Hoxe voltaba pola ría de Ortigueira para facer un censo xeral de acuáticas, aínda que nestas alturas do ano as cifras son lóxicamente pobrísimas en riqueza e diversidade. A baixamar, a mala visibilidade polas néboas e o orballo que comezou a caer non axudaron moito.
Van os dados de todo o o que censei:
- 18 Garzas reais (Ardea cinerea)
- 2 Garzotas comúns (Egretta garzetta)
- 1 Corvo mariño cristado (Phalacrocorax aristotelis) adulto dentro da ría
- 2 Corvos mariños reais (Phalacrocorax carbo) xuvenís
- 347 Alavancos (Anas platyrhynchos), entre xóvenes do ano e adultos en muda; a maioría deles concentrados na enseada de Mera. Estas concentracións poden chegar a superar o millar de individuos a primeiros de Setembro.
Lavancos (Anas platyrhynchos) en Mera
- 23 Gavitas (Haematopus ostralegus)
- 132 Mazaricos reais (Numenius arquata)
- 8 Mazaricos chiadores (Numenius phaeopus)
- 4 Mazaricos rubios (Limosa lapponica)
- 1 Bilurico claro (Tringa nebularia)
- 60 Gaivotas choronas (Larus ridibundus)
- 2 Gaivotóns adultos (Larus marinus)
- + Gaivotas comúns (L. michahellis/fuscus) non censadas
Gavitas (Haematopus ostralegus)
Mazaricos reais (Numenius arquata)
Mazarico rubio (Limosa lapponica)
Parei en varios lugares con reprodución comprobada de Picapeixe (Alcedo atthis) mas nesta ocasión non detectei nen un só exemplar; aínda que quizá sexa un pouco tarde xá.
Ningún comentario:
Publicar un comentario
Para comentar es necesario identificarse con nombre y apellidos