Seguidores e seguidoras

martes, 23 de xullo de 2024

22/07/2024 Sequimos a probar Merlin Bird ID e fotos "macro"

  Onte saía cedo para seguir de probas con Merlin Bird nos campos de Lamas.

Contorna da área recreativa de Lamas (San Sadurniño)

 Aao chegar a Lamas había unha temperatura ben fresca: 9,5ºC. Os prados estaban empapados co rocío e con algún neboeiro.


    Nesta segunda proba coa nova aplicación detectei xa pequenos erros ou, mellor dito, un funcionamento máis normal. Penso que a distancia en que se emite o son inflúe moito na precisión da identificación, porque escoitaba corvos pequenos ou pombos cantando lonxe a un volume claramente perceptible e Merlin non o recollía. Outros, que eu non oía, mas ficaban perto, si eran rexistrados pola aplicación. Non teño nin idea de como funciona o trebello pero a cercanía ou lonxanía da ave semella influir moito, independentemente do volume con que se escoite.

   Algúns colegas comentaban no facebook que eles tiveran erros de identificación. A min onte tamén, ao confundir por un momento un reclamo de ferreiriño azul co de ferreiriño real (nuns segundos identificou ben). Isto paréceme normal con voces que resultan moi semellantes. Desde logo Merlin Bird é só unha axuda na observación; somos nós quen ten que comprobar que esas identificacións poden ser correctas e non produto dun fallo. 

  E agora imos cunhas fotos de insectos, por cambiar de aires:
  
Silveira cintada (Pyronia bathseba)
OM-1 + Panasonic 100-300 mm + tubos MEKE 26 mm   ISO:400   V:1/800   F:5,6

Silveira cintada (Pyronia bathseba)
OM-1 + Panasonic 100-300 mm + tubos MEKE 26 mm   ISO:400   V:1/640   F:5,6

Apincharada común (Pararge aegeria)
OM-1 + Panasonic 100-300 mm + tubos MEKE 26 mm   ISO:400   V:1/500   F:5,6

Apincharada común (Pararge aegeria)
OM-1 + Panasonic 100-300 mm + tubos MEKE 26 mm   ISO:400   V:1/500   F:5,6

Gaiteiro azul (Calopteryx virgo)
OM-1 + Panasonic 100-300 (a 220 mm) + tubos MEKE 26 mm   ISO:800   V:1/250   F:8

 Na xornada de onte en San Sadurniño levaba o tele curto (Panasonic) cos tubos de extensión (10+16 mm). Esta mañá achegábame ata un prado húmido de Valdoviño co tele longo (Zuiko). Primeiro comezaba cos aneis e mais o teleconvertidor 1,4x acoplado:

Todos os cachivaches montados

    O problema segue a estar no trípode e rótula, pensados lóxicamente para uso con telescopio terrestre. Espero poder comprar algún tripé específico para fotografía (non teño nin idea de cual). Porque co meu é moi complexo axustar o enfoque. E a pulso nestes momentos non son capaz.

Bazooka listo para atacar no frente oriental

  Para fotografía de insectos medianos ou grandes chega co 100-300 mais os tubos (ou co 100-400 mm "a pelo"). Falando sempre de fotografía naturalista, para identificación, non de fotografía artística, que é outra cousa. Con esas ópticas mencionadas xa consegues que o bicho saia grande, enchendo ben o encuadre (as imaxes están un chisco recurtadas). Sen embargo con insectos pequenos fai falla o Zuiko, ben cos tubos, ben co duplicador ou ben con ambos.

OM-1 + Zuiko 100-400 mm + MC1,4x + tubos MEKE 26 mm   ISO:400   V:1/250   F:9

 A mosca anterior era das pequenas pero os sírfidos eran moito mais cativos aínda, de apenas 5 ou 6 mm de longo. O tempo tampouco axudou (unha lixeira brisa de vento semella un furacán movendo estas herbiñas e o que haxa pousado nelas). O forte sol no axudaba tampouco, criando moitos brillos e sombras que non podía compensar sen o equipamento axeitado.

Mellanostoma mellinum. Fam Syrphidae   Autodisparo sobre trípode
OM-1 + Zuiko 100-400 mm + MC1,4x + tubos MEKE 26 mm   ISO:400   V:1/160   F:9

     Estou pendente da confirmación destas especies (Emilio, ti que lle dás a todo, maniféstate).

Eristalinus sepulchralis. Fam Syrphidae   Autodisparo sobre trípode
OM-1 + Zuiko 100-400 mm + MC1,4x + tubos MEKE 26 mm   ISO:400   V:1/160   F:9

 Cando son insectos grandes, co teleconvertidor xa saen do encuadre. Poden sacarse "fotos de carné" mas se procuramos imaxes co insecto completo mellor sen el.

Xofrada común (Colias crocea). Fam Pieridae   Autodisparo sobre trípode
OM-1 + Zuiko 100-400 mm + MC1,4x + tubos MEKE 26 mm   ISO:400   V:1/640   F:9

Xofrada común (Colias crocea). Fam Pieridae   Autodisparo sobre trípode
OM-1 + Zuiko 100-400 mm + tubos MEKE 26 mm   ISO:400   V:1/640   F:10

  Insisto sempre que éste non é un blogue de fotografía senón naturalista. Para min a fotografía é unha ferramenta que axuda na identificación das especies. E se as fotos quedan bonitas pois moito mellor, obviamente. Se quixese adicarme á fotografía macro compraría un obxectivo específico, difusores, flashes, etc. 

 Técnicamente estas fotografías son o que se chama "fotografía de aproximación", aquela na que a relación entre o obxecto na realidade e a súa imaxe no sensor é inferior a 1:1, como xa expliquei. Sen embargo se unimos o Zuiko 100-400 mm co teleconvertidor e os aneis de extensión alcánzase prácticamente esa relación. 

 Se queredes ver fotos chulas (con mellor luz e tempo que hoxe) abride estas entradas do ano pasado:



 E espero que esteades ollando este post na pantalla do computador, non no teléfone móbil.

2 comentarios:

  1. Saudos
    correcta a identificación de Eristalinus sepulchralis, so a confirmei, non é que controle de dípteros., doulle mais ós odonatos, chinches, arañas ou agora algún gorgojo. Teño un pouco abandonado o tema dos insectos ultimamente... .
    apertas

    ResponderEliminar
    Respostas
    1. Grazas, Emilio. A identificación do outro sírfido queda "en cuarentena". Os revisores de observado aínda non ma confirmaron e igual non se pode só con esa imaxe.
      Un abrazo, crack. Pareces talmente o Libro Gordo de Petete (lembras?)

      Eliminar

Para comentar es necesario identificarse con nombre y apellidos