Esta mañá voltaba polo encoro das Forcadas, Valdoviño. Deixaba o telescopio na casa porque a miña intención era simplesmente tentar fotografar algún dos ardeidos migrantes observados o outro día (garza vermella e garza noiteira). Sen embargo o ornitólogo que hai en min "obrigoume" antes a repasar o censo de mergulletes. Primeiro paraba nas Cortiñas e logo na cola final de Vilaboa, onde xa non podes ver nada entre tanto salgueiro e tanto pastor eléctrico.
Pastores eléctricos na ribeira do encoro
Unha mágoa, porque era ún dos meus sitios favoritos (moi bon tamén para anfibios e odonatos).
Salgueiros impedindo a visión
Mentres facía a revisión de mergulletes en Vilaboa observaba unha águia pescadora (Pandion haliaetus) precisamente no lugar onde tiña pensado buscar as garzas.
Águia pescadora (Pandion haliaetus). Distancia: 220 m
OM-1 + Zuiko 100-400 mm ISO:3200 V:1/400 F:6,3
Saín case correndo até aló. Non me levaría máis de catro ou cinco minutos, mas cando cheguei ao sitio a águia xa marchara.
Pousadoiro da águia
Deume moita raiba, porque hoxe tiña pensado xustamente visitar ese sitio ao principio. Ía con algo de camuflaxe e achegaríame con sumo coidado por se topaba a garza noiteira, así que seguramente collería a águia no seu pousadoiro se fose alí antes, coma tiña pensado. E había facer unhas fotos moi boas, probablemente.
Observatorio de Vilaboa onde estaba a pescadora
A parte positiva é que detectaba outra parella de mergulletes (con alomenos un polo), o cual deixaría o censo provisional en 11 territorios.
Mergullete común (Tachybaptus ruficollis)
Mergullete común (Tachybaptus ruficollis) con P. clarkii para polo
Mergullete común (Tachybaptus ruficollis), polo "novo"
OM-1 + Zuiko 100-400 mm ISO:3200 V:1/320 F:6,3
Por distraerme con ese polo perdía unha fotaza dun adulto que estaba moi perto da miña posición. Cando o vin xa non me deu tempo máis que a fotografar cómo mergullaba. E non quedou mala foto.
Mergullete mergullando
Outras rapinas foron máis agradecidas que a pescadora. O miñato negro deixou de ser noticia hai anos polo extremo norte galego. Con total certeza é xa reprodutor en Forcadas.
Miñato negro (Milvus migrans)
OM-1 + Zuiko 100-400 mm ISO:800 V:1/400 F:6,3
O buxato común foi de sempre a rapina máis común non só en Ferrolterra, senón en todo o país.
Buxato común (Buteo buteo)
OM-1 + Zuiko 100-400 mm ISO:400 V:1/160 F:6,3
Ser naturalista e fotógrafo resulta moi bonito, pero ao final esa duplicidade de tarefas conleva que non fagas ben nin unha cousa nin a outra, porque ambas disciplinas conlevan adicación exclusiva, se queremos resultados óptimos. Se hoxe fose directamente a onde quería ir de inicio con bastante certeza había sacar unhas fotos preciosas da pescadora. Os censadores somos incorrexíbeis.
¡Hala, hala, no te quejes, que eres un "máquina"! De momento ya me vas ganando por 1 territorio de mergullete sobre los que censé hace unos días en Rexedoiro (Sabón, para los viejos), pero como no asumí territorio para algún adulto suelto y no demostrativo, pero en hábitat perfecto para la cría, seguramente te empataré en próximas fechas. Os censadores somos incorrexíbeis...
ResponderEliminarSABÓN, para vellos e xoves. Quédanche 10 parellas alí? Cómo me alegro! Pensei que a cousa estaba pior.
EliminarPD: "Máquina" sodes ti, Suso Dominguez, Pedro Galán, Guitián e compañía (ou Martiño e Damián, nas novas xeracións). Eu son unha maquiniña de afeitar ao voso lado.
Xabi, no te minusvalores, no es la primera vez que te lo digo. Hay diferentes aproximaciones a la dedicación a la Naturaleza, y si uno persevera lo bastante en ello, nadie sobra ni está por encima de otro, cuestión que, en buena parte, se debe a que unos llevamos más años que otros en el tajo... Pero por ahí vamos a pasar todos, los dioses lo quieran. Un abrazo y hasta otra.
ResponderEliminar