Seguidores e seguidoras

martes, 24 de junio de 2014

Estabilizador da SX50 ao límite

  Esta tarde, mentras observaba este Pardal común (Passer domesticus) que vive no edificio do lado, ocorréuseme facer unha pequena prova.
 Comecei tirando uhas fotos con velocidade media, e fun baixando pouco a pouco, para ver os resultados. Eu non entendo un carallo de fotografía, pero os que saben poderán sacar conclusións positivas e negativas deste experimento.
  O pardal estaba situado a uns 10 metros de min. Tiven que recurtar as fotos para que non pesaran moito e todas foron tomadas coa máxima focal (equivalente a 1200 mm) e con F:6,5.

ISO 200   V: 1/320 seg

ISO 80  V: 1/160 seg

  A partir de 1/100 seg de velocidade, a cousa tíñame pinta de saír un churro. Pensade que disparaba directamente a pulso con esa focal brutal, sen trípode. Apoiando o cóbado no marco da ventá e pouco máis.

ISO 80  V: 1/100 seg

  As imaxes penso que mostran unha trepidación bastante contida (correxídeme se procede os que sabedes do tema)

ISO 80  V: 1/60 seg

Insisto en que non había trípode; e o pardal, por certo, non paraba de moverse.

ISO 80  V: 1/40 seg

 A foto final, cunha velocidade lentísima de  1/40 seg. amosa unha trepidación grande na cola. Probablemente porque nese momento o tio non paraba quieto. Pero polo resto quedei sorprendido. Parece que as cores son moito máis vivas e contrastadas que nas tomas anteriores (o ISO mínimo tamén axuda, supoño).
 En fin, un experimento para pasar un rato entretido. Lembrade que falamos dun modesto "equipo" de 450 euriños.

7 comentarios:

  1. Ou de 309 leuros en Amazon..

    Apertas,

    Cesar

    ResponderEliminar
    Respuestas
    1. 309 euros? Estás seguro que era a SX50, César? Porque tamém existe a SX500, que vém a ser umha verssom pequena da SX50.

      Eliminar
  2. Olá Xabi,
    Estou inclinado para comprar este modelo, pois a minha velhinha Sony f282 está morrendo!
    Tenho lido muitas coisa positivas, mas não tenho lido muita coisa sobre macro e fotogarfia em ambiente escuros ou de noite.
    Que me dizes?
    Um abraço

    ResponderEliminar
    Respuestas
    1. Olá Paulo:
      Normalmente adoito aconselhar à gente que comprem a SX50. Desde a minha ignoráncia no assunto fotográfico, penso que é a melhor bridge do mercado para as pessoas que preferentemente se adicam à observaçom de aves.
      Mas, no teu casso, que trabalhas com morcegos, mamíferos e hérpetos sobretodo, quiçá haveria umha escolha melhor. Como lhe dissem a Martinho Cabana, a Panasonic Lumix FZ 200 pode ser-vos máis prática a gente coma vós. Nom possúe tanta focal coma outras bridge (25-600 mm, que tampouco está mal), mas tem muita mais luminosidade (na teoria), pois dispóm de umha apertura F: 2,8 EM TODA A FOCAL. Tendo em conta que as horas mais produtivas para vós som as do serao e da noitinha, pois é certamente um argumento de peso.
      Sobre o macro, pois todas as bridge vam bastante bem para um usso naturalista (um macro reflex lógicamente é outra cousa). A FZ 200 tem menor focal máxima, assi que suponho que será mais doado o enfoque em modo macro, e quiçá tamém poida ter melhor qualidade de imegem que as cámaras com maior zoom.
      Um abraço.

      Eliminar
  3. Buenas Xabi

    La Sx 50 esta ya por 300 euros.
    Yo la compre hace varios meses por 330.

    Saludos

    Ricardo

    ResponderEliminar
    Respuestas
    1. 300 euros!! Vai regalo! Coma min, ti coñeces "os dous mundos" (reflex e bridge), así que non che direi nada que non saibas, Ricardo. A calidade do teu SL 400 e do meu VC SP 300 é a que é, pero 300 euros por unha cámara que che vai dar case todo o que un naturalista pode desexar....buf....qué barbaridade!

      Eliminar