Esta mañá fixen unha última mostraxe de control en Moeche. Antes, coma sempre, tocaba espera de mamíferos (entre as 7,00 e as 8,15 h), que non foi moi produtiva.
"As Regas" (Moeche), 7,20 h
Fotografía co teléfone Samsung A52 en modo automático
"As Regas" (Moeche), 7,50 h
Fotografía co teléfone Samsung A52 en modo automático
No camiño aparecían novas pegadas, desta volta ourizo cacho seguramente, mais o chan estaba tan seco que non se vían nada ben:
Probábeis pegadas de ourizo cacho (Erinaceus europaeus)
O rectángulo da chave mide 6,5 cm de longo
Logo do visto hoxe e estes últimos días podemos confirmar que os 5 machos dos territorios controlados seguen vivos. Hoxe observaba a M5, a F5 e cando menos un voantón. Así pois, o gabián (Accipiter nisus) debeu capturar un exemplar que estaba de nomadeo/migración ou ben doutro territorio (hai algún máis fóra da área de mostraxe habitual).
Picanzo vermello (Lanius collurio) macho M5. Toma moi recurtada
OM-1 + Zuiko 100-400 mm ISO:400 V:1/1600 F:6,3
Picanzo vermello (Lanius collurio) femia F5. Toma moi recurtada
M5 semellaba "relativamente" confiado, tendo en conta o carácter extremadamente fuxidío da especie, e puiden disparar unha serie de fotos onde podemos apreciar o estado deteriorado da súa plumaxe, especialmente as rectrices (as plumas da cola) e primarias (nas ás).
M5 en vóo
M5 pousando para Bichos e demáis familia
Arrepíntome moito de ter vendido a Nikon P1000. Para estas aves tan tímidas que non permiten achegarte a menos de 50 ou 100 m non hai nada mellor, nin OM-1 nin full frame nin gaitas.
M5 revisando as primarias
Por certo que segue por aló o cuco xuvenil, outro bicho nada doado de fotografar.
Cuco (Cuculus canorus)
Finalizamos con varios zigópteros atopados á beira do Xuvia. Aquí si que é un pepino a OM-1 co Zuiko. A ver se recupero o pulso perdido para non ter que irme a velocidades tan altas.
Gaiteiro azul (Calopteryx virgo) macho
OM-1 + Zuiko 100-400 mm ISO:800 V:1/640 F:9
Gaiteiro azul (Calopteryx haemorrhoidalis) femia
OM-1 + Zuiko 100-400 mm ISO:400 V:1/640 F:7,1
Ben, estamos en agosto. Comeza a migración quizá máis esperada polos ornitólogos: a das limícolas. En canto se poña vento de SW haberá que comezar a controlar os humidais habituais e ir esquecendo os meus queridos campos de Moeche (que tanta vida me deron nestes dous meses tan difíciles).
Ningún comentario:
Publicar un comentario
Para comentar es necesario identificarse con nombre y apellidos