Hai tempo, un fotógrafo de Natureza asegurábame en Galiciaves que "a mellor bridge é peor que a peor reflex". Ben, eu, que levo cinco minutos neste mundo e que non entendo de efecto barrilete, nin de distorsión nos bordes, etc... creo, humildemente, que esa afirmación vai cambiar de contado, se non o fixo xa.
Agosto quedou atrás. Un mes que nos deixou un regusto moi doce nos beizos (nunca mellor dito), e agora comeza o mes top para o paso migratorio, que se aventura prometedor, a pouco que amaine este forte nordés. Un nordés que, coma consecuencia positiva, está a manter o baixo nivel da lagoa (debido ao vento constante e ao sol de mediodía, a intensa evaporación compensa o aporte fluvial). Así que podemos prever un par de semanas máis con intermareal.
Antes, pasábame polos prados de Taraza, onde se notaba a entrada de paseriformes típicos destas datas: 5 Papuxas comúns (Sylvia communis), 8 Chascos norteños (Saxicola rubetra), Picafollas cantores (Philloscopus trochilus) e, probablemente, os primeiros Papamoscas negros (Ficedula hypoleuca), que non puiden confirmar.
O Chasco norteño é un paxariño realmente tímido, que non permite aproximación do observador. Menos mal que a miña pequena SX50 equivale a un incríbel tele de 1200 mm. A foto vale para ver, pero espero collela máis perto este Outono. Os que si collín moi cerca, un pouco despois, foron estas limícolas na lagoa da Frouxeira:
Animado pola xornada de onte ou, quén sabe, se inspirado por alguén especial, decidínme a buscar fotos coa máxima calidade posible. E para iso compría achegarse moito ao obxecto, tal como fan a maioría dos colegas fotógrafos. Eu imaxinaba que daquela a calidade final da imaxe había ser moi boa, pero ao chegar a casa e ver as fotos no computador, sinceramente, quedei coa boca aberta do que esta compacta de 500 euros é capaz de ofrecer.
Xulgade vós mesmos.
E que conste que para un fotógrafo novicio coma son eu, un ave con tanto branco nun día de sol non resulta cousa fácil, pero con lixeiros retoques dixitais quedou (penso) moi ben. Porque non hai como estar cerca. E hoxe estaba a menos de tres metros. Pablo Gutiérrez, que chegou despois, veu a rastras ata a miña posición para desfrutar un pouco. Ademáis ocorréuselle tirar unhas fotos para que se vise o perto que estábamos.
Con este auténtico luxo de fotos, déixovos ata a próxima.
Unha aperta.
PD: En qué me estou a transformar, miña nai? fotos de raridades todos os días! (Nunca tal pensei; o que fai unha lesión de xeonllo e estar namorado...)

Chasco norteño (Saxicola rubetra)
O Chasco norteño é un paxariño realmente tímido, que non permite aproximación do observador. Menos mal que a miña pequena SX50 equivale a un incríbel tele de 1200 mm. A foto vale para ver, pero espero collela máis perto este Outono. Os que si collín moi cerca, un pouco despois, foron estas limícolas na lagoa da Frouxeira:
Píllara real (Charadrius hiaticula)
Animado pola xornada de onte ou, quén sabe, se inspirado por alguén especial, decidínme a buscar fotos coa máxima calidade posible. E para iso compría achegarse moito ao obxecto, tal como fan a maioría dos colegas fotógrafos. Eu imaxinaba que daquela a calidade final da imaxe había ser moi boa, pero ao chegar a casa e ver as fotos no computador, sinceramente, quedei coa boca aberta do que esta compacta de 500 euros é capaz de ofrecer.
Xulgade vós mesmos.
Pilro semipalmado (Calidris pusilla)
E que conste que para un fotógrafo novicio coma son eu, un ave con tanto branco nun día de sol non resulta cousa fácil, pero con lixeiros retoques dixitais quedou (penso) moi ben. Porque non hai como estar cerca. E hoxe estaba a menos de tres metros. Pablo Gutiérrez, que chegou despois, veu a rastras ata a miña posición para desfrutar un pouco. Ademáis ocorréuselle tirar unhas fotos para que se vise o perto que estábamos.
Soldado na trincheira. En frente, os americanos.
Pilro semipalmado (Calidris pusilla)
Con este auténtico luxo de fotos, déixovos ata a próxima.
Unha aperta.
PD: En qué me estou a transformar, miña nai? fotos de raridades todos os días! (Nunca tal pensei; o que fai unha lesión de xeonllo e estar namorado...)
Unhas fotos realmente espectaculares. E menuda sorte de avistamentos. Quizais o seguinte paso sexa probar con fotos submariñas...que seguro que tamén alí abaixo hai moito que ver
ResponderEliminarTodo será pillar unha cámara submariña, Inés. Ben che creo que alí embaixo hai moito que ver. Pero a miña natureza "mustidisciplinar" (como denominaba Quique Sampedro), non dispón de tempo para abordar todo o que lle gostaría. E moito menos agora.
EliminarUnha aperta.
Muy buenas fotos Xabi, visto lo visto en esta entrada tengo que sacarle más partido a mi SX50.
ResponderEliminarUn saludo.
O que tes que facer é achegarte máis. Non hai más truco, tío. Disparamos desde moi lonxe!!
EliminarUnha aperta
moi bonito ese pilro semipalmado pero a mellor foto e a do soldado atrincheirado.
ResponderEliminarpor fin decidinme a comentar posto que xa nos coñecemos persoalmente.un pracer charlar contigo.
saude.
Pois benvido por estes lares, Marcos. Dí o refrán que máis vale tarde ca nunca. Estás na túa casa.
EliminarUnha aperta
PD: A foto no "frente" foi mérito e idea de Pablo