En cuestión de días comezará notarse o paso de limícolas nos areais da comarca (na lagoa difícilmente pararán, ao estar chea). Polo de agora son animais solitarios ou grupos moi cativos os que se ven, exemplares non reprodutores que probablemente fican aquí desde o paso primaveral.
Pilro común (Calidris alpina), plumaxe de verao
Logo de estar en silencio observando e fotografando as aves durante media hora, sen molestalas nin asustalas, apareceu a peste, para recordarme que estou en Galiza, ese pequeno país onde todo vale e onde a fauna xamáis terá un minuto de repouso, mentras haxa galegos cerca.
Coma se estivese enlouquecido, este canciño adicouse a perseguir sen tregua o bando de pilros a un lado e a outro da pequena cala, sen permitirlles pousar. O dono, galego el, sen inmutarse... Eu xa estaba recollendo e preferín mirar para outro lado. Teño cousas máis importantes en que pensar agora. Cun pouco de sorte igual o can pisou un escarapote despois de que me fose....
Praia dos Botes, Meirás
E mentras escrebo este pequeno post, sigo a pelexarme co ordenador, que semella estar farto deste blogue e non quere que publique máis. Cada frase, cada palabra, cursiva ou centrado de textos é unha auténtica batalla entre o home e a máquina.
Ao final acabaremos mudando todos a wordpress, que seica o blogger anda punhetero...
ResponderEliminarBonitas fotos a dos pilros.
Apertas
A Praia dos Botes é un lugar excepcional para a fotografía de limícolas nos paso, sempre que nonaparezan os teus amigos peludos. Aínda que non ten moita riqueza, agás os meses de Setembro ou Maio, cando é moi pero que moi interesante.
EliminarE insisto, grazas de novo polo esforzo da lectura e dos comentarios nestes momentos en que estarás tan atarefada.
Un besiño, Inés.