Aínda que quizá non escollín ben a rota desta mañá. Porque os montes de Liñares (Brión) están cada ano máis degradados e as visitas naturalistas a aquela zona son cada vez máis tristes. Pero como digo hoxe tratábase de pasear e desfrutar un pouco do sol. Non hai moito que contar así que vai directamente a serie de fotografías:
Paisaxe característico de monte degradado con eucaliptos no litoral ferrolán
Para unha cousa boa que había en Liñares como era a tranquilidade... os roteiros de "mountain-bike" acabaron por converter aquilo nun megacircuito para os afeizoados. Os das motos e quads xa levan toda a vida por aló.
Rodeiras das bicis de montaña, motos de enduro e quads
Paisaxe típica de toxeiras costeiras
É unha zona con numeroros regueiros de augas cristalinas e pequenas brañas como ésta:
O Pintafontes común (Lissotriton boscai) é o anfibio máis característico destes entornos. Aínda estou un pouco "pachucho" e non podía andar meténdome moito na auga, así que poño unha foto lonxana.
Pintafontes común (Lissotriton Boscai)
A Charca de Liñares (no Monte de Chá) está chea de auga arestora. Un bon lugar de reprodución para anfibios como Pintafontes verde (Triturus marmoratus), Sapo corredor (Bufo calamita) ou Rá estroza (Hyla arborea).
As horas da visita (10,30-12,30) e a temperatura relativamente fresca que facía (10-14 ºC) non axudaron moito para a observación de insectos, como era a miña intención. Apenas unha Cicindela e un par de bolboretas comúns (Inachis io), como máis destacado.
Charca de Liñares
Penedos graníticos
Os grandes penedos graníticos son en Ferrol o hábitat exclusivo do imponente Lagarto Arnal (Timon lepidus). Non acada por aquí as tallas enormes de outras latitudes máis mediterráneas, pero son grandes dabondo como para chamar a atención mentras pousan desafiantes.
A forte reverberación e a distancia non me permitiron máis que tirar unha imaxe testemuñal destes dous machos asoleándose a curta distancia ún doutro:
Lagartos arnais (Timon lepidus), machos
De aves pois van dous habitantes típicos dos nosos montes degradados: a Escribenta riscada (Emberiza cia), que probablemente é reprodutor na zona:
Escribenta riscada (Emberiza cia)
E a tímida Papuxa do mato (Sylvia undata), que xa está en plena tempada de cría. Hoxe eran varios os machos cantores que observaba no camiño.
Papuxa do mato (Sylvia undata), macho
Ben, isto foi un chisco de luz, que veu moi ben para combater a escuridade destes días pasados. A ver se mañá escollo un paseo máis interesante.
PD: O noso Antonio Gutiérrez, sen dúbida ún dos ornitólogos máis queridos por todos nós, está a pasar por un momento moi jodido, como é a perda dun ser querido. Xa lle din as miñas condolencias pero aproveito para darlle outro abrazo moi forte desde aquí. Estou seguro que todos os blogueiros naturalistas de Galiza estarán con él no sentimento nestes momentos tan duros.
Moitos ánimos Toni!
Suxiroche pois dar unha volta polo outro Liñares da comarca, o de Neda onde a parroquia de Anca. Hai umoito que ver na aba do monte da Louseira.
ResponderEliminarAta cun pouquiño de sorte poderás ver algún rastro los lobos e en todo caso tes un tramo de matogueiras secas e de charcas a mar de interesantes xa na súa coroación.
Coñezo A Louseira, de pasar cerca. Si que ten boa pinta.
EliminarHei de facerlle unha visita (xa teño a rota deseñada polo sigpac)
Xabier, gracias por estas bellísimas fotos y por la información que nos proporcionas.Me ha gustado saber que tenéis por ahí el tritón jaspeado, la hyla arbórea, lagartos, sapos... todos animales que conozco y me resultan familiares.
ResponderEliminarEs una pena la degradación del bosque porque afecta a la supervivencia de los animales.Falta mucho todavía para que todos tengamos conciencia de la importancia de conservar el medio natural.
Cuídate esa faringitis .Deseo que te mejores rápidamente.
Un afectuoso saludo.
Muchas gracias Fanny. Se hace lo que se puede, teniendo en cuenta lo hecha polvo que está mi zona. Aunque tanto como "bellísimas" las fotos de Liñares... (eres muy generosa).
EliminarOla Xabi,
ResponderEliminaro lagarto tamén está nas dunas de Esmelle, xusto no límite coa praia.. Este ano cheguei a temer por dos polos de Píllara moi pequeniños.
Penso coma ti que a Escribenta riscada cría na zona pero non puiden confirmalo.
Saúdos
Paco Girón
Si, Paco, desde as áreas rochosas próximas os arnais poden chegar aos sistemas dunares coma Doniños e San Xurxo, pero sempre estarán próximos a grandes pedras, onde teñen os refuxios (os novos paseos peonís de madeira tamén axudan á expansión deste e doutros lacértidos).
EliminarPero son altamennte dependentes da existencia de penedos nas zonas de interior ou, como mínimo, de grandes pedras nas áreas dunares (moito máis secas e favorábeis para certos hérpetos mediterráneos).
O rango de hábitat na Galiza meridional é incríbelmente máis amplo. Teñoos visto ocupando o nicho típico de L. Schreiberi (bosque galería caducifolio) ou sebes, no Courel, por exemplo.
Muchas gracias por tus reconfortantes palabras, Xabi.
ResponderEliminarUn abrazo.
Antonio.
Seguro que as miñas palabras son compartidas por moitos lectores, Antonio.
EliminarNestes casos toca recuperarse pouco a pouco,"resetear" e continuar (a min tocoume facelo en 2006).
Ánimo!