Ás veces ocorren problemas comúns que se poden comentar publicamente, caso do ingreso no hospital de túa nai por exemplo, e que todo o mundo comprende rápidamente. Pero hai outras cousas que son máis complexas ou simplemente non se deben dicir no blogue porque pertencen ao ámbeto máis privado; pero que te afectan de maneira terríbel.
Dun tempo para acó varias destas cousas están a machacarme emocionalmente. Os problemas de sono e as dores de cabeza espontáneas debidas á tensión empezan a dar alerta vermella de que o estrés está chegando a un límite perigoso. Pero non se pode facer máis que continuar e seguir pelexando como se poda ata que veñan ventos máis favorábeis. Mesmamente coma o paso migratorio das aves. E a observación da Natureza é unha boa terapia anti-estrés. "Bichos" forma parte desta terapia.
Hoxe realizaba a segunda mostraxe para o programa SACRE (Seguemento de Aves Comúns Reprodutoras de España). Coma sempre, o traballo de campo nunha cuadrícula costeira ferrolá non ofrece resultados demasiado alentadores. Está tan alterado o medio, tan degradado e tan mal refosterado, que dan ganas de chorar (se non as traías xa de antes). A listaxe de especies desaparecidas ou a ponto de facelo é cada vez maior: Rula común (Streptopelia turtur), Cuco (Cucuculus canorus), Pardal montés (Passer montanus), Papuxa común (Sylvia communis), Paspallás (Coturnix coturnix) ou Lagarteiro (Falco tinnunculus) son algunhas das spp que non detectei en nengunha das 20 estacións de escoita que fago na grella NJ62.
Pola contra Picanzo vermello (Lanius collurio), Tordo común (Turdus philomelos), Papuxa cabecinegra (Sylvia melanocephala), Estorniño negro (Sturnus unicolor), Cardeal (Pyrrhula pyrrhula) ou Millafre negro (Milvus milvus) parecen ter medrado as súas poboacións nos últimos vinte anos na comarca. Supoño que se adaptaron mellor a este novo hábitat de "Mosaico eucalipto-silveira-prado de sega-chalé ilegal"
Ao rematar o "choio", tocou paradiña rápida na lagoa da Frouxeira. Nestes momentos o aspecto é de que está case baleira, pero só o parece. Se madrugamos (falo de madrugar de verdade) ou nos metemos polas canaveiras habemos de comprobar que hai máis bicharía da que parece desde fóra.
No areal, iso si, apenas se ven limícolas. Pero as que hai amosan as súas galas máis fermosas. A Píllara cincenta (Pluvialis squatarola) é unha das especies que sempre mantén algúns individuos presentes neste mes de Xuño. Quizá migrantes tardíos, quizá exemplares que xa retornan ou, máis probablemente, aves non reprodutoras que han ficar por aquí.
Píllaras cincentas (Pluvialis squatarola) en plumaxe nupcial
Dentro de dúas semanas aproximadamente comeza a "operación retorno". Serán os primeiros grupiños de Pardelas (Calonectris/puffinus) e Pentumeiros (Melanitta nigra) os que animen o ambiente no cabo de Punta Frouxeira. Xa en Xullo irán aparecendo algúns pequenos paseriformes como as Folosas dos xuncos (Acrocephalus schoenobaenus), Biluricos de bosque (Tringa glareola/ochropus) e os primeiros xóvenes do ano de Garza Vermella (Ardea purpurea), que aportarán máis diversidade á lagoa. Desde finais de Xullo xa a cousa vai ser a novidade diaria, sempre que se manteña baleira. E para Agosto-Setembro, Pablo e todos os colegas rarólogos estarán xa a pleno rendemento, buscando algunha rareza neártica desas ás que se lles escacharrou o GPS e acabaron en Valdoviño.
Pero daquí aló aínda falta moito. Se é que chegamos.
Claro que llegamos! Y veremos esas rarezas juntos, ya verás hombre! Este año Valdoviño va a arrasar. Arriba ese ánimo!
ResponderEliminarPablo
Iso espero, Pablo, iso espero....Aínda que as forzas son as xustas, asegúrocho. Aparte dun asunto que ti xa coñeces teño outros problemas, que minan a moral do máis forte, créme. Quizá é a causa do meu carácter tan impulsivo e de certas saídas de tono que tiven en Galiciaves. Pero esas cousas non transcenderán xamáis ao público. Son demasiado heavies.
EliminarMoitísimas grazas polo comentario. Un abrazo.
Como si che hai que levar arrastro, home. Veña, dalle os hérpetos, que estou moi floxo e quero unha nova entrada. Unha aperta ferrolana.
ResponderEliminarDavid Martínez Lago
Outra, David. Pero moito me temo que non vou ter moito tempo para os hérpetos. O Atlas de aves é prioritario.
EliminarHola Xabi
EliminarQue non decaia ese ánimo .
Todo o mundo pasa por momentos difíciles nalgunha ocasión.Ainda que non comento nos blogs,o teu paréceme realmente interesante e entro prácticamente a diario.Asi que nada,unha aperta e a levantar ese ánimo.
Ricardo Hevia
Comentas pouco pero polo visto sabes escoller ben o momento (lembro que fuches dos primeiros, cando naceu o blogue). Moitas grazas pola visita home.
EliminarQue conste que non pretendo falar aquí dos "meus" problemas (ás veces un sufre máis pola situación de terceiras persoas que queres, ollo). Pero inevitablemente estanme afectando moito e me parece algo natural compartir o meu estado de ánimo con vós.
Unha aperta, máquina.
Un abrazo grande Xabi, y a mirar hacia arriba, ¡¡que es por donde vuelan los pájaros!!
EliminarGraciñas oh. Pero déixame mirar tamén para abaixo, non vaia ser que perda de ver unha rá ou un lagarto ;)
EliminarUn abrazo Toñete!
Preciosas fotos y muy interesantes tus comentarios. Un saludo.
ResponderEliminarGrazas por comentar (Lola?). E benvida a Bichos.
Eliminar