Anos atrás, via chegar a semana santa e começava pensar qual havia ser o destino da excurssom. Como sabedes, últimamente as cousas nom som tam doadas para mim, mas penso que este ano vou poder ir a úm desses sitios de releváncia internacional que justificam um despraçamento de quatro ou cinco horas em carro. Falo das Arribas do Douro, fronteiriças entre Portugal e Espanha. Um lugar de riqueza natural incomparável.
Ponho umha imagem tirada de Andanzas por el páramo (um blogue do valhisoletám Pedro Decimavilla).
Coma sempre, visitarei a parte Zamorana (por um singelo motivo de maior proximidade). Fermoselhe adoita ser a "base logística" nestes casos. Espero que as cousas saiam bem e poida organizar esta saída, que me fai moita ilussom desde que tenho este blogue.
Porque lembro a quantidade de cousas extraordinarias das que fum testemunha nestes quasse trinta anos de afeiçom pola Natureza e nom imaginades as ganas que tenho de que volvessem suceder agora algumhas delas, para que os seguidores e seguidoras de "Bichos" puidessem desfrutar conmigo.
Sei que as Arribas (ou Arribes) nom ham defraudar se finalmente podo desprazar-me. Cómpre tocar madeira e esperar....
Eu estiven por aló dúas veces, a última hai uns 3-4 anos (por Miranda do Douro), e a verdade é que o sitio é precioso. Por Fermoselle estiven na carreira, hai xa 14 anos (carallo como pasa o tempo), e merece moito a pena. Así que esperaremos con espectación a túa viaxe e posterior cronica. Eu vou a seguir desempaquetando libros, que isto das mudanzas son un lío.
ResponderEliminarTolai, tamen estivemos por Fermoselle, o rego do sapoconcho. Pois iso Xabi, ali podes atopar de todo, tanto de reptiles con plumas coma sen plumas, e anfibios varios. A ver se o tempo acompaña.
ResponderEliminarApertas,
Cesar
Opa xente:
ResponderEliminarXa estiven por aló tres ou catro veces. Desde logoé algo único. Teño boas lembranzas dun xuvenil de Cobra de ferradura, duns cágados de Sapiño comadrón ibérico e dun xuvenil de Cobregón (que lle pegou unha feroz mini-trabada a Manu Arzúa, ja, ja)
Un abrazo
PD: Inés, sorte con esa mudanza. Hai unha lei universal que dí que sempre se perden cousas nas mudanzas. Dou fé.
Do lado Portugués, se haces la carretera que liga Sendim a Minranda do Douro durante la noche, puedes encontrar mucha actividad de anfibios es una zona muí boa para ver Sapo-de-unha-negra, existen muchas charcas a lo largo de la carretera.
ResponderEliminarBoas observaciones!
Graças polo conselho, Paulo. Mas aínda non é seguro que poda fazer a excurssom. Se quadra, hei lembrar esa rota que dis (mas normalmente eu ergo-me muito cedo polo tema ornitológico e chegado o serám estou já canso; por isso non fago apenas prospecçons noturnas)
ResponderEliminarUmha aperta