O venres pola tarde estiven bicheando pola zona de Quintela de Hedroso. Unha pequena cordal de montes con altitudes arredor dos 1200-1300 m continúase ata Penouta. Son éstas terras solitarias, con escasa presenza humana e nas que se respira unha tranquilidade pouco común na maior parte do territorio galego.
A masa forestal orixinaria, dominada nesta zona polo Cerquiño (Quercus pyrenaica), desapareceu prácticamente. Hoxe apenas quedan pequenas manchas de bosque, coma testemuñas silenciosas do estropicio ecolóxico que as tallas e os lumes produciron durante séculos; un fenómeno especialmente visible na provincia de Ourense..
Sen embargo estas penichairas ocupadas por mato e cultivo de cereal, teñen un interese grande para a fauna. Aves rapaces, paseriformes escasos na maior parte de Galiza, réptiles,...lobo. Deste último atopei excrementos no medio do camiño, aínda que prefiro evitar estas fotos no blogue, por motivos "estéticos"...
En varias ocasións ao longo do fin de semana escoitei o canto melancólico da Escribenta das hortas (Emberiza hortulana), toda unha rareza no noso país. Primeiro subindo desde Quintela e, o domingo, moi perto da aldea de Valdín, xa na Veiga. Pero non fun quen de localizalo. Algo normal, pois trátase dun dos paseriformes máis tímidos da nosa ornitofauna. Aos que vin bastante foi aos grupos familiares de Escribenta amarela (Emberiza citrinella).
Subindo polo monte arriba, o mato vai deixando paso aos pastos, onde pacían un montón de vacas. Era o reino da Tartaraña (Circus spp), da Laverca (Alauda arvensis), do Picanzo vermello (Lanius collurio),...
...e da Pica campestre (Anthus campestris)! Outro exotismo para os que somos de fóra desta provincia. O tempo tan malo que facía impedíume sacar máis que unha foto testemuñal.

Cando o día está tan malo no climatolóxico, a maior parte das observacións limítanse ás aves. Nesta época do ano, ademáis é constante a presenza de grupos familiares de adultos acomañando aos chorimicas dos voantóns. O trasego dos adultos levando bicada é constante entre as matas de piornos e xestas.
Papuxa común (Sylvia communis) macho levando ceba
Picanzo real (Lanius meridionalis) voantón
En varias ocasións ao longo do fin de semana escoitei o canto melancólico da Escribenta das hortas (Emberiza hortulana), toda unha rareza no noso país. Primeiro subindo desde Quintela e, o domingo, moi perto da aldea de Valdín, xa na Veiga. Pero non fun quen de localizalo. Algo normal, pois trátase dun dos paseriformes máis tímidos da nosa ornitofauna. Aos que vin bastante foi aos grupos familiares de Escribenta amarela (Emberiza citrinella).
Escribenta amarela (Emberiza citrinella) macho
Subindo polo monte arriba, o mato vai deixando paso aos pastos, onde pacían un montón de vacas. Era o reino da Tartaraña (Circus spp), da Laverca (Alauda arvensis), do Picanzo vermello (Lanius collurio),...
...e da Pica campestre (Anthus campestris)! Outro exotismo para os que somos de fóra desta provincia. O tempo tan malo que facía impedíume sacar máis que unha foto testemuñal.
Pica campestre (Anthus campestris)
Afortunadamente ao día seguinte había ter unha mellor oportunidade para fotografala en mellores condicións. Porque tiña previsto visitar o "prato forte" da excursión: o encoro de Cenza, enclavado aos pés da Serra de Queixa. Iso será no próximo capítulo.
ÚLTIMAS NOTICIAS
Acabo de ver a tres señores gordos con barba montados en camello, que pasaron voando diante da miña ventá. Ao verme mostráronme esta fotografía:
Non teño nin idea do que significa, pero un deles (o negro) chiscoume un ollo. Vai ti saber o que quixo dicir. Igual nuns días saímos de dúbidas.

Este comentario foi eliminado polo autor.
ResponderEliminar