Seguidores e seguidoras

mércores, 28 de agosto de 2024

28/08/2024 Lagoa de Valdoviño, visita de control

 Cando digo que estou "mellor" anímicamente non quer dicir que estea ben (os danos emocionais foron terríbeis e probablemente serán permanentes). Onte tiven unha recaída importante e hoxe tomaba a mañá libre para relaxarme na lagoa da Frouseira, que segue aberta.

Limícolas no intermareal

  Estamos xa nas datas ideais para a pasaxe de limícolas (finais de agosto a primeiros de outubro). Só é necesario que os ventos viren a compoente suroeste para que o intermareal se encha de aves. Polo de agora dominan os de compoente norte, que traen moita nubosidade e temperaturas frescas, mas poucas limis. Esta mañá realizaba un censo completo con estes resultados:

  • ++ Patos cincentos (Mareca strepera). Repito que durante a fase de muda non censo as anatídeas reprodutoras polo tempo de observación que iso implica
  • ++ Lavancos reais (Anas platyrhynchos). Como digo non os censei pero así a ollo nótase claramente que hai menos patos que a principios do verao. Deberon sair en dispersión grupos de machos para mancar noutros humidais
  • 9 Cercetas eurasiáticas (Anas crecca)
  • 7 Mergulletes comúns (Tachybaptus ruficollis)
  • + Zurrascas eurasiáticas (Rallus aquaticus). Escoitados varios adultos e observados 2 xuvenís do ano na zona da "Pesqueira"
  • 7 Galos de auga comúns (Fulica atra)
  • 7 Píllaras reais (Charadrius hiaticula)
  • 1 Mazarico real (Numenius arquata)
  • 1 Arceúcha das brañas (Gallinago gallinago). Haberá que afacerse ao novo nome consensuado para a becacina de toda a vida. Vaime custar...
  • 8 Biluricos das rochas (Actitis hypoleucos)
  • 1 Bilurico manchado (Tringa glareola) no intermareal
  • 1 Bilurico pativerde (Trinta nebularia)
  • 1 Pilro groso (Calidris canutus)
  • 20 Pilros tridáctilos (Calidris alba)
  • 6 Pilros comúns (Calidris alpina)
  • + Gaivotas típicas. N.C
  • 1 Cegoña branca (Ciconia ciconia). Hai anos sería algo extraordinario. Xa non; de feito entereime que este ano criou unha parella en Narón, concello limítrofe con Ferrol. Non direi que me alegre por esta (mala) nova
  • 2 Corvos mariños grandes (Phalacrocorax carbo)
  • + Garzas reais (Ardea cinerea)
  • 1 Cullereiro común (Platalea leucorodia)

Cegoña branca (Ciconia ciconia)
OM-1 + Zuiko 100-400   ISO:400   V:1/640    F:7,1

Mazarico real (Numenius arquata)

Pilros tridáctilos (Calidris alba)

 Un grupiño de limícolas estaban nunha lameira próxima ao paseio peonil e puiden tomar fotos decentes. Aínda así a distancia era dabondo para o Zuiko e houbo que recurtar todas as imaxes.

Bilurico pativerde (Tringa nebularia)
OM-1 + Zuiko 100-400 mm  ISO:400    V:1/640   F:6,3

Bilurico pativerde (Tringa nebularia)
OM-1 + Zuiko 100-400 mm  ISO:800    V:1/800   F:7,1

 Os biluricos pativerdes son aves moi activas que perseguen alevíns de peixe ou camaróns nas canles de baixamar en rías ou lagoas litorais. É necesario empregar velocidades de obturación rápidas se queremos collelos ben mentras corren dun lado cara outro.

Bilurico pativerde (Tringa nebularia)
OM-1 + Zuiko 100-400 mm  ISO:800    V:1/800   F:7,1

Bilurico pativerde (Tringa nebularia)
OM-1 + Zuiko 100-400 mm  ISO:800    V:1/1000   F:7,1

Bilurico pativerde (Tringa nebularia)
OM-1 + Zuiko 100-400 mm  ISO:800    V:1/1000   F:7,1

 O pilro groso é moito máis tranquilo, aínda que este exemplar estaba máis lonxe (e con pior luz):

Pilro groso (Calidris canutus)
OM-1 + Zuiko 100-400 mm   ISO:800     V:1/500    F:7,1

Pilro groso (Calidris canutus) e tridáctilo (Calidris alba)
OM-1 + Zuiko 100-400 mm   ISO:800     V:1/640    F:7,1

Pilro groso (Calidris canutus). Toma moi recurtada
OM-1 + Zuiko 100-400 mm   ISO:200     V:1/500    F:7,1

Os que se achegaron a "distancia reflex" foron os pilros tridáctilos:

Pilro tridáctilo (Calidris alba)
OM-1 + Zuiko 100-400 mm   ISO:400     V:1/500    F:7,1

Pilros tridáctilos (Calidris alba)

Pilro tridáctilo (Calidris alba)
OM-1 + Zuiko 100-400 mm   ISO:400     V:1/500    F:7,1

Pilro tridáctilo (Calidris alba)
OM-1 + Zuiko 100-400 mm   ISO:800     V:1/1000    F:7,1

 Fico coa dúbida de cómo serían as fotos de hoxe de teren a Nikon P1000, a Nikon B700, a Canon SX60 ou mesmo a Canon SX70 (un modelo que non me convence de todo como xa expliquei). Porque non acabo de ver a diferencia de calidade que se esperaría nunha equipa moitísimo mais cara como é a OM-1 + Zuiko 100-400. Que si, que tes mais desenfoque e calidade, pero ao final coa equipa mirror less sempre tes que recurtar moito as fotos porque a focal é moi xusta para o tipo de fotografía que eu fago (hoxe cunha boa bridge case non tería que retocar as imaxes orixinais). Certo é que tiña o duplicador MC1,4x no maleteiro de carro. Terei que facer unha comparativa coa SX60 neste tipo de circunstancias (xa sabemos que a distancias curtas ou con pouca luz non hai comparativa posíbel).

2 comentarios:

  1. O pampo de maio (Numenius arquata) andaba o outro fin de semana polos campos da Taraza de Meirás.
    Íache comentar e esqueceume

    ResponderEliminar
    Respostas
    1. Unha matización. O pampo de maio é Numenius phaeopus, non Numenius arquata, mazarico real de toda a vida. En Taraza sería con certeza un pampo de maio.

      Eliminar

Para comentar es necesario identificarse con nombre y apellidos