Hoxe ao saír da oficina onde traballo voltei á outra "oficina"; onde chovía con ganas.
Afortunadamente parou de chover ao cabo dun rato, e aproveitei para visitar os peiraos habituais: O Seixo, Maniños e Barallobre.
Rampa de Maniños (Fene)
No observatorio
Resumo o máis salientábel do observado hoxe:
- 16 Mergullóns de pescozo negro (Podiceps nigricollis). Semella que xa marchou algún.
- 1 Mobella grande (Gavia immer)
- 6+ Corvos mariños cristados (Gulosus aristotelis)
- 1 Garza branca grande (Ardea alba)
Corvos mariños reais e cristados (Phalacrocorax carbo/Gulosus aristotelis)
Corvo mariño cristado (Gulosus aristotelis) xoven
Garza branca grande (Ardea alba). Distancia: 370 m. Imaxe recurtada
Nikon P950 focal 1800 mm ISO:200 V:1/500 F:6,3
Garza real (Ardea cinerea)
Nikon P950 focal 1400 mm ISO:400 V:1/320 F:6,3
Mobella grande (Gavia immer). Distancia aprox 2 Km
Se o outro día fotografara os mergullóns a media distancia e con moi boa luz hoxe estaban máis perto e co ceo toldado. O sábado debín levar a P950 e hoxe a OM-1 ou a Sony RX10, que irían moito mellor nestas circunstancias (cando os bichos están perto e se moven rápido resulta enormemente difícil coller foco cunha bridge de sensor 1/2,3")
Mergullóns de pescozo negro (Podiceps nigricollis).
Nikon P950 focal 1000 mm ISO:400 V:1/400 F:6,3
Mergullón de pescozo negro (Podiceps nigricollis).
Nikon P950 focal 1500 mm ISO:800 V:1/320 F:6,3
Mergullóns de pescozo negro (Podiceps nigricollis).
Nikon P950 focal 1400 mm ISO:800 V:1/500 F:6,3
Obviamente as condicións das capturas eran moi malas e para reducir o ruido tiven que botar mao da I.A., máis unha vez. De qué ferramenta tan marabillosa dispomos os afeizoados á fotografía!
Mergullóns de pescozo negro (Podiceps nigricollis).
Nikon P950 focal 2000 mm ISO:800 V:1/500 F:6,5
Como vedes algúns mergullóns mostran a penaxe de celo case completa. Por marzo xa a terán case todos, se aínda os temos conosco daquela.
Estupendas fotos, Xabi. Además, esta claro que esta "oficina" es más divertida que las que yo conocí hace años...
ResponderEliminarUn abrazo y hasta la próxima.
Grazas, Jose.
EliminarSi que se están poñendo bonitos os nigricollis. De feito vin un con tanta cor vermella que por un momento "me se cruzaron os cables" e cheguei a pensar nun auritus. Será que os boto de menos...
E agradézoche moitísimo os comentarios que me fas. Sigo sen entender que persoas que (me consta) siguen este blogue case a diario sexan incapaces de facer un só comentario, como se lles fose cobrar por facelo.
Un abrazo, monstro.
Otro de mi parte, tío. Y, aunque te entiendo perfectamente, no te preocupes: hay gente que, aun pirrándole tus entradas del blog -porque nunca te dejan frío-, se sienten raros, desubicados, si tienen que hacer comentarios animosos o corteses, como si todo les sonara hueco. Así es la vida, no todos somos iguales, y muchos se cortan por su timidez o porque les parece una ñoñería hacer un cumplido, aunque sea merecido como es el caso. Ánimo, y mirando para delante!
ResponderEliminarPor certo, Jose, que conste que os comentarios de loubanzas ou "cumplidos" tampouco me importan demasiado. Pero boto de menos comentarios que pregunten cousas sobre o que conto (sexa de censos, lugares ou fotografía), que compartan información ou que aporten correccións e críticas construtivas. Como fago eu cando comento noutros blogues que sigo (moi pucos actualmente porque morreron case todos).
EliminarEn parte comprendo esa falta de comentarios. Revisar os comentarios antes de publicalos implica moitas veces unha espera ata que se publica, sobre todo se comentan cando estou durmindo. E a xente hoxe en día está a costumada á inmediatez nas comunicacións. Por ese motivo recibía máis comentarios no facebook que no propio blogue, por exemplo. Ademáis aquí é obrigatorio asinar o comentario con nome e apelidos, algo ao que moita xente se nega. Supoño que son persoas que andan na clandestinidade ou que non queren que se saiba que escriben aquí (tiven varios comentarios anónimos dos que apostaría 1000 euros a que sei quén os redactou. En fin, cousas do século XXI.
Moi boas fotos e observacións
ResponderEliminarGrazas, Yago. Mágoa non ter a Sony ou a Olympus (estaban cerquísima pero a Nikon P950 sufre moitísimo nesas cirunstancias).
EliminarGrazas por comentar.
Grazas por manternos informados, Xabi. Dende Pontevedra é como se abrise unha fiestra á ría de Ferrol. Apertas
ResponderEliminarGrazas, Juan. Desde logo que a ría queda ben documentada últimamente neste blogue. A ver se volvo a saír lonxe dentro dun tempo pero agora estou bastante desanimado para viaxar.
EliminarApertas, Juan.
Boas, Xabi.
ResponderEliminarPolo que a min respecta, que non comente sempre non significa que non valore moi positivamente o traballo que fas. Leo relixiosamente cada entrada, unhas gústanme máis e outras menos (loxicamente), pero as valoro todas. Gracias por manternos informados do que se move pola nosa ría, e por todos eses lugares que frecuentas. Tamén agradezo as entradas que fas sobre fotografía, sempre está ben saber as diferencias entre bridge e reflex (con ou sen, jeje).
As fotos dos nigricollis están moi chulas. Ben se ve que a luz non era moi boa, e a pesar de todo paga a pega miralas.
Unha aperta
Boas, Miguel.
EliminarTi, coma os colegas Juan ou Yago xa comentades aquí de cando en vez, coma fago eu cando visito outros blogues, que non comento cada vez que os visito senón cando considero. Así que non era por xente coma vós. O que lle dicía a Souza vai por lectores ou antigos seguidores que "desapareceron do mapa" hai anos ou simplemente nunca estiveron nel pero que entran semanalmente ou mesmo a diario.
E como tamén lle contaba a Souza existen varios motivos que causaron un descenso evidente no número de comentarios, coma son a obrigatoriedade de asinar (ay madre, lo que pide este loco!!!) e moderación de comentarios (para filtrar a peste mascotista, básicamente). Noutros casos é vergoña ou que non lles interesa aparecer públicamente aquí e por iso fan comentarios anónimos que non publico.
Apertas.