Acabo de enterarme da morte hoxe de Pepe García Vizoso. Tremendo...
Para os que o coñecimos persoalmente, Pepe era unha persoa íntegra e boa en todos os sentidos que eu, persoalmente, nunca esquecerei. Ademáis o seu legado fotográfico vivirá sempre con nós a través do seu blogue (Ferrolterranatura.blogspot). Porque el adicouse á fotografía nestes últimos tempos, mentras a enfermidade llo permitía.
Aínda ando medio tonto logo de recibir a nova. A pesar de ser algo tan delicado, penso que merecía que o comentase aquí, polos moitos amigos naturalistas que fixo en Ferrol. En canto saiba algo do seu enterro intentarei comunicalo para que poidan acudir os que podan.
E hoxe non podo escribir máis.
Pepe, descansa en paz, amigo!!
Malas novas, pouco se poder decir, salvo darlle folgos a familia e amigos.
ResponderEliminarCesar Ayres
Pepe sempre nos avisaba qie viría ao RAM de Prior se podía ser, e esta vez non foi posible. Grazas Pepe pola túa compaña e sensibilidade coa natureza e a fotografía. Quedamos coas túas ganas de vivir e gardámoste un sitio no cabo.
ResponderEliminarXan R. Silvar
Lembro o que me dixo en Esmelle un día pouco despois co bicho do carallo....
ResponderEliminar¡Paco, es que yo quiero vivir, coño!,
e veña a quitar fotos...
O incineran hoxe domingo ás 20 h
voa viaxe Pepiño!
Non foron moitos os días que compartín con Pepe no cabo (o último que o vin facía un frío do demo en Prior e decidiu retirarse), pero si suficientes para recoñecer a un tipo cun sentido do humor envexable, falangueiro, divertido e loitador. Síntoo de corazón. Unha aperta para tódos os que o coñecían e sobre todo para o grupo do cabo.
ResponderEliminarGrazas a todos por comentar. Pouco podo engadir neste caso.
ResponderEliminarAcabo de enterarme...Cando a saúde llo permitía era rara a semana que non nos atopábamos un par de veces bicheando pola comarca. Unha pena.
ResponderEliminarUn abrazo á familia e aos amigos.
Graciñas por comentar, Juanma. Non me digas que tamén se achegaba á Capelada o bueno de Pepe?
EliminarPois a verdade non me acordo de se coincidimos algunha vez na Capelada. Recordo o primeiro día que falamos, estaba eu coa cámara por frente a Poligal e alguén me chamou polo nombre, era el, que andaba ao mesmo e me reconoceu por verme en foto no blog de Rafael, de vista xa o conocía de cruzarnos pola calle. E a partir de aí coincidimos varias veces por alí, en Valdoviño, pero as máis das veces facendo a compra, e un día estaba eu con meu pai e resulta que foran compañeiros de traballo durante 30 anos, xa ves, casualidades. Despois viñeron os problemas de saúde e xa sabemos...
ResponderEliminarNon éramos íntimos, compartiamos isto e falabamos de vez en cando, pero sinto a perda de verdade.
É ben certo ca nunha cidade pequena coma Ferrol coñecémonos todos.
EliminarUnha aperta.