Seguidores e seguidoras

sábado, 16 de decembro de 2017

Visita de control á ría de Ferrol.

    Esta mañá voltaba pola nosa ría para continuar co seguemento de invernantes, visitando con tal fin os peiraos de O Seixo, Maniños e Barallobre. Polo de agora non vin nengunha mobella (Gavia sp), que xa deberían estar por aquí.


   O máis salientábel foi:

- 129-138 Mergullóns de pescozo negro (Podiceps nigricollis). Incremento importante con respeito ao último control (preme).  Non puiden precisar ben a cifra.
- 7 Mergullóns pequenos (Tachybaptus ruficollis). 5 no Seixo e 2 en Maniños.
- 1 Garza branca (Egretta alba) no seu local patch do Seixo
- 1 Gaivota cana (Larus canus) en Barallobre. Imaxino que a mesma que invernou alí o ano pasado.
- 1 Bilurico claro (Tringa nebularia) no mesmo sitio

 Mergullóns de pescozo negro (Podiceps nigricollis); grupo de Maniños

  Cando non hai moita cousa sempre aproveito para practicar un pouco de fotografía. As gaivotas son sempre fotoxénicas; especialmente as choronas, que son moito máis activas.

 Gaivota patimarela (Larus michahellis)
Sony RX10 (focal 196 mm)  ISO: 640   V: 1/320  F: 4



 Bilurico claro (Tringa nebularia) en Barallobre

   Coma novidade, observei tamén 1-2 Picapeixes. Unha especie que nos últimos dous invernos case desaparecera dos lugares habituais.

 Picapeixe (Alcedo atthis) nunha embarcación

   Remato con esta garza real, sempre tan elegante. Na toma podemos ver a cualidade real dunha boa bridge cando nos poñemos a "distancia reflex".

Garza real (Ardea cinerea)
Sony RX10 (focal 203 mm)  ISO: 400   V: 1/250  F: 5,6

  E mañá imos a Ortigueira. Con baixamar, tempo anticiclónico e con máis horas disponíbeis das habituais. A cousa promete.

11 comentarios:

  1. O dos picapeixes imaxino que ten explicación na última riada, que faite mais complicado ghañar a vida nun río toldado...
    Mais doados os peons nestes intres, que as troitas ou as boghas ...

    ResponderEliminar
    Respostas
    1. Pois desde logo é unha posibilidade... sempre que os Picapeixes da ría sexan "autóctonos". Outra é que unha vaga de frío en Centroeuropa empurrara exemplares cara nosa terra. Probablemente tempos un pouco de todo, exemplares galegos que aínda crían nas zonas estuarinas e baixan ás rías para invernar e turistas do Norte de Europa. Habería que saber que din os programas de anelamento e recuperación de aves marcadas.

      Eliminar
  2. Empezo a preocuparme porque eu sigo vendo unha Patiamarela e non unha Gaivota escura. Xa me posou outra vez.
    Paco

    ResponderEliminar
    Respostas
    1. Deille moitas voltas despois do que me dixeches, Paco. Na miña opinión a luz tan fría que había nesa zona de sombra provoca o efecto de "aclarar" o gris do lombo. Quizá fun eu na edición da foto, Pensa que simplemente reducindo "contraste" (para que o branco non saia tan queimado) xa estás convertendo un gris escuro en gris normal. Estou seguro que se fixese sol vías nela unha fuscus fuscus, jaja..

      As bridge son un pouquiño mentirosas...

      Eliminar
  3. En Sisargas hai algunha que podería estar todo o día ollando para ela e non saber qué ė. Así todo, o máis habitual sería que tivera certo raiado na cabeza para ser fuscus en invierno,pero non todas o tén.

    ResponderEliminar
  4. Qué bueno eres y explicando todo ,eres un crack,un saludo y siento no haber podido a Ortigueira ,ya hablaremos

    ResponderEliminar
  5. A ver...Acabo de falar con Antonio Gutiérrez. Díceme que é unha Pati ou unha fuscus convertida en Pati pola edición. Se fora fuscus o "normal" sería que estivera co raiado cefálico, certo é que iso é cuestión de hormonas e que pode ser. Agradeceríase a foto orixinal para sair de dúbidas...

    ResponderEliminar
  6. E cambiando de tema, quero decir públicamente o que che dixen por correo privado...
    O Venres, na charla sobre aves na ría de Ferrol na Sociedade Galega de Historia Natural, este blogue foi presentado como principal aportador e como imprescindible para estar ao día da Naturaleza de Ferrolterra.
    As cousas como son...
    Mil grazas por todo Xabi
    Paco

    ResponderEliminar
    Respostas
    1. Se ti e Antonio coincidedes no diagnóstico xa non hai dúbida. Xa está corrixido, Paco. Seguramente foi unha das patis da farola que baixou á auga mentras eu contaba os nigricollis.
      E moitísimas grazas pola publicidade e polos compridos. Resulta paradóxico ter seguidores entusiastas coma ti ou Damián pero que o 90 % dos ornitólogos galegos como os varios centos membros de Galiciaves non comenten nin compartan nunca os meus posts. Vou ter que comprar un can a ver si así.

      Eliminar
  7. Ola:o meu modo de ver,que moita xente non comente ou non comparta a ligazón do blogue non significa que non o vexan.Moito menos que non sexan interesantes moitos dos posts.As veces non hai nada que comentar.Tamén podías voltar(ou non) a galiciaves porque movidas hai en todos lados,no facebook tamén,non?
    Chao!

    ResponderEliminar
    Respostas
    1. Non dixen que non o miren, David (cónstame que así é)pero hai cousas que teñen difícil explicación. Por exemplo, cando empecei o primeiro que fixen foi enlazar todos os blogues galegos sobre Natureza que coñecía, nun momento en que aínda había moita actividade. Por simple cortesía esperaba que eles fixeran o propio, máis tendo en conta que Bichos era ún dos blogues máis activos, máis coñecidos e con información máis interesante do panorama. Pasou o tempo e me decatei que moitos deses blogues non poñían o enlace a Bichos pero sí a outros blogues moito máis trapalleiros ou mesmo que estaban parados. Por suposto procedían a facer unha limpeza a borralos da miña lista. Chámame raro.

      E o de voltar a Galiciaves, esquéceo. Hai moita xente estupenda e da que aprender moitísimo pero un foro naturalista que permite certas licenzas aos putos mascoteiros non é para min. Ou eles ou eu. Pero xuntos non pode ser, somos como a materia e a antimateria.

      Eliminar

Para comentar es necesario identificarse con nombre y apellidos