Seguidores e seguidoras

domingo, 13 de outubro de 2024

13/10/2024 Un ibis moi mansiño

  O ibis mouro (Plegadis falcinellus) semella un mazarico por aspecto mas é dunha familia completamente distinta á das limícolas: a familia Threskiornidae. Cando comecei bichear hai corenta anos case nin había citas en Galiza. Co cambio de século as súas poboacións no sur de Europa comezaron a medrar moito e a especie iniciou unha grande expansión nas súas migracións, achegándose cada vez máis ao norte da Península.

Ibis mouros (Plegadis falcinellus) na lagoa de Valdoviño, marzo de 2012
Canon EOS 50D + Canon 100-300 mm

   Por aquí a primeira irrupción importante foi en 2012, con 17 exemplares sedimentados na lagoa da Frouseira (Valdoviño). Máis tarde habería entradas aínda maiores. En febreiro de 2022 contaba un bando de 57 ibis nos campos da Veiga de Pumar (Cospeito). 

Ibis mouros (Plegadis falcinellus) na Veiga de Pumar (Cospeito), febreiro de 2022
Panasonic G7 + Panasonic 100-300 mm

Ibis mouro (Plegadis falcinellus) en vóo
Sony RX10 III focal 600 mm equiv   ISO:250   V:1/800   F:4

   Estes días informábame Óscar López da presenza dun ibis nos campiños que hai xunto ao aparcadoiro da praia da Frouseira. Hoxe pola mañá decidín facer unha serie fotográfica con el, aínda que permanecía nunha zona de sombra moi escura, antes da saída do sol.

Ibis mouro (Plegadis falcinellus)
Olympus OM1 + Zuiko 100-400 mm f:6,3    ISO:1600     V:1/500    F:6,3

  O sitio onde se alimentaba de lombrices de terra non era moi bonito, pero alí estaba.


Ibis mouro (Plegadis falcinellus)
Olympus OM1 + Zuiko 100-400 mm f:6,3    ISO:1600     V:1/500    F:6,3

Ibis mouro (Plegadis falcinellus
Olympus OM1 + Zuiko 100-400 mm   f:6,3    ISO:1600     V:1/500    F:6,3

   Despois dunha hora de espera o sol comezou a dar no campeiro e o ibis foi meténdose pouco a pouco na zona iluminada. Porén estaba case a contraluz e tiven que buscar ben un sitio decente desde o que poder fotografalo. 

Ibis mouro (Plegadis falcinellus)
Olympus OM1 + Zuiko 100-400 mm  f:6,3    ISO:200     V:1/500    F:6,3

     Probei a subir ao campo onde se alimentaba para collelo co sol de costas. O malo foi que entón o ángulo era pior, por aquilo do fondo e o encuadre.

Ibis mouro (Plegadis falcinellus)
Olympus OM1 + Zuiko 100-400 mm  f:6,3    ISO:200     V:1/500    F:6,3


    A pesares de non poder tomar as fotos que eu gostaría foi unha experiencia marabillosa pois comprobei que se trataba dun ibis mouro extremadamente manso. Non esaxero se digo que chegou a poñerse ao alcanzo da miña mao, case literalmente (estas últimas fotos foron feitas con focal 150 mm porque se ía fóra do encuadre).

Ibis mouro (Plegadis falcinellus)
Olympus OM1 + Zuiko 100-400 mm  f:6,3    ISO:200     V:1/500    F:6,3

  Por desgraza, cando máis perto o tiña e mellor me estaba a posicionar pasou o de sempre. Un can chegou xusto canda min para asustar o ibis, que saíu voando, rompendo ese momento máxico. O dono (un vello ao que me deron ganas de matar) nin se inmutou. Víu perfectamente que eu estaba deitado no campo cunha cámara disparando ao ibis e non fixo amago sequer de chamar ao can nin de pedir perdón despois. Miraba para min, esperando que lle dera as grazas supoño, mentras eu o fulminaba coa mirada. Así son o 90% dos mascotistas e por iso eu xa non perdo o tempo falando con esa tropa. Por cada ún que razona atopas nove que aínda teñen que dicir os moi jetas. Pero sábense inmunes (lembremos que por ese aparcadoiro pasa a diario a Guardia civil e a Policía Local sen que multen a ninguén por levar o can solto, algo que proíbe a lei galega 4 de Outubro de 2017).

  Despídome cunhas fotos de Óscar, un fotógrafo que provén da fotografía artística e agora comeza a traballar as aves. E moi ben, como podedes ver.

Ibis mouro (Plegadis falcinellus). Foto: Óscar López
Canon 90D + Sigma 150-600 mm

Ibis mouro (Plegadis falcinellus). Foto: Óscar López
Canon 90D + Sigma 150-600 mm

    E con esta fotaza de Óscar rematamos por hoxe. Espero que sexa a primeira de moitas colaboracións súas neste blogue.

6 comentarios:

  1. Enhorabuena, Xabi y Óscar. Parece que el ibis mouro se me va a salir de la pantalla y va a metérseme en casa, qué bárbaro...

    ResponderEliminar
    Respostas
    1. Na miña vida vin cousa parecida, Jose. Deiteime no campo e achegouse a, non sei, metro e medio ou así. Quizá menos. Un momento marabilloso, ata que apareceron os de sempre.

      Eliminar
    2. Gracias Jose , como bien dice Xabier se acerca muchísimo y lo que me da miedo es que alguien con perro suelto o por hacer el imbe….cil termine con el pobre donde no debe estar .Yo lo veo a diario y procuro pasar por allí para ver si sigue estando.

      Eliminar
  2. Sí, Óscar, si acabarán escabechándolo, siendo tan manso, aunque no me extraña, porque por el plumaje quizá sea un ave de 1º año. Casi sería mejor espantarlo, la verdad, porque cualquier día sólo vais a encontrar unas cuantas plumas. Estupendas fotos , y muchas gracias por avisar vía Xabi

    ResponderEliminar
    Respostas
    1. A todo isto supoñemos que é un bicho de Doñana ou Delta do Ebro, non si?

      Eliminar
  3. Podría ser, pero también podría ser francés (creo que crían en el Lac de Grand Lieu).

    ResponderEliminar

Para comentar es necesario identificarse con nombre y apellidos