Acabo de ler as últimas aventuras de Miguel Rodríguez por Salamanca (El Zorzal Charro) e mentras redacto este post, sinto que volvo ao "mundo real", ao mundo máis alterado, máis destrozado ecolóxica e paisaxísticamente, e máis pobre en biodiversidade que se poda imaxinar. Porque o litoral Norte galego é exactamente iso. A traxedia ocorrida na segunda metade do século pasado (cambios nos usos do solo, urbanismo descontrolado e eucaliptización completa do país) sementaron un futuro negro que agora se manifesta de maneira atroz.
No relativo á ornitoloxía, a nosa situación xeográfica permite que durante uns días desfrutemos temporalmente dunha certa riqueza de especies, aínda que depende moito das circunstancias meteorolóxicas que se dean no Continente. E polo de agora, semella que o paso este ano vai tarde mal e arrastro.
Levo semanas facendo seguemento aos prados de Taraza e á praia dos Botes, e nótase un baleiro brutal con respeito a só tres ou catros anos atrás. NON HAI BICHOS, nin de plumas, nin de escamas, nin con alas nin sen elas.
Esta mañá un único Virapedras (Arenaria interpres) permitíame un rato de entretemento coa cámara, mentras espero que cheguen días mellores.
O tempo tan malo deste verao non axudou precisamente a borrar esa imaxe de tristura ambiental. O noventa por cento das saídas pola comarca de Ferrol tiveron un ceo cuberto como trasfondo, cando non chuviscas ou fortes ventos. Algo que ademáis dificulta a observación.
Como digo sempre, este blogue é froito de moitas horas de traballo diante do PC, resumindo o mellor das xornadas de campo; máis non reflicte as moitas horas de prospección sen ver absolutamente nada. Os que son do Sur de Galiza ou mesmo de fóra non imaxinan probablemente a experiencia que supón camiñar durante media hora sen ver máis que un Chasco común e dúas Avespas asiáticas. Desde logo eu recorrín muitas rexións do NW ibérico e o baleiro de vida que ten ás veces o noso campo non o vivín en ningures.
Nestas circunstancias a observación de dúas Chascas norteñas (Saxicola rubetra) en Taraza convértese en noticia.
En fin, sei que hoxe estou pesimista, pero é que bichear por Ferrol actualmente é moi triste. Non sei se meterme a mirar anelas como Antonio, porque diso si que temos. Debe ser o único que nos queda.
Despídome cunha preciosa Gaivota escura (Larus fuscus) que conservaba unha plumaxe bastante máis enteira que as nosas patimarelas, que andan estes días en plena muda.
A ver se mañá a migración me dá un regaliño de cumpreanos caramba...

Virapedras (Arenaria interpres)

Chasca norteña (Saxicola rubetra)
En fin, sei que hoxe estou pesimista, pero é que bichear por Ferrol actualmente é moi triste. Non sei se meterme a mirar anelas como Antonio, porque diso si que temos. Debe ser o único que nos queda.
Despídome cunha preciosa Gaivota escura (Larus fuscus) que conservaba unha plumaxe bastante máis enteira que as nosas patimarelas, que andan estes días en plena muda.
Gaivota escura (Larus fuscus)