Aproveitando que o persoal anda de "resaca" e que vai mal tempo esta mañá achegueime á lagoa da Frouseira, en Valdoviño (A Coruña). A canle xa está aberta pero debido á preamar a lagoa estaba bastante chea (nos próximos meses a súa dinámica será estuarina, case coma unha ría).
Anatídeas na ribeira norte
Non levei o telescopio, que está pendente de "entrar en quirófano" (un pequeno accidente...). Mais entre os binóculos e o teleobxectivo da cámara amañei para facer un censo bastante digno. Poño os dados das acuáticas contadas hoxe:
- 1 Cisne mudo (Cygnus olor). Non hai quen o bote dalí....
- 2 Patos cullereiros europeos (Spatula clypeata)
- 80+ Patos cincentos (Mareca strepera). Seguramente habería 100+
- Aproximadamente 400+ lavancos reais (Anas plathyrhynchos). Sen telescopio é difícil precisar esta especie, que se espalla por todo o vaso lagunar
- 25 Cercetas comúns (Anas crecca) aprox. Moi lonxe
- 3 Patos cristados (Aythya fuligula)
- 90 Merguilletes comúns (Tachybaptus ruficollis) contados mediante fotografías (as cámaras tamén serven para iso). Había algún máis
- 81 Galos de auga (Fulica atra), contados tamén en foto, aínda que neste caso a cifra pode non ser exacta. Os tempos en que nestas alturas do ano había centos deles pasaron á historia.
- 1 Píllara real (Charadrius hiaticula)
- 1 Bilurico das rochas (Actitis hypoleucos)
- 20-25 Pilros comúns (Calidris alpina)
- + Gaivotas de patas amarelas (Larus michahellis)
- + Mascatos comúns (Morus bassanus) pasando en migración diante da praia
- 15 Corvos mariños grandes (Phalacrocorax carbo)
- 4 Garzas reais (Ardea cinerea)
- 1 Aguia pescadora (Pandion haliaetus)
- 1 Tartaraña das xunqueiras (Circus aeruginosus)
Patos cincentos (Mareca strepera) e pilros comúns (Calidris alpina)
Grupo de galos de auga (Fulica atra)
Grupo de merguilletes (Tachybaptus ruficollis)
Bon, a lagoa está xa 100% operativa para a sedimentación de acuáticas grazas á apertura mecánica da canle e posterior baleirado. A desfrutar da invernada.
¡Jo, tío qué envidia! A mí, la mitad de todo esto ya me valdría para cualquiera de los embalses cercanos a Coruña, a estas alturas del año. Un abrazo y gracias por tenernos al tanto.
ResponderEliminarGrazas, José. Si que están mal os encoros coruñeses. Especialmente Sabón (consulto sempre as listas que sobe Xabi Varela a ebird). Pero bueno, en Cecebre tedes un paso de outono ben chulo, con limicolada variada, ardeidos, moritos,...
EliminarA verdade é que A Frouseira foi sempre un humidal destacado a nivel galego pero nestes anos de pobreza xeralizada destaca aínda máis (Vixán tamén ten bastante cousa). E ollo, que no censo de onte falta o abetouro. Xa sabes que eu o considero invernante regular en número de 1-2 indiv, pero para velo hai que dedicarlle tempo co telescopio e eu agora fago "visitas de médico" e moi esporádicas, por motivos que xa imaxinas.
Un abrazo, mestre.
Otro abrazo grande para ti, Xabi. Seguro que el "bruión" aparecerá tarde o temprano, quizá un poco más metido el invierno. Ya nos contarás.
ResponderEliminar