Seguidores e seguidoras

lunes, 12 de octubre de 2015

Picapeixe (Alcedo atthis), por fin o collo ben!

     Unha desas aves que non lograba fotografar nunca decentemente era o Picapeixe (Alcedo atthis). Ou ben fuxía antes de disparar ou ben achábase sempre a unha grande distancia.
  Esta mañá, mentras buscaba novidades traídas por "Joaquín" á ría de Ferrol, conseguía por fin unhas boas imaxes deste paxaro espectacular.


     Sorprendentemente dei con un exemplar inusualmente confiado, que parecía non ter medo de min nen dos numerosos paseantes e ciclistas que percorrían o paseio peonil de Neda.
   Pousaba en diferentes salgueiros da pequena marisma do río Belelle e, de cando en vez, botábase na auga na procura dun peixe.  Gostaría de facer algunha captura destas esceas de pesca mais a pouca luz que había nese momento non me permitía poñer unha velocidade o suficientemente rápida sen meterme en ISO´s altísimos. Outra vez será.


     Cánto daría de si este pequeno e degradado humidal cunha mínima xestión medioambiental... Pero esas cousas fantásticas só ocorren en Europa. Volvamos á realidade.


   O Picapeixe comportouse. Perdín moitas fotos debido a que estaba pousado entre numerosa ramallada que estropeaba a maior parte das capturas e ademáis cada vez que pasaba alguén o paseo todo tremía un montón e non podía disparar até que finalizaran as vibracións.


   Finalmente o Picapeixe achegouse até uns 6-8 m de min. E a esa distancia unha bridge moderna ben manexada é un cañón.



   Eran varios anos xa esperando este momento e desfruteino ben desfrutado.

8 comentarios:

  1. Noraboa Xabi, pilláchelo ben.
    Máis que pedir xestión eu conformábame con que fagan cumprir as normas que xa hai e un pouquiño de respeto e cabeciña.

    Peniña non tropezar contigo. Eu estiven por S. Valentín pero xa algo tarde, a partires das 12. Só 6 Biluricos das rochas. Nin unha limi máis.
    Saúdos
    Paco
    Por certo, hoxe á tarde había centos, (dixen ben, centos) de manchiñas brancas diminutas na estrada de Esmelle-S. Xurxo, dos herpetos que estes días cruzaban de noite coa choiva.

    ResponderEliminar
  2. Estráname moito que non estivesen as Píllaras en San Valentín, Paco. Eses son un 1 fixo na quiniela.
    Non se van dalí nin ainda que anden cans na praia.

    O da escabechina anual de anfibios no Carregal mete medo...

    ResponderEliminar
  3. Anda! Pues que buenas imágenes de Martín Pescador, no es nada usual encontrarlo tan cerca yendo a pecho descubierto. Felicidades!

    Sigue buscando, que ya caerá alguna cosa rara. Ese sitio en Neda, y a pesar de su lamentable estado de abandono, tiene buena pinta para algún bicho perdido.

    Pablo

    ResponderEliminar
    Respuestas
    1. Grazas Pablo. Xa que apenas podo sair de Ferrol pois apetecía ver algo diferente, raro. E si que ten boa pinta aquel esteiro. Estouno trillando quincenalmente pero por agora nada.
      Apertas.

      Eliminar
  4. Grandísimas fotos, Xabi, parabéns.

    Miguel A. Fernández

    ResponderEliminar
    Respuestas
    1. Grazas Miguel.Tiven a sorte que me faltou en moitas outras ocasións. Desde logo nunca antes atopara un exemplar tan confiado. Unha pena o tránsito contínuo de paseantes que, como dixen, me fixo perder moitas fotos...

      Eliminar
  5. Hola a todos, son María Ruán, unha afeccionada a esto da observación de aves na contorna de Ferrol e unha namorada deste blog dende que o descubrín o pasado ano, de feito sigo puntualmente todas as vosas publicacións, especialmente as que facedes sobre o entorno das marismas do Belelle que é quizáis por donde eu máis coñezo. Precisamente esta fin de semana estiven nesa zona colaborando coa asociación ecoloxista Néboa Medio ambiente na limpeza que fixeron entre a desembocadura do río Basteiro e a desembocadura do río Belelle, a cantidade de lixo que atopamos alí foi impresionante, moreas de botellas de plástico, montóns de porespan, todos tipo de obxectos: un depósito de gasoliña, cubos, macetas, ... non quería deixar pasar a oportunidade de comentarvos a grande impresión que me causou ver este entorno tan deteriorado e incluso, se queredes, de amosarvos algunha foto.

    ResponderEliminar
    Respuestas
    1. Pídoche desculpas María por non responderte ate agora. Tiven que habilitar moderación de comentarios por culpa duns túzaros e como teño dúas contas de google a veces me armo un lío (son bastante torpe para estas cousas).
      Grazas por comentar e me alegro moito que che goste o meu blogue (son eu só o responsábel). Prométoche que no próximo comentario serás contestada ipso facto.
      Unha aperta e desculpas de novo.

      Eliminar

Para comentar es necesario identificarse con nombre y apellidos