E vaia se acertei coa escolha!
No percorrido habitual pola beira Sul da ria de Ferrol, anotava as seguintes observaçoes interessantes:
- 1 Mobelha ártica (Gavia arctica) frente aos peiraos do asteleiro de Bazán (onde trabalho, por certo). É a terceira observaçom pessoal na ria, onde deve ser invernante mais comúm do que se pensa.
A distáncia que há desde Maninhos, uns 1600-1800 m., semelhava impossível para umha cámara convencional. Pero a SX50 nom é umha cámara mais, e puidem tirar umhas fotos testemunhais.
Mobelha ártica (Gavia arctica)
- 4 Mobelhas grandes (Gavia immer), que ainda seguem com nós
Mobelhas grandes (Gavia immer)
O tempo tan soleado, logo dun inverno extremadamente longo, bem merece umha foto (a gente toleava estes dias co sol):
Cidade de Ferrol (estaleiros de Navantia em primeiro termo)
Tinha muitas ganas de caminhar baixo este sol de Março e a nova rota que descobrim este inverno no Seijo (Mugardos) ofereceu-me umha ocassom para passear e paxarear a um tempo. Um caminho moi fermoso que percorre um tramo da ribeira Sul.
Ésta é umha das poucas zonas da ria de Ferrol que aínda nom está urbanizada ou ocupada por solo industrial.
Desde aló, agardavam várias sorpresas mais, coma este Mergullhom cristado:
Mergulhom cristado (Podiceps cristatus)
Em Maninhos aínda temos um bom número de Mergulhons de pescoço negro (Podiceps nigricollis): uns 42-44 exemplares. O obxectivo principal da visita era precissamente afotá-los coa plumagem nupcial, pero vai haver que esperar um pouco. Hoje nom se achegárom davondo.
E o melhor da jornada, dous Pentumeiros de ala branca (Melanitta fusca), que já fóram observados por Pablo Gutiérrez o passado dia 2. Que eu saiba constitúe a primeira cita na localidade.
Estou convencido que se esta ria tivese um seguemento ajeitado por parte dos ornitólogos locais, havíamos conhecer muito melhor a povoaçom de aves migrantes e nidificantes (quem de nós sabe dum ninho de Pica-peixe, espécie que sem embargo é reprodutora aqui?)
Logo de tantos e tantos dias chuviosos e grises fotografando baixo umha luz bem cativa, o sol melhora muitíssimo as prestaçons da cámara, convertendo a pequena compacta quasse em umha reflex.
Pentumeiros de ala branca (Melanitta fusca), machos
O mes passado atopárom-se umha morea de Araos mortos e esfameados por mor da sucessom de temporais marítimo, assi que foi de agradecer a observaçom de 4 exemplares vivos nas tranquilas augas da ria central, moi perto do porto de Ferrol. Os quasse dous quilómetros de distáncia que hai desde o peirao do Seijo apenas permitírom tirar umhas fotos testemunhais.
Araos (Uria aalge) frente ao porto de Ferrol
Por se fosse pouco, e quando já voltava cara o aparcadoiro, umha Águia pescadora passóu-me justo por riba, carrejando umha presa até um eucaliptal cercano, onde deve estar o seu pousadoiro.
Águia pescadora (Pandion haliaetus)
Agora queda a dúvida de se algumhas destas espécies estavam presentes ou nom durante os censos. O mal tempo que havia entom desde logo que dificultou muito a observaçom. Nom obstante penso que, alomenos os Pentumeiros de ala branca e os Araos, som exemplares em passo. Quiçá a Mobelha ártica estava já daquela, aínda que houvesse que esperar a que se calmassem as augas, que hoje estavam coma um espelho. De seguro que estas entradas que fum fazendo sobre as aquáticas da ria ham estimular aos observadores locais para fazer um maior seguemento das suas aves. Seria um logro estupendo para "Bichos e demais família", pois a divulgaçom é obxectivo fundamental deste blogue.
Em fim, umha manhá histórica na ria de Ferrol.
Muy buena entrada Xabi y es cierto lo que comentas sobre la Ría, el otro día me comentaba un paisano de San Valentín una observación que asumiendo su descripción podría ser algun tipo de Barnacla, sobre los Melanitta fusca los busqué sin éxito esta semana tras comentarlo Antonio Gutiérrez en su blog.
ResponderEliminarun saludo
O Ganso cabecinegro (Branta bernicla) xa foi citado na ría, así que ben puido ser unha cita fiable esa que mencionas do paisano de San Valentín.
ResponderEliminarPara pillar os fusca xa te comento no correo persoal.
Imaxino que o tramo onde andiveches e o de Noville, onde a vila romana.
ResponderEliminarConcordo contigo en que debe ser un dos poucos tramos da ría con mais de 100 metros sin urbanizar ou construir.
En canto ó do picapeixe xa falaremos ...
Sei dun niño de hai 2 anos. Dame tempo para este ano e a ver que pasa ...
Sobre o Picapeixe, sei dalgunha cita recente na desembocadura do Belelle (Cosme Damián). E tamén citas vellas nas Aceas (por meu pai) e no Seixo (por Pedro Cruzado). Ese dato teu sería moi pero que moi interesante. Pero ollo, que observacións posteriores a Xuño-Xullo xa poden ser exemplares en paso.
ResponderEliminarVaia xornada, ¿eh? ¿Estás seguro que estabas en Ferrol? A ver si fuches por inercia a Ortigueira e nin te decataches.... E ainda por riba cunha luz fermosa. Iba sendo hora, por certo.
ResponderEliminarEn fin, mira qué preto tedes todo iso sen ter que sair nin da casa. Ás veces é o que pasa, buscamos fora cando o temos máis preto do que pensábamos.
Apertas
PD: estou esperando a reportaxe extendida de Villafáfila
Non che sei, Quique, non che sei, ha, ha.
EliminarPD: Eu tamén teño ganas de publicar o de Villafáfila, pero necesitaría un día de 28 horas. A ver se hoxe a última hora ou mañá...
Ola Xabi,
ResponderEliminarno se que pasa pero no recibo nada de galiciaves y el aviso que mandé del blog del sábado pasado me fue devuelto. Si conoces a alguien de allí preguntarle si pasa algo.
Un abrazo
Pierino Perrone
Barcelona
http://avescatalanas.blogspot.com.es/
Opa, Piero:
EliminarPois non teño nin idea do que puido acontecer, aínda que Yahoo ás veces fai cousas ben raras. Pero xa llo comento a Toño Salazar a ver se sabe algo.
Un abraccio!
Saudos Xabi, o picapeixe o teño visto moitas veces na desembocadura do Belelle e fai so uns días na desebocadura do Basteiro o rio "artificial" que descurre paralelo ó Belelle no seu km final. No rio principal é relativamente facil velo no mesmo tramo .
ResponderEliminarCarlos Castro.
Olá Carlos. Fíxate que falo de niños. Arestora son aves invernantes as que vemos (o outro día vin ún no mesmo arsenal militar, onde fun traballar nunha arma de destrución masiva chamada F-100). Non obstante, a desembocadura do Belelle é ún dos sitios onde hai referncias recentes da súa cría, aportadas por Cosme Damián, seguidor habitual e bon amigo meu.
EliminarUn abrazo.