Finalmente as vacacións tiveron un importante efecto terapéutico logo de sufrir uns meses de xuño e xullo terriblemente duros, con moitos días e noites de dor insoportable. Agora xa estou traballando sen problemas e, digamos, facendo vida case normal. En momentos pontuais volvo virme abaixo pero cada vez ocorre con menor frecuencia; e a depresión severa semella ter quedado atrás. De feito nestas últimas dúas semanas recuperei mesmo o sentido do humor - que tiña completamente morto - e volvín a rír con ganas, bromeando con amigos ou compañeiros de traballo. Un bon sinal.
Quedan por pasar momentos difíciles, coma o día do cumpreanos de María, o Nadal (datas sempre moi propensas á nostalxia) ou cando chegue o aniversario do seu falecemento. E penso que certos danos emocionais serán permanentes. Porén sinto que estou xa noutra fase moito máis levadeira. Sen dúbida a Natureza foi esencial nesta recuperación e moi especialmente o traballo posterior ás saídas preparando as entradas do blogue, algunhas de carácter persoal, porque o necesitaba. "Bichos e demáis familia" deume moita vida e foi a luz que iluminou esa noite escura que me tocou vivir.
Neste esperanzador mencer vital afronto a "nova normalidade" co ánimo máis forte e a mente máis serena. E volvo dar as grazas a todos e todas os que me estivéchedes a animar ou preguntando polo meu estado. Como vedes, en fase de recuperación.
Termino cunha foto moi especial (tomada por "Colón"). Foi unha toma completamemte espontánea que me fixo na lagoa da Frouseira en 2013, mentras eu divagaba pensando na persoa da que me namorara ese verán (diversas circunstancias, sobre todo a distancia, impediron que a relación funcionase até moito despois).
Unha aperta grande Xabi. Alégrame lerte. Teu amigo, Damián
ResponderEliminarGrazas, Damián. O luns cando entraba a traballar no asteleiro vin esa lúa vermella (non retoquei a cor, era tal cual). Levaba a cámara no maleteiro e non me resistín. Esa imaxe inspiroume a escreber este post.
EliminarQue bonito é ler estás palabras, Xabi. Unha aperts moi grande!
ResponderEliminarInés González
Outra, Inés.
Eliminar