Seguidores e seguidoras

domingo, 24 de xuño de 2012

Saída entomolóxica da SGHN

 Para este sábado estaba programada unha excursión da SGHN para aprender un pouco sobre entomoloxía da mao de Pablo Torrella, ún dos nosos especialistas. Escollimos a Serra da Capelada, pero tivemos que limitarnos a un par de transectos curtos por pistas, sen meternos ao monte (sigo medio "coxo").


 Como adoita pasar nestes casos, ademáis de invertebrados houbo tempo para observar moitas máis cousas. A abundancia de Felgos espectaculares (Osmunda regalis ou Woodwardia radicans) e Equisetos (Equisetum sp) danlle un toque certamente prehistórico á zona.

                                                                      Equisetum sp

 A existencia de pías artificiais e de regatos con augas cristalinas ofrece a posibilidade de fotografar aos anfibios no seu medio natural sen ter que manipulalos, cousa que eu agradezo especialmente:

                                          Tritón palmado (Lissotriton helveticus) femia

                                              Tritón palmado (Lissotriton helveticus) macho

                                                       Tritón común (Lissotriton Boscai) macho

 A carón dun charco ateigado de cucharóns de Sapo raxado (Discoglossus galganoi) atopamos este adulto da mesma especie. Tamén é coñecido coma Rá das Veigas, aínda que (para entendernos) non é nin rá nin sapo...

                                                         Sapo raxado (Discoglossus galganoi)

 Logo xa nos puxemos en faena. Tocaba insectos. Éste é un escarabeido "melolóntido", unha subfamilia de escarabellos fitófagos, cuxas larvas se alimentan de raíces. Os adultos desta e doutras especies parecidas voan durante as noites nesta época do ano, motivo polo que se coñecen como "Escarabellos de San Xoan"

                                                                   Melolóntido (fam. scarabeidae)

 Polas cunetas observamos varios tipos de Crisomélidos (Chrysomelidae) e varios Oedeméridos (Oedemeridae). Nunha flor observamos unha escena de caza sen éxito. Unha araña cangrexo (Thomisidae) andaba detrás dun Oedemera nobilis, con intención de cazalo, pero parece que non o tiña claro de todo e finalmente non se decidiu a botarse sobre a presa.


 Porque onde hai insectos...hai arañas, que son os seus depredadores. Encontramos unha Licosa (Lycosidae) portando o saco de ovos no ventre. Pousou moi ben para a foto. Así dá gusto...

                                                                 Licosa (Lycosidae)

 Non faltaban todo tipo de odonatos, como estas Donceliñas de Mercurio (Coenagrion merculiale), identificadas coa axuda do colega Cosme Damián.

                                                            Parella de Coenagrion mercuriale

Esta Libeliña pertence á familia Libellulidae, que son Libélulas tipo "frecha" (cazadoras ao axexo desde un pousadoiro), concretamente un macho xoven de Lavacú de Fonscolombe (Sympetrum Fonscolombii,  pa´los amigos)

                                                                         Sympetrum Fonscolombii (xuv.)

 Pablo parouse a investigar unha bosta de vaca. Ao parecer resultou ser unha mina, onde había todo un ecosistema completo, con larvas de insectos e os seus depredadores. Como se aprecia polos tenis e o chándal, detrás de Pablo estaba o típico quinqui ferrolán, pulindo costo...


 A pesares de que na medicina ayurvédica a bosta das vacas se considera un antiséptico, o emprego das pinzas non está de máis nestes casos. Sobre todo tendo en conta que íamos xantar de bocadillo (por aquilo de non mezclar sabores)


 Como despedida, encontramos este Escáncer (Angis fragilis) baixo unha goma, durante un transecto forestal


 A ver se na próxima saída deste tipo estou xa plenamente operativo..

9 comentarios:

  1. Ola meu!

    A parella de Coenagrion son Coenagrion mercuriale, donceliña de Mercurio. Está protexida.

    A outra é un macho xove de Sympetrum fonscolombii, lavacú de Fonscolombe. Moi frecuente algúns anos.

    Recoméndoche vivamente: Dijkstra, K. D. B. & Lewington, R. 2007. Field guide to the Dragonflies of Britain and Europe. British Wildlife Publishing.

    Por certo, completo, interesante e simpático post. Parabéns.

    Saúdos desde Holanda,
    Damián

    ResponderEliminar
  2. Olá, rapás:

    Xa modifico o texto con esas correccións. A verdade é que pensei tamén nun xuvenil e no xénero Sympetrum, pero xa sabes que a Chinery non dá para moito.
    E agradézoche a recomendación, pero lembra que "non está o forno para bolos". Por suposto que me encantaría poder ampliar un pouco a miña biblioteca, pero a compra de guías é agora mesmo a última das miñas prioridades
    Graciñas polo comentario e xa me contarás as batallitas de Holanda cando voltes.
    Un abrazo.

    ResponderEliminar
  3. Hola, no es por ser tiquismiquis (bueno, si, lo soy, pero no me lo tengas en cuenta), pero sería posible que cuando uses el nombre cientifico, ¿lo diferenciaras del texto?; con cursiva o algo... Lo digo sin ánimo de resultar repelente, créeme. Si te he molestado, mis disculpas. POr lo demás, he aluciando con las fotos...sobre todo con la de la araña O_O

    http://es.wikipedia.org/wiki/Nomenclatura_binomial

    Saludos

    Inés :)

    ResponderEliminar
  4. Olá, Inés:

    Non me parece mal en absoluto esa corrección que fás. De feito nas publicacións científicas é obrigado o uso da cursiva nos nomes científicos. Se non o poño non é porque non queira, senón por despiste. Pero tes toda a razón en que é mellor aplicar a norma.
    Xa o modifiquei. Graciñas polo comentario e alégrome de que che gosten as fotos. A da Licosa sorprendeume ata a mín (case non parece que a fixera eu...)

    ResponderEliminar
  5. Ola!

    Tés razón Inés. Eu ao escribir no móbil non puxen cursiva por ir rápido.

    Saúde,
    Damián

    ResponderEliminar
  6. Ola, Xabi e o resto:

    Parabens pola entrada e si, ten razón Maeglin co do texto en cursiva, de feito estaría máis que ben... Vale, si, xa vedes, recoñezo que son un repugnante e o dos nomes sen ir en cursiva é algo que me arrepía de sempre. De feito, se estivéramos escribindo a man, deberíamos sinalar o nome científico suliñándolo.

    Tamén é de recoñecer que ese detalle non chega en absoluto a empañar en ningún momento o teu blog, que reborda vida por todas partes.

    Unha aperta,

    Pablo Torrella

    ResponderEliminar
  7. Benvido a este blogue, Pablo!

    O da cursiva xa é auga pasada (fíxate que xa o cambiei). O que pasa é que eu non teño eses automatismos que a xente que publicades, coma ti ou Damián, xa facedes de memoria.

    Graciñas polo comentario e estás na túa casa.

    Unha aperta

    PD: Ningunha corrección que me fagades para mellorar a escrita me vai parecer mal xamáis. Porque, podedes estar seguros e seguras, ninguén é máis repunante ca min no que á correcta comunicación se refire.

    ResponderEliminar
  8. Hola:
    Vendo as fotos supoño que pasastedes por diante da miña casa, pero eu ese día non andaba por alí, se non aínda había de intentar "acoplarme" á expedición, que queda moito por aprender. Saúdos

    ResponderEliminar
  9. Olá Juan:

    Pois non sei onde vives, pero nós subimos ata Meizoso desde Landoi. Se te apetece podes pasarme o teu contacto ao correo persoal (xabi.prieto@yahoo.es) e a próxima vez que ande por ahí podo avisarte.

    Graciñas por comentar e benvido!

    ResponderEliminar

Para comentar es necesario identificarse con nombre y apellidos