Seguidores e seguidoras

venres, 29 de xuño de 2012

Folosa manchada (Locustella naevia), outra máis!


  A Folosa manchada (Locustella naevia) é unha gran descoñecida para a maior parte dos ornitólogos galegos (eu incluído). Apenas hai cousas publicadas sobre ela e a información sobre a súa situación na nosa terra é bastante cativa, polo que sei. Algo normal se temos en conta os discretos hábitos deste sílvido, a pesares de que o seu delator canto é relativamente fácil de detectar se buscamos nos hábitats e momentos propicios.

  Ao longo desta Primavera, foron numerosas as observacións que tivemos no concello coruñés de Valdoviño. A grandes rasgos podemos resumir que todas estas citas corresponderían, con bastante probabilidade, a tres territorios diferentes, ubicados ún deles perto da praia da Frouxeira, na vila de Valdoviño,  e dous máis nos prados de Taraza, en Meirás. Prospectáronse varias parcelas potenciais (onde houbo rexistros en anos anteriores) pero polo de agora con resultados negativos. Que conste que para realizar un estudo mínimamente serio desta especie sería imprescindíbel realizar escoitas nocturnas e nós só facemos transectos diurnos. Persoalmente, e a falta dun seguimento máis rigoroso, considero probable un número de 3-5 parellas en terras do concello na actualidade, incluíndo a lagoa. Alí a especie case desapareceu, pero aínda debe quedar algunha parella (o ano pasado detectei un macho cantor na medio da canaveira en plena estación reprodutora).

  No meu paseo matutino de hoxe, localicei un macho cantor de Folosa manchada en Taraza, no seu "hábitat tipo": prados asilvestrados con vexetación de media altura e silvas polo medio



 Con moito cuidado fun aproximándome, pois quería ter unha observación cercana, a ver se era posible ver novos indicios de cría. Os movimentos moi lentos, sen brusquedades, son vitais nestas circunstancias, dado o exposto que está o observador nestes espazos abertos.


  Non me gostan nada os vídeos na rede (prefiro a fotografía), pero neste caso farei unha excepción. Penso que é interesante, pois recolle o canto característico da Folosa manchada (empeza pasados uns segundos). Perdoade o "Parkinson" prematuro do autor. Era o meu primeiro vídeo...
 A imaxe é lamentable, seino, pero o importante é o son .


  As Folosas manchadas poden ser moi mansas ás veces, como comprobei mentras observaba a construción do niño por parte delas en Abril (aquí). Hoxe este macho cantor permitíu que me achegara ata uns tres metros de distancia. Debeu verme pinta de besta, como as que andan pacendo por alí, e non escapou, permanecendo moi tranquilo na súa percha, mentras me miraba e seguía a cantar como se nada.


   Entre que eu estaba un pouco sorprendido pola confianza do bicho, e que estaba tamén medio enredado polas silveiras que me pinchaban as pernas, pois non fixen unha escolla demasiado boa na configuración da cámara. Porque as fotos, que están ben, podían saír moito mellor. Pero nestes casos o prioritario é o valor documental.



Seguiremos informando.

3 comentarios:

  1. Hola

    Soy Fran Nieto, y quería hablar contigo. Mándame un mail para poder contactar, que no lo tengo.

    franieto arroba gmail punto com

    Nos vemos.

    ResponderEliminar
  2. gry dla dzieci Gry online w ciagu pomoca dojrzalej, szczwanej rozrywki.Ciag rozgrywek Diablo powstala coraz w ubieglym czasu. Pierwsza czesc bajdzie powstala w 1997 roku. Na stopniowa czesc przyszlo nam czekac 3 leci albowiem juz w 2000 na targowisko weszla sukcesywna czesc gawedzie w

    ResponderEliminar
  3. gry dla dzieci Gry online gniazda pojawia sie tedy ochranianie o infrastrukture. W tym miejscu dla nie istnieje bezposrednio przyspieszenie gniazda, jednak dosc spokój mieszkanców, poniewaz owo od chwili nich beda plynac kasa niezbedne az do podjecia dzialan.Coraz czyli

    ResponderEliminar

Para comentar es necesario identificarse con nombre y apellidos