Seguidores e seguidoras

martes, 24 de xullo de 2012

Primeiras fotos. Paspallás (Coturnix coturnix)

 Pola tarde fun ata Meirás para presumir de "aparato" con Pepe Vidal. Despois de tomarnos a pertinente cervexa, fomos dar unha volta para estrear o novo teleobxectivo. E o que máis a mao quedaba eran os prados de Taraza.
 Desde logo, a hora non era a mellor, pero tivemos a inmensa fortuna de sorprender a toda unha familia de Paspallás (Coturnix coturnix). Nunca na miña vida tivera unha observación directa da especie, pero hoxe atopamos isto mentras facíamos a rota típica:

 Paspallás (Coturnix coturnix) parella

   Unha pena que estiveran bastante lonxe. O Tamron é unha pasada, pero segue a ser un 300, e tampouco lle vamos a pedir miragres. Polo que custou xa é bon de máis. Ademáis disparei tal como o tiña, debido á sorpresa do momento. O pitiño saeu desenfocado (teño que "reciclarme" para adaptarme á reflex)

Paspallás , pito

 Toda unha sorpresa esta observación. O outro día case pisaba unha familia de Paspallás na montaña ourensá, pero me foi imposíbel velas. Sen embargo hoxe, cando estaba máis distraído, contándolle batallitas a Pepe, apareceron  no lugar máis inesperado.

  Mañá toca a primeira saída de verdade para estrear o novo cacharro en condicións. Quizá a Ortigueira..

 Vémonos!

3 comentarios:

  1. ¡Noraboa! Seguro que as fotos do blogue serán aínda máis espectaculares.

    ResponderEliminar
  2. Que es ? un 70-300????
    A practicar mucho!!!

    ResponderEliminar
  3. Olá Inés e Fernando.

    De todas formas quizá nas fotos macro (anfibios, insectos, etc) e nas paisaxes non se note tanto o cambio. As "bridge" para iso dan bastante xogo, e como teño que recurtar moito as imaxes para poder subilas ao blogue, pois ao final hai máis igualdade.

    O ponto débil da compactas é capturar, por exemplo, paxaros entre as pólas das árbores, ou en vó. Ahí o cambio vai ser descomunal. O que eran abortos de foto van transformarse agora en fotos de verdade.

    E respondendo a Fernando, si, é o 70-300 (SP VC, un maquinón, mira nos foros)

    Estou que non me cabe unha palla no cú..

    ResponderEliminar

Para comentar es necesario identificarse con nombre y apellidos