Na seguinte imaxe podedes apreciar unha das grandes limitacións das cámaras bridge: o escaso "rango dinámico" entre altas luces e sombras. Estou a ver se aprendo a traballar co HDR, pero aínda non sei cómo facer para "montar" as tomas do aforquillado (3 imaxes con distinta exposición) usando o software de Canon. A ver se espabilo, porque as paisaxes tomadas coa SX50 quedan fatal cando hai moito contraste. A ésta xa lle baixei as altas luces, que estaban queimadísimas, pero nin así....
A primeira hora da mañá dous Azores xóvenes voaban raso desde as dunas móbiles cara as dunas grises, que din os entendidos (as dunas colonizadas pola vexetación e que non se modifican por acción do vento, vaia).
Azor (Accipiter gentilis) xoven
E, como digo, non hai verán sen Chascos norteños en Valdoviño, aínda que están en franca regresión; como case todo. Esta mañá un único exemplar pousaba solitario no sistema dunar.
Chasco norteño (Saxicola rubetra)
Logo pasei polos prados de Taraza. Moitas das que antes eran plantacións de millo ou centeo son agora de Xirasol que, polo visto, adícase á produción de biodiésel. Unha veciña comentoume o outro día que un veciño comprou "unha máquina" para procesar o xirasol e que " a ver se lle rende".
Por último, un Picanzo vermello (Lamius collurio) femia alimentaba un polo nas silveiras da zona. Ademáis vin outro adulto, quizá o macho correspondente.
En toda a Primavera nin eu nin Pepe Vidal conseguimos ter indicios da cría este ano por alí. Así que penso que máis ben se pode tratar dunha familia procedente dos sistema dunar ou doutro prado cercano, que veu de visita por aquí en dispersión.
Picanzo vermello (Lanius collurio). Femia (sup.) e xoven (inf.)
A lagoa segue chea, e na praia dos Botes pois non había nada de nada. Dúas ratas asquerosas que os seus donos levaban soltas sen correa igual tiñan algo que ver nesta misteriosa ausencia de limícolas.
En fin.... voume calar. Menos mal que en Ferrol "no hay playas para perros" (me cago en la madre que los parió!)
bonitas fotos e bonitos avistamentos....
ResponderEliminarrespecto aos cans, van ter que implantar un carnet para os donos, que esta visto que hai moito irresponsable....
Bicos,
Ines
Grazas polo das fotos. Con luz todo é máis doado (as fotos que fago ás oito da mañá en inverno coa miña bridge teñen moito mérito, asegúrocho).
ResponderEliminarSobre a peste (PESTE = presenza de cans soltos en espazos naturais):
Pois non é necesario implantar máis restricións das que hai, Inés. O outro día falaba con meu irmán, que tamén ten can, coma ti. E dicíalle que non se trata de lexislar máis, senón de facer cumprir o que xa existe. Non concibo que noutro país europeu non se cumpra a normativa xa non en espazos públicos (como recolle o regulamento) senón en lugares PROTEXIDOS!.
Lin ben os artidos publicados no DOGA ao respecto, e se a administración fixera o que ten que facer, o 95 % dos problemas que temos non habían darse. Pero NON HAI VONTADE POLÍTICA!!! porque é impopular. Iso é o auténtico problema deste puto país chamado "Panderetalandia".
E te resposto a ti porque te quero ben, Inés. Pero é un tema que xa me pon enfermo só de falar del.
Un biquiño.
Pois eu tamén penso coma Inés, bonitas fotos : )
ResponderEliminarMacho, e vaia ritmo de publicación que levas. Non sei cómo das feito, pero imaxino as horas que botas. En fin, ánimo, que aquí estamos para lerte.
Apertas
Falta de pasta + limitacións para saír ao campo + obrigacións de estar na casa atendendo unha persoa dependente = saídas cercanas breves + tempo na casa diante do PC editando entradas.
EliminarOgallá puidese estar paseando pola nosa querida Castilla ou polo Delta. Pero vai ser que non.
Unha aperta, Quique.
xa che digo, case non dou feito lendo todo o que publicasa...
ResponderEliminarbiquiños
Ines
Pois vai saír outra do forno en breves momentos, ja, ja. Xa sabes: se non che gosta o caldo... dúas tazas!
Eliminarprecisa entrada amigo!!me encantan las fotos, la de la familia de dorsirrojos preciosa
ResponderEliminarun abrazo!!
Gracias, rapaz. El Alcaudón es, como sabes, un bicho ciertamente fotogénico. Lástima no pillar al macho para el retrato familiar.
ResponderEliminarUn saludo..