghnatós, Martiño, digo eu que, aínda que sexa só por "probabilidades", algún día terá que saír ben, carallo!
      Un abrazo aos dous, cracks. Se todos os biólogos fosen coma vós que distinto sería isto...
      PD: Tranquilo, Martiño, que esta canle non vai facer absolutamente nada. É cuestión de días que feche soa. Pero para os de Adega vai ser a causa do baleirado.
      "Esperpento 3, El Retorno", próximamente nas súas pantallas.

      Eliminar
  2. contumacia s. f. Tenacidad y obstinación en el error.
    Diccionario Manual de la Lengua Española Vox. © 2007 Larousse Editorial, S.L.

    contumacia
    f. Tenacidad y dureza en mantener un error.
    der. Rebeldía (procesal).
    Diccionario Enciclopédico Vox 1. © 2009 Larousse Editorial, S.L.

    contumacia (kontu'maθja)
    sustantivo femenino
    obstinación en perseverar en un error contumacia del gobierno en ignorar la realidad

    Tomo a definición de varios diccionarios por se non queda claro na primeira ...

    ResponderEliminar
    Respostas
    1. Quedou claro, Eloi. Para min, polo menos (a outros vailles levar algo máis de tempo comprender de qué vai isto)

      Eliminar

Para comentar es necesario identificarse con nombre y apellidos