Mazarico chiador (Numenius phaeopus)
Canon SX50, focal 215 (equiv. 1200 mm), F:6,5 Vel: 1/30 seg (trípode) ISO 250
Esta mañá o sol lucía con certa forza, aínda que a marea estaba alta, e iso implica que as aves descansan agrupadas. Nestas circunstancias é máis difícil aproximarte, así que en vez de primeiros planos intentei tirar fotos interesantes. Gostaríame facer algún curso de fotografía pero me resulta complicado, así que debo aprender as cousas sobre a marcha en plan autodidacta, e escoitando con atención aos que saben cando coincido con eles.
Agora estou aprendendo a fixarme nos elementos do fondo e nos movimentos das aves cando se limpan.
Pilros comúns (Calidris alpina) e Píllaras reais (Charadrius hiaticula)
Fixen varias tomas, tentando recoller a entrada da escuma do mar detrás das aves. Nesta quedou... máis ou menos (fotógrafos, non vos riades coño, que estou empezando)
Píllaras reais (Charadrius hiaticula)
Por aló apareceu tamén o Virapedras (Arenaria interpres) de onte. Pero nesta ocasión mostrábase moito máis desconfiado. Xa vos dixen que cando se alimentan é máis doado velas perto, se sentas en silencio na area.
Virapedras (Arenaria interpres)
A ver se nos próximos días temos novidades nos Botes. Haberá que estar atentos.
Ningún comentario:
Publicar un comentario
Para comentar es necesario identificarse con nombre y apellidos