Seguidores e seguidoras

sábado, 16 de agosto de 2014

Forcadas, 16 - Agosto

    Cambiamos a auga salgada pola doce. O encoro das Forcadas, en Valdoviño, está agora en plena actividade reprodutora. A pesares do que diga a bibliografía, a fenoloxía de cría en certas localidades costeiras, como este encoro ou a propia lagoa da Frouxeira, pode retrasarse muito con respecto ao que se considera normal no resto do territorio galego. Penso que os níveis hídricos teñen muita culpa (por motivos opostos) en ambas localidades.

Mergullóns cristados (Podiceps cristatus)

  Arestora, os Mergullóns están funcionando a canto dan. Sen embargo, o éxito da temporada semella que foi desigual. No caso do Mergullón cristado (Podiceps cristatus) só puiden confirmar unha rolada con polos, de entre as 5-6 parellas residentes, que semella que non chegaron a criar. Hai un par de anos chegaron a nidificar con éxito todas elas.
  Pola contra, o Mergullón pequeno (Tachybaptus ruficollis) segue contando aquí cunha das poboacións máis importantes do norte galego, aínda que baixou o número respeito á decada pasada.

 Mergullón pequeno (Tachybaptus ruficollis) con poliño


 A Galiñola negra (Fulica atra), pois finalmente parece que non chegou a sacar unha soa nidada este ano, a falta de comprobar un par de pontos importantes que hoxe no visitei. Sería, de confirmarse, a extinción oficial da especie como nidificante para todo o extremo norte galego. Tremendo....

 Numerosos xóvenes de Galiña de río (Gallinula chloropus) aparecían e desaparecían entre as canaveiras de Typha. E facía tempo que non tiraba unha foto con varios adultos xuntos. A ver se a especie se vai recuperando algo.

Galiñas de río (Gallinula chloropus)

  Un Picapeixe (Alcedo atthis) pousou perto da miña posición, cando facía unha espera nun dos lugares máis interesantes do encoro, as ribeiras de "As Cortiñas". E, aínda que sempre traballo cos controles en modo manual, desta volta colleume despistado mentras facía unhas probas en modo TV (prioridade á velocidade). O resultado foi que o exposímetro se fixo a picha un lío e me subíu a sensibilidade ao máximo: ISO 1600!!. Evidentemente a imaxe saíu luminosa, pero non ten a calidade que tería cun ISO 400, coa que podería disparar perfectamente baixando a velocidade un pouco se tivese a cámara en manual. Ademáis, tardou horrores en cargar a imaxe (supoño que polo ISO), o que me imposibilitou para tirar un par de disparos máis para collelo mellor.

Picapeixe (Alcedo atthis)

   Pero isto non vai quedar así. Agora que sei os seus hábitos.... xa caerá...

   En fin, o encoro está cheo de auga, co cal imos perder o paso outonal tamén aquí. Como dixen noutro post, os lugares máis entretidos por Ferrol han ser este outono o cabo de Punta Frouxeira, aínda que varía moito dun ano para outro, e a praia dos Botes.


Corvo mariño real (Phalacrocorax carbo) xuvenil

   O luns comezo a currar de novo. Por iso tentei aproveitar estes últimos días de ferias saíndo ao campo dentro do que me podía permitir. Agora toca mudar o chip. Sen dúbida que volver ao choio vai sentarme ben.

8 comentarios:

  1. preciosa entrada amigo me encanta, gracias por pasar a mi blog y comentar te meto en mi blog
    saludos

    ResponderEliminar
  2. Mágoa do que che pasou coa cámara co picapeixe, porque o tiñas nun pousadoiro precioso. A pesar diso e do contraluz, non che quedou mal. Apertas Xabi.

    ResponderEliminar
    Respuestas
    1. Ben, a foto está algo retocada (nitidez, contrastes,...). A orixinal estaba algo sobreexposta, creo. Pero contraluz non había. Só pasou dunha zona de sombra a unha de luz.
      A imaxe vale para publicar, pero se chego a ter modo manual e en JPEG, por aquilo do disparo en refacho, había collelo moito mellor.
      Vou probar estes días unha tarxeta desas rápidas, a ver se a cámara permite unha maior velocidade en modo RAW, porque con unha "ráfaga" de 1 disparo/seg, non hai maneira de afotar certas cousas.

      Eliminar
  3. Boas Xabi.
    Bonita foto a do picapiexe. Un pouco de grano de mais polo iso, pero preciosa.
    Como di Enrique, o pousadeiro e perfecto.
    Apertas

    ResponderEliminar
    Respuestas
    1. Grazas Alejandro. O Picapeixe é realmente un bicho fotoxénico. A ver se o collo mellor outro día.
      Por certo, xa fixen a proba cunha tarxeta rápida (90 Mb/seg) e nada. A cámara non dá máis de si. Polo tanto, definitivamente, non podo disparar en refacho ("ráfaga") usando RAW. E con JPEG son apenas 2-3 disparos/seg.
      Así que as fotos de aves en vó han seguir sendo tan extremadamente difíceis como ata de agora. En fin...hai que foderse. Non se pode ter todo por 400 euros.

      Eliminar
    2. Hola Xabi
      Normalmente las cámaras tienen una 'memoria intermedia' o buffer donde almacenan la info antes de grabarla en la tarjeta. Muchas veces las limitaciones vienen dada por ese buffer y no por la velocidad de escritura de la tarjeta.
      Pero como bien dices, por 400€, no hay nada mejor y más cómodo que esa Canon.
      Es una pena que mañana no puedo pasarme por Valdoviño, a ver si el sábado amanezco temprano y me paso por Meirás. Echo de menos a los limis .. ;)
      Apertas

      Eliminar
    3. Xa sabía iso do buffer. Oe, o sábado de mañá hei andar por aló con toda probabilidade. Non recordo se tés o meu teléfono, pero se non é así e queres darme un toque escrébeme ao correo (xabi.prieto@yahoo.es)

      Eliminar