Seguidores e seguidoras

venres, 12 de xullo de 2024

12/07/2024 Lagoa da Frouseira, censo completo

      Nestas alturas a lagoa da Frouseira adoita estar xa fecha e sen réxime mareal, condición que favorece a nidificación das acuáticas. Sen embargo este ano aínda segue aberta e sometida á influencia das marés, o cual beneficia a pasaxe de migrantes. Esta mañá había xa unha tímida entrada de limícolas, a pesares dos ventos desfavorábeis de compoente norte.

Lagoa da Frouseira. Foto co teléfone móbil

    Antes de realizar un censo completo un raposo apareceu no intermareal brevemente. Semellaba afectado pola sarna, unha enfermidade que polo visto está a facer estragos na bisbarra de Ferrol.

 Raposo (Vulpes vulpes)

  Podedes consultar a listaxe completa de aves neste enlace de ebird. Aquí poñerei só as aves acuáticas ou de interese, coma sempre. Imos cos números:
  • ++ Patos cincentos (Mareca strepera). Algunha rolada con pitos
  • +++ Lavancos reais (Anas platyrhynchos). Contei 487 ex entre lavancos e cincentos. Tendo en conta que non vía os que estaban detrás do illote da Lapela podemos considerar un número total de 500-550 individuos. Nesta época do ano resulta complicado distinguir ambas especies debido á plumaxe de eclipse e á presenza de numerosos xuvenís mesturados cos adultos.
  • 10 Megulletes comúns (Tachybaptus ruficollis). Até que o lago non pecha non adoitan aparecer os primeiros polos
  • 2 Zurrascas eurasiáticas (Rallus aquaticus), unha delas tomando o sol na beira norte do canaval a primeira hora
  • 1 Galiña de auga común (Gallinula chloropus)
  • 3 Galos de auga comúns (Fulica atra). Sen indicios de cría
  • 1 Mazarico chiador (Numenius phaeopus)
  • 1 Fuselo de rabo negro (Limosa limosa)
  • 1 Bilurico das rochas (Actitis hypoleucos)
  • 2 Biluricos comúns (Tringa totanus)
  • 1 Bilurico pativerde (Tringa nebularia)
  • 2 Gaivotas choronas (Chroicocephalus ridibundus)
  • 2 Gaivotas patimarelas (Larus michahellis)
  • 8 Garzas reais (Ardea cinerea)
  • 9 Cullereiros comúns (Platalea leucorodia)

Gaivota chorona (Chroicocephalus ridibundus)

Cullereiros comúns (Platalea leucorodia)
OM-1 + Zuiko 100-400 mm (a 170 mm)   ISO:400   V:1/320   F:7,1

Cullereiros comúns (Platalea leucorodia)
OM-1 + Zuiko 100-400 mm    ISO:400   V:1/400   F:7,1

 O fuselo de rabo negro non estaba lonxe da pista peonil e, por tratarse da miña limícola favorita, adiquei unha sesión fotográfica especial (todas as imaxes están algo ou bastante recurtadas).

Fuselo de rabo negro (Limosa limosa)

Fuselo de rabo negro (Limosa limosa)
OM-1 + Zuiko 100-400 mm   ISO:1600   V:1/640    F:7,1

Fuselo de rabo negro (Limosa limosa)

Fuselo de rabo negro (Limosa limosa). Redución de ruido con I.A.
OM-1 + Zuiko 100-400 mm   ISO:1600   V:1/400    F:6,3


Fuselo de rabo negro (Limosa limosa). Redución de ruido con I.A.
OM-1 + Zuiko 100-400 mm   ISO:200   V:1/800    F:6,3



Fuselo de rabo negro (Limosa limosa) alimentándose

Fuselo de rabo negro (Limosa limosa). Redución de ruido con I.A.
OM-1 + Zuiko 100-400 mm   ISO:400   V:1/800    F:8

   Termino cunha petición para os que "mandan" no noso gremio. Logo da publicación da listaxe de nomes comúns en galego consensuada a web de ebird (a máis importante da ciencia cidadá) segue sen actualizar os nomes galegos. Solicito desde aquí a quen teña poder para iso que se faga xa.
 
  Mentras ebird non se actualiza teño dúas opcións: usar a lista que hai na aplicación (obsoleta) ou simplemente publicar en castellano e me deixo de problemas. Porque cada vez que subo un post en galego teño que revisar cada especie consultando o word que me pasaron coa lista nova, un auténtico calvario e unha perda de tempo. Non entendo que ebird non estea actualizado xa.

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Para comentar es necesario identificarse con nombre y apellidos