O último día, un pouco canso de camiñar polo monte, tomeimo con máis tranquilidade e papei bastante coche. Do día anterior quedaron sen publicar varias fotos curiosas.
Coma este Abellaruco (Merops apiaster)
Ao parar para sacarlle unha foto, deime conta que non era ún, senón unha parella de Abellarucos, que esperaban a que me fose para levar ceba ao niño. Éste estaba escavado na mesma cuneta da estrada, que vai a Manzaneda desde Vilariño de Conso, unha zona onde a especie é sorprendentemente común.
Outra ave insectívora común pola zona é o Picanzo vermello (Lanius collurio). Éste xa me resulta máis familiar...
Ao longo de toda a fin de semana foron varias as observacións de Lagarteiros (Falco tinnunculus) extremadamente agresivos con outras aves rapaces moito maiores. Vin ataques moi furiosos a Buxatos (Buteo buteo), Águias cobreiras (Circaetus gallicus) e mesmo a esta Águia caudal (Hieraaetus pennatus) que cometeu o erro de pasar cerca do niño ou dos polos do lagarteiro.
O Domingo estiven nos arredores de Valdín, xa no concello da Veiga e aos pés da Serra Calva. Alí volvín escoitar a Escribenta das hortas (Emberiza hortulana) nun monte no que xa detectara a especie hai tres anos. E, unha vez máis, quedeime só cos cantos e sen identificación visual...
Cando xa estaba pensando en comezar o retorno a Ferrol, atopei esta charca:
Realmente había dúas, aínda que a outra estaba case seca. Pero esta mantiña bastante auga e reunía unhas condicións magníficas de vexetación e profundidade para as comunidades de anfibios. A pesar do avanzado da estación observei varias especies. O que máis abondaba eran as larvas en diferentes estados de desarrollo da Rá estroza (Hyla arborea):
A diferenza das larvas de anuro, nas de urodelo son as patas dianteiras as que se desarrollan antes. No caso do marmoratus ademáis, os dedos son moi longos, un detalle que lle dá un aspecto característico e moi gracioso. Os cucharóns desta especie son moi doados de ver desde mediados de Primavera, xa que adoitan permanecer na coluna de auga, resultando por iso moi visíbeis en calquera charca na que críen.
Ún dos coleópteros acuáticos máis coñecidos polos naturalistas afeizoados é, probablemente, o Gyrinus natator, coñecido en español coma Girínido, Escribano de auga,.. pero do que descoñezo calquera nome galego. A ver se os entomólogos, ou esa enciclopedia ambulante que é Rafa Loureiro poden dalo.
Hai varias especies parecidas, pero creo que estes debían ser a típica. Son coleópteros moi curiosos. Para empezar propúlsanse coas patas dianteiras, moito máis longas cas de atrás. Con elas dan voltas e máis voltas sobre a superficie das charcas, onde se alimentan de larvas de mosquito (seguro que agora xa vos caen mellor...). Ademáis os seus ollos son compostos, cunha parte que mira por baixo da auga e outra por riba. ¿A que son bichos interesantes?
Pero as reinas absolutas da charca eran, por suposto, as Rás verdes (Pelophylax perezi).
Non hai anfibio máis acuático, probablemente, dentro da fauna galega. Porque ata os Tritóns monstran unha fase terrestre durante unha parte do ano (que no caso do L.Boscai pode non darse ás veces). A Rá verde depende das masas de auga permanentes de onde non sae nunca, aínda que os exemplares xóvenes poden aparecer a certa distancia das mesmas.
Nesta toma collín dous exemplares xuntos que amosan unha gran diferenza cromática, cun individuo pardo moi manchado e outro verde liso.
E xa tocaba volver. Poño unha última imaxe do val do Xares, co encoro de Prada e a vila da Veiga no centro.
Para finalizar, non son moi amigo de subir tanto material xunto. Sei por experiencia propia (pois eu tamén son lector doutros blogues) que provoca certa saturación no lector e que se perdan moitos contidos. Pero preferín publicalo todo xunto por un motivo. Estou a punto de recibir unha cousa que teño encargada, e ao que lle quero dedicar moitas horas en canto dispoña del.
Grazas por seguirme, e pido perdón por non facer as entradas un pouco máis espaciadas...
Coma este Abellaruco (Merops apiaster)
Outra ave insectívora común pola zona é o Picanzo vermello (Lanius collurio). Éste xa me resulta máis familiar...
Picanzo vermello (Lanius collurio) macho
Ao longo de toda a fin de semana foron varias as observacións de Lagarteiros (Falco tinnunculus) extremadamente agresivos con outras aves rapaces moito maiores. Vin ataques moi furiosos a Buxatos (Buteo buteo), Águias cobreiras (Circaetus gallicus) e mesmo a esta Águia caudal (Hieraaetus pennatus) que cometeu o erro de pasar cerca do niño ou dos polos do lagarteiro.
Águia caudal (Hieraaetus pennatus)
O Domingo estiven nos arredores de Valdín, xa no concello da Veiga e aos pés da Serra Calva. Alí volvín escoitar a Escribenta das hortas (Emberiza hortulana) nun monte no que xa detectara a especie hai tres anos. E, unha vez máis, quedeime só cos cantos e sen identificación visual...
Cando xa estaba pensando en comezar o retorno a Ferrol, atopei esta charca:
Realmente había dúas, aínda que a outra estaba case seca. Pero esta mantiña bastante auga e reunía unhas condicións magníficas de vexetación e profundidade para as comunidades de anfibios. A pesar do avanzado da estación observei varias especies. O que máis abondaba eran as larvas en diferentes estados de desarrollo da Rá estroza (Hyla arborea):
Rá estroza (Hyla arborea), larva
É característico dos cucharóns da Hyla a profusión de grandes manchas escuras nas cristas caudais, moi altas por certo, e os seus rápidos movimentos na auga, case como de peixe.
Tamén había bastantes larvas de Tritón verde (Triturus marmoratus).
Pintafontes ou tritón verde (Triturus marmoratus), larva
Ún dos coleópteros acuáticos máis coñecidos polos naturalistas afeizoados é, probablemente, o Gyrinus natator, coñecido en español coma Girínido, Escribano de auga,.. pero do que descoñezo calquera nome galego. A ver se os entomólogos, ou esa enciclopedia ambulante que é Rafa Loureiro poden dalo.
Gyrinus natator ou similar
Hai varias especies parecidas, pero creo que estes debían ser a típica. Son coleópteros moi curiosos. Para empezar propúlsanse coas patas dianteiras, moito máis longas cas de atrás. Con elas dan voltas e máis voltas sobre a superficie das charcas, onde se alimentan de larvas de mosquito (seguro que agora xa vos caen mellor...). Ademáis os seus ollos son compostos, cunha parte que mira por baixo da auga e outra por riba. ¿A que son bichos interesantes?
Pero as reinas absolutas da charca eran, por suposto, as Rás verdes (Pelophylax perezi).
Non hai anfibio máis acuático, probablemente, dentro da fauna galega. Porque ata os Tritóns monstran unha fase terrestre durante unha parte do ano (que no caso do L.Boscai pode non darse ás veces). A Rá verde depende das masas de auga permanentes de onde non sae nunca, aínda que os exemplares xóvenes poden aparecer a certa distancia das mesmas.
Nesta toma collín dous exemplares xuntos que amosan unha gran diferenza cromática, cun individuo pardo moi manchado e outro verde liso.
E xa tocaba volver. Poño unha última imaxe do val do Xares, co encoro de Prada e a vila da Veiga no centro.
Para finalizar, non son moi amigo de subir tanto material xunto. Sei por experiencia propia (pois eu tamén son lector doutros blogues) que provoca certa saturación no lector e que se perdan moitos contidos. Pero preferín publicalo todo xunto por un motivo. Estou a punto de recibir unha cousa que teño encargada, e ao que lle quero dedicar moitas horas en canto dispoña del.
Grazas por seguirme, e pido perdón por non facer as entradas un pouco máis espaciadas...
Vamos home, ¿qué has de pedir perdón? Eu acabo de lerme as catro entradas do tirón, e non se me fixo nada pesado, aínda ó contrario.
ResponderEliminarA ver logo qué che traen os reis magos, ainda que algo por adiantado, me parece a min. Estaremos atentos.
Apertas Xabi.
É que ti és medio sado, Quique... Falando en serio, eu dicíao porque me ten pasado co blogue de Alberto Rivero (desaparecido en combate, por certo) que non tiña tempo para ler todas as entradas cando subía moito de golpe.
ResponderEliminarSei que hai xente que case non che lé o texto e só mira as fotos. Así que imaxino que con tanto material xunto aínda se lerá menos. E na miña opinión, o texto é o principal valor de "Bichos". Aínda que as fotos son o que máis choio dan...
En fin, polo menos xa rematei a serie, porque foron moitas horas diante do PC (menos mal que estou de vacacións).
Graciñas pola visita Quique.
Boas Xabi...imos ver o tema do escarabello das augas. Feita a pertinente consulta so Dicionario de dicionarios da lingua galega, esa xoia ao alcance de todos a rede,podo dicir que no Dicionario Enciclopédico Eladio Rodriguez, ese imprescindible na cultura galega,defínese escóuparo coma "Nombre que dan en algunas comarcas al escarabajo acuático"; definición que pasa exacta ao dicionario de FRanco Grande. Este mesmo termo escóuparo, é recollido por Eligio Rivas Quintas, outro imprescindible, en 1988 (Frampas, contribución al dicionario gallego, Alvarellos, Lugo)coa definición de "escarabajo de agua" e aporta a precisión de sere recollido na zona de Lobios polo inmenso etnógrafo ourensán Xaquín Lorenzo, o sempre admirado Xocas.
ResponderEliminarEscóuparo e escouparón, son por outra banda termos cos que se coñece pola parte sur de Ourense (Verín, Mezquita) ao escáncer, como seguramente xa coñeces. Mesmo se aproveita pra a un pequeno enredo infantil ao preguntar que animal ten as cinco vogais no seu nome? e dala resposta en diminutivo: escoupariño.
En fin que on sei eu se este escoupariño, escarabello das augas, ao que se refiren os dicionarios será o mesmo Gyrynus natator da túa entrada, pro dende logo si que o parece.
As entradas da montaña ourensán unha viaxe ás lembranzas. Non foron moitas: foron poucas.
Unha aperta.
Graciñas pola información Rafa. Non coñecía o de "Escóuparo" aplicado aos escarabellos acuáticos. Non obstante dame a sensación que debe de referirse máis ben aos grandes (Ditiscos) que son os que poden chamar máis atención, a priori.
ResponderEliminarQuizá o nome para os Gyrinus natator puidese estar máis ben moutra liña. Non me estranaría que os denominasen popularmente con algo parecido a "Zapateiros", pois aínda que non teñen nada que ver entre si, a súa forma de desprazarse pola superficie puidese orientar a súa denominación nese sentido.
Unha aperta e grazas por me seguir.