Seguidores e seguidoras

domingo, 20 de novembro de 2022

Ría de Ortigueira, 20-Nov-2022

 A invernada vai avanzando e nótase, como puiden comprobar esta mañá na ría de Ortigueira (A Coruña). Foi unha visita máis ben breve, e só contei desde o peirao de Ortigueira con marea a subir. Sen máis literatura imos directamente coas matemáticas:

  • 2 Gansos de bico curto (Anser brachyrhynchus), observados o día anterior
  • 25 Patos cullereiros (Spatula clypeata)
  • ++ Patos asubiadores comúns (Mareca penelope)
  • 211 Patos albelos (Anas acuta). Boa cifra (o récord está en 250 ex)
  • + Lavancos reais (Anas platyrhynchos)
  • 18 Mourelos comúns (Melanitta nigra)

Gansos de bico curto (Anser brachyrhynchus)

Mourelo común (Melanitta nigra)

  • 2-3 Mergullóns de pescozo negro (Podiceps nigricollis)
  • 174+ Gabitas comúns (Haematopus ostralegus)
  • 19 Píllaras cincentas (Pluvialis squatarola)
  • ++ Mazaricos reais (Numenius arquata) e chiadores (Numenius phaeopus)
  • + Fuselos de rabo pinto (Limosa lapponica)
  • 57 Fuselos de rabo negro (Limosa limosa)
  • 130 Pilros grosos (Calidris canutus). Unha moi boa cifra para este últimos anos. Pensade que falamos de ex invernantes
  • 10 Pilros tridáctilos (Calidris alba)
  • 439 Pilros comúns (Calidris alpina). Conteo exacto (non adoita con esta especie).
  • + Biluricos de patas verdes (Tringa nebularia) e comúns (Tringa totanus)

Gabita común (Haematopus ostralegus)

Limicolada no intermareal central

  • + Gaivotas típicas 
  • 160 Corvos mariños reais (Phalacrocorax carbo)
  • 4 Corvos mariños cristados (Gulosus aristotelis)
  • 19 Garzas reais (Ardea cinerea)
  • 11 Garzas brancas (Ardea alba)
  • 37 Garzotas comúns (Egretta garzetta)
  • 67 Garzas boieiras (Bubulcus ibis). Novo récord da especie, que segue en crescimento imparábel nestes últimos tempos
  • 44 Cullereiros comúns (Platalea leucorodia)
  • 2 Águias pescadoras (Pandion haliaetus)
  • 1 Tartaraña das xunqueiras (Circus aeruginosus)
  • 1 Picapeixe (Alcedo atthis)

Bicharía variada (Garzas brancas á esquerda)

Balsa de corvos mariños (Phalacrocorax carbo)

  O incremento constante no número de garzas boieiras é algo que me ten "ojiplático". De ser unha garza con presenza excepcional pasou a ser o ardeido máis abondoso da ría en menos de dez anos.


Garzas boieiras (Bubulcus ibis)

Garzas boieiras (Bubulus ibis) capturando lumbrigas

Garzas boieiras

      Remato. Ortigueira comeza estar "potente" e nos próximos días chegarán o resto das invernantes habituais. Desde logo este ano pinta moi ben para limícolas.

J.R fotografando un mourelo

8 comentarios:

  1. Bonito post y gracias por la fotografía que me hiciste y por tus salidas aprendiendo.

    ResponderEliminar
  2. Está potente a cousa por Ortigueira, e aínda non veu o frío. Onte e hoxe estiven pola enseada do Grove e estaba tamén moi animada. Apertas, Damián

    ResponderEliminar
    Respostas
    1. Para "limis" pinta moi ben. Como foi nestes últimos anos. As anatídeas fatal, especialmente preocupante o declinio de A. crecca, A. platyrhynchos e (xa coñecido desde hai anos) S. clypeata. Menos mal que os acuta manteñen o tipo.
      Un abrazo, crack.

      Eliminar
  3. Observo que hai moita variedade de aves na Ría de Ortigueira. Espéravos unha temporada prometedora.

    ResponderEliminar

Para comentar es necesario identificarse con nombre y apellidos