Hoxe tivemos nova xornada de greve parcial no estaleiro. Mas nestes momentos eu non estou para asembleias nen manifestacións. Así llo comentaba aos compañeiros do sindicato e entenderon perfectamente que aproveitase esas horas de mobilización para saír ao campo. A miña única prioridade agora é xestionar a depresión e saír adiante como sexa. Todo o demáis é absolutamente secundario.
Así que esta mañá volvía aos "campos do armiño", na área recreativa de Lamas (San Sadurniño). Un lugar que na miña memoria quedará marcado para sempre por esa cita de armiño, que coñecía o día seguinte da morte de María, cando estaba sumido en plena fase de shock.
Parte do transecto realizado
A mostraxe desta mañá comezaba con fortes sentimentos de nostalxia e tristura. Sen embargo habíame dar unha alegría para esquecer as penas, na forma de novos territorios de picanzo vermello (Lanius collurio).
Hábitat de picanzo vermello (Lanius collurio)
A lista de aves observadas (ebird) completouse básicamente con especies típicas do mosaico agropecuario atlántico e influencia eurosiberiana: pombos torcaces (Columba palumbus), ferreiriño dos piñeiros (Periparus ater), picafollas ibéricos (Phylloscopus ibericus), papuxas das amoras (Sylvia atricapilla), carrizas eurasiáticas (Troglodytes troglodytes), tordos músicos (Turdus philomelos), merlos (Turdus merula), paporrubios (Erithacus rubecula), pimpíns comúns (Fringilla coelebs) ou cardeais europeos (Pyrrhula pyrrhula).
Porén, o máis salientábel foi a observación dunha parella de picanzos vermellos (Lanius collurio) alimentando polos voantóns. A maiores ollaba dous machos máis que probablemente supoñían outros dous territorios, sumando un total de tres nunha área de aproximadamente 13 ha de hábitat axeitado e controlado.
Picanzo vermello (Lanius collurio), femia
Sony RX10 III focal 600 mm ISO:200 V:1/400 F:4
Picanzo vermello (Lanius collurio) femia (arriba) e voantón (abaixo)
Sony RX10 III focal 600 mm ISO:200 V:1/400 F:4
Vista desde o "observatorio"
Terminamos cún dos machos avistados, concretamente ao norte da área recreativa.
Picanzo vermello (Lanius collurio),macho
Sony RX10 III focal 600 mm ISO:400 V:1/320 F:4
E co seu hábitat favorito na comarca de Ferrol. Esas sebes de silveiral (Rubus) con salgueiros (Salix atrocinerea) ou outras masas arbustivas leñosas das que tanto gostan para instalar os seus niños.
Sebe típica de picanzo
E con esta pequena grande ledicia rematamos por hoxe.
Estos feroces pequerrechos siempre animan el espíritu, Xabi. Bonita e ilustrativa entrada.
ResponderEliminarGrazas, Jose. Non o comentei na entrada pero adiquei a maior parte do tempo á busca do armiño. Non gosto moito desas cousas pero neste caso fixen excepción e estiven a emitir co teléfone reclamos de armiño gravados en youtube, a ver se aparecía algún exemplar; básicamente en cruces de camiños próximos ao ponto da observación e tamén lugares de ecotono. Pero non soou a flauta. Por agora.
EliminarHay que perseverar, Xabi, ya caerá. Un abrazo.
ResponderEliminarQue bonitos eses picanzos. A súa prrsenza nunha zona sería suficiente para preservala, na miña opinión... Apertas. Damián
ResponderEliminarNon é doado, pero alégrome que esteas no camiño...
ResponderEliminarDende o desterro en Valdeorras (só alegrado pola multitude de londras no Sil)