Seguidores e seguidoras

martes, 2 de agosto de 2016

Lagoas de Begonte, 1ª parte. Aves.

  As lagoas de Riocaldo son un conxunto de humidais artificais naturalizados a partir de canteiras abandonadas no concello de Begonte (Lugo).

 Lagoa do Norte

 "As do medio", como chamo eu, tiveron bastante importancia rexional como lugar de cría de anfibios e aves acuáticas durante uns anos ata que morreron, como tantos outros humidais galegos.


  Así e todo nestas alturas podemos alviscar algunha que outra especie ornitolóxica de interese, maiormente bichos en paso migratorio. O máis salientábel hoxe foron 2 Cercetas comúns e 4-5 Biluricos alinegros, que están agora en pleno pico de migración.

 Cercetas (Anas crecca)

 Bilurico alinegro (Tringa ochropus)

Tamén a primeira Folosa das xunqueiras do verán.

 Folosa das xunqueiras (Acrocephalus schoenobaenus)

   Resulta incríbel como os nosos humidais, algúns deles cun grande potencial, semellan case mortos e baleiros de vida se os comparamos con espazos naturais equivalentes doutros territorios peninsulares. Penso nas típicas charcas de Salamanca ou Extremadura, cheas sempre de vida, e as comparacións son certamente odiosas.

"Lagoa do medio"

   Pero aquí nin hai limícolas, nin anátidas, nin tartarugas,....nin anfibios! En toda a mañá apenas achei un metamórfico de Hyla e dous exemplares de perezi! E a culpa desta auténtica hecatombe biolóxica tena principalmente o Cangrexo vermello americán, que se suma á fortísima presión predatoria do Visón americán e de peixes alóctonos como o Black-bass, introducidos tamén polos pescadores (igual que o Cangrexo).
  Ver os encoros de Cecebre ou Sabón e as barreiras de Begonte baleiras completamente de anfibios é unha traxedia ecolóxica sen precedentes. Que aquí parece que o único "terrorismo ecolóxico" son os do Frente de Liberación Animal e as soltas de visóns, pero algúns pescadores e cazadores levan facendo "terrorismo" bastante máis tempo.

Caranguexo vermello (Procambarus clarkii)

  Afortunadamente os Mergullóns cristados viñeron a Begonte para quedarse. Desde principios da década pásada é reprodutor nestas lagoas e noutros humidais do Norte galego


   Hoxe despacheime a gosto con unha familia relativamente confiada. Os 60-70 m. de distancia que había entre nós semellan menos unha vez editadas as fotos da SX60.




 Adulto carrexando un pito no lombo


Mergullón cristado (Podiceps cristatus) adulto con polo
Canon SX60 (focal 247 con zoom dixital a 104x)  ISO: 160  V: 1/640  F: 7,1


Pito de Mergullón Cristado (Podiceps cristatus)
Canon SX60  (Focal 247 mm  ISO 125   V: 1/ 500    F: 6,3)  
Todas as imaxes tiradas sen trípode ou coa cámara apoiada no chan e disparo manual.

  Despois falaremos, como non, de libeliñas.

4 comentarios:

  1. Hola, está muy bien tu blog y muy instructivo. Perdona que la primera vez que comento algo en tu blog sea para pedirte asesoramiento.

    El caso es que ayer tomé unas fotografías de patos y uno de ellos no sé de que especie es (es posible que sea una varidad doméstica de Cairina moschata), si pudieras confirmármelo o, caso contrario, orientarme sobre que especie es te estaría muy agradecido. En esa foto (muy mala por cierto, lo siento pero fue tomada con una cámara mediocre) aparece también otro ánade (había sobre 25) ¿ánade azulón (Anas platyrhynchos)?

    Enlace a Dropbox de la foto: https://dl.dropboxusercontent.com/u/33100030/SAM_0395.JPG

    Para tus apuntes por si te interesa eso es la desembocadura del río Jubia, al lado del molino y además de estas anátidas también pude ver un chorlitejo chico (Charadrius dubius).

    Un saludo y muchas gracias

    ResponderEliminar
    Respuestas
    1. Hola José Carlos. Non pasa nada pola consulta que para iso estamos. Efectivamente é un pato doméstico da especie que citas fuxido dalgunha das moitas coleccións que hai pola zona.E todas as anátidas que podas ver agora nese lugar son case con seguridade Alavancos (Anas platyrhynchos), como ese da foto. O que pasa é que agora non verás machos nupciais, pois están en muda, que se coñece como "eclipse". Todos eles mostran unha plumaxe castaña bastante sosa, tanto xóvenes do ano, femias ou machos adultos.

      Por outra banda paréceme moi estrana esa observación de Píllara pequena (Charadrius dubius) na desembocadura do Xuvia, alomenos se é na zona non estuarina do muíño (máis cara o intermareal podería ser). ¿Non sería un bilurico das rochas (Actitis hypoleucos)?

      Un saúdo e grazas por comentar.

      Eliminar
  2. Sí, puede que fuese algún tipo de andarríos (con mis prismáticos no pude observarlo muy bien) lo que sí que aprecié es que tenía el dorso castaño claro (como el Actitis hypoleucos) y aparte del blanco del vientre también tenía blanco en las alas (no completamente, tal vez una franja alar blanca). Lo que sucedió es que no fui expresamente a ver aves y no llevé mis manuales y lo busqué (de memoria al llegar a casa). Tal vez haya salido en alguna de las fotos (pero como puedes ver son de muy mala calidad para estas cosas) si lo veo en alguna de las fotos lo subo a dropbox y te pongo el enlace.

    ResponderEliminar
    Respuestas
    1. Non fai falta ver as fotos, José Carlos. Xa che digo que era un Bilurico das rochas (Actitis hypoleucos), especie moi abondosa na nosa ría, na que mesmo ten ún dos cuarteis de invernada máis importantes de España, con case 100 exemplares censados algún ano. E dixen ben, "invernada", aínda que esteamos a primeiros de Aosto, pois a cousa migratoria ten os seus propios reloxos.

      No teu "manual" probablemente liches que a Píllara pequena (Charadrius dubius) habita ríos e por iso pensaches nesa especie, en boa lóxica. Pero tes que pensar que eses ríos que ocupa a Píllara non son pequenos regatos como o Xuvia, senón grandes cauces fluviais de llanura, con abondosas illas e ribeiras cheias de praias de area e pedras. OU tamén canteiras abandonadas, como estas de Begonte, onde nidificaba hai uns anos. Pero o Xuvia posúe unha avifauna máis propia dun torrente de montaña, como o Merlo rieiro ou a Lavandeira real. Coas suas beiras cubertas de vexetación caducifolia e o seu curso rápido e estreito non é hábitat axeitado para a Píllara, aínda que pode aparecer no paso migratorio nalgúns hábitats que recorden aos que adoita usar durante a temporada de reprodución. Así pasou hai 2-3 anos, en que atopei un exemplar xuvenil na praia de San Valentín (e máis fercuentemente na Frouxeira, onde é regular nos pasos), pero é raro de ver na costa galega.

      Eliminar

Para comentar es necesario identificarse con nombre y apellidos