Seguidores e seguidoras

miércoles, 6 de agosto de 2014

Pilro tridáctilo (Calidris alba), un bicho de alta velocidade

  A Praia dos Botes é un lugar excepcional para a fotografía de aves limícolas. Digo "aves" porque en galego aínda conservamos este termo para nos referir a esta orde animal, que eu saiba. En español, e polo que vexo na rede últimamente, diríase que a SEO recomenda o emprego de"pájaros" como nome xeral para toda a orde da pluma, supoño que por parecernos ao mundo anglosaxón (eles denominan birds a toca cousa con plumas, mentras nos idiomas galego e castelán tíñamos aves de uso xeral, e paxaros ou pájaros específicamente para referirnos aos paseriformes).


  O paso de limícolas é inminente. E cómpre ir afinando a pontaría e a perícia fotográfica. Hoxe un Pirlro tridáctilo (Calidris alba) alimentábase xunto con dous Pilros comúns. A escasa distancia á que se encontraba a limícola, permitiume practicar un pouco coa cámara bridge (a reflex está acumulando pó na súa bolsa).


    E aprendín varias cousas. Como que 1/320 seg é unha velocidade moi lenta para conxelar o movimento tan rápido desta nervosa ave. Perdín as mellores imaxes por un exceso de confianza.


  Ademáis, vale a pena baixar un pouco o zoom nestas circunstancias ou, literalmente, non serás capaz de encuadrar o pilro, porque non paran quietos e non os dás enfocado.


  Até que chega o momento de descansaren, á beira do mar.

Pilro tridáctilo (Calidris alba)

Por certo, este blogue segue dándome moitos problemas.
 Aproveitade mentras dura. Non sei qué fará crack antes, se o blogue ou eu mesmo.

1 comentario: