Platalea leucorodia
O máis complicado para min, é centrar a pequena lente sobre o ocular do telescopio para que se vexa a imaxe. Un pouco que se mova e xa se vé todo negro. Pero a desprazas para o outro lado un par de milímetros e se ve todo branco!. A seguinte foto é a "mellor" dunha serie que fixen a unha Garza vermella (imaxinade cómo serían as peores...)
Ardea purpurea, intento de foto
Con obxectos a media distancia xa vai a cousa un pouco mellor. Pero falta moito para lograr unha mínima nitidez. Ter bon pulso é vital, e non é o caso precisamente.
Rolada de Anas platyrhynchos
Calidris alpina
O outro día, con boa luz, conseguín encuadrar moito mellor uns Mazaricos, que estaban perto da miña posición. E se nota, se nota..
Limosa lapponica
En fin, que hai que practicar moito. Pero é unha solución que para certas cousas (rexistros de rarezas ou identificacións a moita distancia) é moi interesante.
¿E qué tipo de cámara ten o teu móbil? O meu ten unha cámara ben cutre de 2 mpx...non creo que me saíran tan ben as fotos...
ResponderEliminarPois de 5 mpx, creo. Non sei se é cousa miña ou qué, pero saca fotos horrorosas!!.
EliminarEvidentemente, cuanto mejor sea la cámara del teléfono mejor y el viñeteo negro que comentas se soluciona dando un poquito de zoom en el tlno.
ResponderEliminarSaludos.
Si, si, o de darlle un pouco de zoom xa lembraba que mo dixeras, e así o fixen. Pero entón multiplicas a focal e o meu pulso "parkinsoniano" evidencia máis trepidación.
EliminarO certo é que, quitando as da lapponica, nas outras fotos o día estaba gris e case chovendo. E supoño que iso inflúe moito.
A ver se van saíndo mellor pouco a pouco.
Unha aperta