Seguidores e seguidoras

mércores, 27 de novembro de 2013

De provas co sistema HDR de Canon

  Estes días ando focellando co programa de edición dixital que utilizo habitualmente no blogue, "Digital Photo Professional", que é o que ven nun CD ao comprar calquera cámara Canon. Aos fotógrafos imaxino que lles parece moi básico, pero para os que estamos empezando, penso que nos chega de sobra. De feito, apenas utilizo unhas cantas funcións que coñezo. O resto, nin papas, aínda que tampouco lle dediquei tempo a mirar o manual (son moi vago para esas cousas, prefiro empregar o meu tempo libre na observación de campo).

 Como digo, estou de probas. A primeira foto está editada máis ou menos como fago sempre. Un formato RAW, convertido en JPEG, logo de mover un pouquiño a curva RGB, poñer algo de contraste e darlle nitidez (coa "máscara de enfoque"). A segunda é despois de pasar pola función HDR.


Píllara cincenta (Pluvialis squatarola)

 Imaxino que son as iniciais de High Definition Resolution, ou algo así. No fondo parece (desde a miña ignorancia) que non é máis que unha forma de aumentar a definición, a nitidez. Porque vexo que os arquivos finais son moito máis pesados que os outros.

 A verdade é que esta entrada é simplemente unha proba para ver as imaxes publicadas.

 Seguimos aprendendo.

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Para comentar es necesario identificarse con nombre y apellidos