O pasado fin de semana xuntábamonos unha tropa de carallo par botar o día con José Curt Martínez, institución viva no mundo da divulgación Naturalista.
Xa marcharan dous vellos amigos de Curt, Chema - un tipo estupendo - e Alicia, pero os que quedamos logo do xantar tiramos unha foto de grupo na Frouxeira. Biólogos, naturalistas afeizoados, pescadores, cazadores, ex-cazadores, todos xuntos. Porque outro mundo é posíbel.
Yago Carreño, Pepe Vidal, Malé, Pedro Cruzado, Juan Carlos Epifanio, eu, Eloi Saavedra, Nuria Vázquez e Don José
Coma sempre tivemos tempo a dar unha voltiña polo campo, aínda que as circunstancias non foron as mellores.
E mañá saímos de ferias na Bazan. É moito o choio doméstico que teño pendente para as vacacións, pero tamén disporei de máis tempo para seguir aprendendo de fotografía.
Grandes todos, e en especial o mestre Curt! Mágoa non poder velo desta volta! Espero que o pasarades ben! Apertas, Damián
ResponderEliminarA ver se para a próxima.
EliminarE ti si que és grande Damián. Agora até dispós de tempo para que as persoas cegas "vexan" aves. Iso merece parar todos e darche un merecido aplauso. ;)
Monstro.