Unha vez máis dediquei varias horas a prospectar as ladeiras da Ruferta, no sector oriental da Lastra, onde teñen anidado dous paseriformes rarísimos en Galiza: a Escribenta das hortas (Emberiza hortulana) e a Papuxa tomiñeira (Sylvia conspicillata). E, como vén sendo habitual últimamente, sen resultados positivos. Certo é que eu non emprego reclamos para a detección, pero semella que esas dúas especies son xa historia na zona da Ruferta. Únicamente observei diferentes papuxas comúns.
Papuxa montesa (Sylvia undata)
Papuxa carrasqueira (Sylvia cantillans). Había exemplares levando bicada para o niño.
As fotos das inquedas papuxas, metidas sempre entre o mato, son todo un desafío para este pobre fotógrafo armado cunha compacta bridge ¿Por qué non se poderán afotar tan ben coma os Chascos?
Chasco común (Saxicola torquata)
E cando máis concentrado estaba, intentando descifrar os ruidosos cantos das papuxas, tivo a ben aparecer un Peto formigueiro (Jynx torquilla), que se pousou ben á vista nunha sebe. Á vista, claro, pero no quinto pino. A base de meter ISO e pasalo polo photoshop case que se distingue a especie.. Non obstante é un valioso documento, porque este pícido é moi escaso fóra da provincia de Ourense.
Na zona (UTM 0671 4707) había moitos insectos chamativos ocupando case todas as prantas con follas ou flores. Este escarabello é un tenébrido, probablemente un Helitaurus ruficollis (grazas de novo Toñito!!)
A seguinte foto é de dúas Chinches escudo. Concretamente Graphosoma italicum, ou similar (seguro que hai tropecientas especies moi parecidas). Creo que pertence ao tipo de chinches vexetarianas, pois tamén hai moitas carnívoras, e de picadura moi dolorosa!!.
Chinche escudo (Graphosoma sp)
Por aló tamén vin o primeiro Vesporón (Vespa crabro) da temporada. Vai pedazo bicho, por certo.
Cambiando de aires, despraceime ata os acantilados de Cobas, a ver se polo menos avistaba algunha das grandes aves rapaces que anidan na Enciña da Lastra.
E, ao pouco de chegar, apareceu precisamente un Voitre branco. Os ceos cubertos e a enorme distancia á que ciclaba o Voitre impediron calquera cousa que non fose unha foto testemuñal:
Voitre branco (Neophron percnopterus)
Un Merlo azul (Monticola solitarius) cantaba por aló. Pero se hai un ave de acantilado desconfiada é o merlo azul. A ese, nin foto testemuñal nin hostias en vinagre.
Por último, nunha fonte construida nun roteiro do parque natural, nadaban varias larvas de Píntega. Saqueina un momento para retratar, e para que se fose acostumando á terra firme, onde terá que sobrevivir logo da metamorfose.
Píntega común (Salamandra salamandra gallaica). Larva.
Ben, ata o segundo capítulo.

Peto formigueiro (Jynx torquilla)
Un Miñato abelleiro pasou voando a media altura. Na Lastra existen numerosas colmeas e o abelleiro é unha rapaz ben doada de ver. Coa que está caendo sobre a poboación europea de abellas, non creo que aos apicultores lles moleste a pequena incidencia por predación do Pernis "api-vorus"..
Miñato abelleiro (Pernis apivorus)
Nesta época do ano, as Mapoulas (Papaver rhoeas) danlle cor ás terras baldías e beiras secas dos camiños.

Boas xabi, ese escarabello pode que sexa Heliotaurus ruficollis? ten toda a pinta, Gústalle canta flor encontra.
ResponderEliminarPor certo unha fermosura esa píntega unha foto preciosa.
Un saúdo.
Xa corrixín o texto. Desde logo por cores, élitros e patas ten toda a pinta.
ResponderEliminarDesde logo dá gusto ter seguidores así. Facedes a vida máis fácil a este aprendiz de todo..