"Baía da Lontra" e áreas periféricas inundadas
As canas dos Carrizos (Phragmites australis) son os únicos macrófitos (toma "palabrota") que destacan agora sobre o nivel da auga. En breve eles tamén han verse afogados por este "okawángico asolagamento".
O que aparece na seguinte imaxe non é un "lagunazo" (como lles chama Souza), senón unha pradeira de Juncus maritimus totalmente cuberta pola auga, entre os carrizos secos.
Xunqueiras centrais
Este macho de Lavanco parece estar pensando: "- Jo!, co fácil que era alimentarse e esconderse dos depredadores antes...."
Nese momento, unha femia de Tartaraña (Circus aeruginosus) aparecía en vó de caza sobre un bando de Cercetas (Anas crecca) que nadaban en augas abertas, agora completamente expostas á vista do predador. É lei de vida.
Seguimos informando.
Eu creo que o macho de Lavanco esta pensando: "a que se me ven enrriba, a ver como fago para esquivar os temporais". De comer acordarase cando pode, non?
ResponderEliminarMaruja de los Angeles
Caramba, caramba, benvida por aquí!
EliminarA verdade é que pillei por sorpresa a este pato, mentras botaba a siesta o pobre. Pero quedou moi ben a cabeciña cos reflexos violetas.
Un bico.
PD: Xa sabes que aos naturalistas góstanos moito o "marujeo"...Leválomo no sangue.