O encoro das Forcadas está incluída nunha das grellas que cubro para o Atlas de Aves Nidificantes (NH72). Se temos en conta os cambios tremendos que está a haber nalgunhas destas especies é moi importante coñecer o que hai agora.
A temporada reprodutora aínda non rematou ninmoito menos, pero xa podemos catalogala como pobrísima. Logo dunha serie de visitas de control ao longo da Primavera e Verán apenas puiden sacar estes dados provisionais:
- Mergullón pequeno (Tachybaptus ruficollis). Censados 22 individuos adultos (o encoro ten 155 ha de extensión). Observadas 3 parellas con pólos (1+ en todos os casos, algo preocupante) e 7 parellas máis con indicios posibles ou probables de cría. Podemos considerar logo un total aproximado de 10+ parellas nidificantes en 2015. Poucas con respecto a outras temporadas pero aínda así este mergullón segue a ter aquí unha das poboacións máis importantes do norte galego.
- Mergullóns cristados (Podiceps cristatus). Censados 11 adultos, con indicios de cría en dúas parellas. Esta especie comezou a nidificar nas Forcadas hai só cinco anos (falo de memoria), chegando a facelo 5 parellas.
- Lavanco (Anas platyrhynchos). Anátida moi difícil de avaliar debido ás suas preferencias por pequenos regatos tributarios dos humidais principais. Desde logo é unha poboación de escasa importancia, máis aínda este ano (5-10 parellas sendo moi xeneroso)
- Galiña de río (Gallinula chloropus). Aínda quedan en Forcadas, e iso xa é noticia por "Xabalilandia". Como mínimo hai este ano 10 adultos. Penso que 5 parellas, polo menos, deben estar loitando duramente contra o Porco bravo e o Visón americano para sacar adiante as nidadas
- Galiñola negra (Fulica atra). Aplíquese a mesma frase de antes. Censados un máximo de 8-10 adultos aínda que lamentablemente non podo aportar nada positivo sobre a súa situación reprodutora no encoro. Quizá xa non nidifica.

Parella de Mergullóns pequenos (Tachybaptus ruficollis) con poliño
- Mergullóns cristados (Podiceps cristatus). Censados 11 adultos, con indicios de cría en dúas parellas. Esta especie comezou a nidificar nas Forcadas hai só cinco anos (falo de memoria), chegando a facelo 5 parellas.
Mergullón cristado (Podiceps cristatus)
- Lavanco (Anas platyrhynchos). Anátida moi difícil de avaliar debido ás suas preferencias por pequenos regatos tributarios dos humidais principais. Desde logo é unha poboación de escasa importancia, máis aínda este ano (5-10 parellas sendo moi xeneroso)
Lavanco (Anas platyrhynchos) con pitos
- Galiña de río (Gallinula chloropus). Aínda quedan en Forcadas, e iso xa é noticia por "Xabalilandia". Como mínimo hai este ano 10 adultos. Penso que 5 parellas, polo menos, deben estar loitando duramente contra o Porco bravo e o Visón americano para sacar adiante as nidadas
- Galiñola negra (Fulica atra). Aplíquese a mesma frase de antes. Censados un máximo de 8-10 adultos aínda que lamentablemente non podo aportar nada positivo sobre a súa situación reprodutora no encoro. Quizá xa non nidifica.
Galiñola negra (Fulica atra)
E tamén hai aves rapaces. Ademáis do Millafre negro (Milvus migrans), outro colonizador recente, en Forcadas temos Miñatos abelleiros (Pernis apivorus) que con toda seguridade crían aquí desde hai anos.
Hoxe avistaba 3 + 2 exemplares, patrullando eucaliptais próximos á ribeira.
Miñato abelleiro (Pernis apivorus)
E mañá toca actividade social co noso querido mestre José Curt, que vén facer unha breve visita por terras ferrolanas. Toca escoitar.
Milvus migrans, o miñafre negro Xabi, que te confundiches ;) unha aperta!
ResponderEliminarXa molaba xa....(sería a primeira cita propia na comarca en 44 anos!)
EliminarCorrixido. Graciñas Javi.